Volven os obradoiros infantís ao Mercado Municipal de Lugo

LugoXa
Ofertan obradoiros de reciclaxe, de creatividade ou de redacción, entre outras propostas
Mercado-de-Abastos-Lugo
27 sep 2024

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza de Lugo, Cristina López, presentou un novo ciclo de actividades dirixidas a nenas e nenos que se levarán a cabo no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros. Estas iniciativas forman parte dun esforzo continuado do Concello para promover o uso das instalacións da Praza de Abastos entre a veciñanza. Ofertan deste xeito obradoiros de reciclaxe, de creatividade ou de redacción ata o mes de xullo.

Segundo explicou a concelleira, o obxectivo destas actividades é que as crianzas poidan aprender e divertirse mentres as súas familias realizan as compras no mercado. As sesións, que inclúen obradoiros de reciclaxe, creatividade e cociña, están adaptadas ás distintas idades e terán lugar os sábados pola mañá, entre as 11 e as 14 horas. O programa comezará o 28 de setembro e estenderase ata o 26 de xullo de 2024.

A experiencia previa foi un éxito rotundo, con máis de 600 participantes ao longo do ano. Cristina López subliñou a importancia de promover tanto a Praza como o Mercado Municipal, resaltando a calidade dos produtos e a atención personalizada dos comerciantes, animando á veciñanza a apoiar estes espazos de comercio local.

actividades mercado praza de abastos lugo
0.20147800445557