Xa á venda as entradas para a ópera folk ‘María Soliña’ en Lugo

LugoXa
Ya disponibles las entradas de María Soliña en Lugo. La actuación tendrá lugar el 4 de diciembre en el Gustavo Freire.
opera maria solina
25 Nov 2021

Xa é posible adquirir as entradas para a ópera María Soliña que se vai representar no Auditorio Gustavo Freire o sábado 4 de decembro. O espectáculo é do compositor Nacho Mañá e mestura a música clásica coa música folk dun xeito pioneiro que ten como resultado a primeira ópera folk galega. A estrea deste espectáculo na cidade lucense é posible grazas á colaboración do Concello de Lugo e mais da Xunta de Galicia no marco da programación do Xacobeo 21-22.

As entradas están á venda na web Enterticket a un prezo de 15 euros máis gastos de xestión. Na billeteira terán un custo de 18 euros.

A obra narra a historia de María Soliña, unha canguesa de 70 anos que no século XVII foi acusada de bruxería polo Tribunal da Inquisición de Santiago e foi despoxada de todos os seus bens por parte dos poderes eclesiásticos. Nacho Mañá baseouse na peza teatral “A defensa da vila” de Xosé Manuel Pazos, exalcalde de Cangas e tamén dramaturgo, pero reinterpretouna desde unha perspectiva máis moderna, facendo fincapé nos valores de loita e poder feminino que Soliña encarnou ao longo da súa vida.

A soprano Patricia Rodríguez será a responsable de dar vida a María Soliña mentres que o tenor Diego Neira interpretará o papel do seu home, Pedro Barba. O contratenor Christian Gil-Borrelli será Sabela, a personaxe antagonista da historia, e o resto do elenco completarase co baixo Beltrán Iraburu no rol do inquisidor, co actor Lois Soaxe como o narrador cego e coas Arreneghadas no coro.

A designación de ‘opera folc’ para este espectáculo non é unha cuestión gratuíta. A mestura da música clásica e mais o folk galego queda patente no uso de instrumentos a cargo da Orquestra Sinfónica Vigo 430 e nas contribucións do gaiteiro Anxo Lorenzo e do mestre de zanfona Anxo Pintos. A dirección musical de María Soliña é reponsabilidade de Roc Fargas e a dirección escénica leva o selo de Sigfrid Monleón.

redes opera folc maria solina rgb w1920px

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19581604003906