Novas de Rábade
O PSOE de Rábade vota en contra dos orzamentos porque "non responden ás necesidades reais da veciñanza”
As e os socialistas alertan de que preto do 90% do gasto destínase a persoal e funcionamento e que só o 12% corresponde a investimentos reais
Rábade será sede da terceira xornada da I Serpe Golden League de judo
Máis de 400 deportistas daranse cita o domingo 22 de marzo no Pavillón Municipal
Abertas as inscricións para participar nun Máster de Fútbolín de Rábade que trae novidades
Este ano, por primeira vez haberá unha nova modalidade, a mixta, que se xogará o primeiro día do torneo
Rábade celebra o sábado a III Foliada de Primavera, Axeigada
O evento, organizado pola agrupación folclórica Axeigo, incluirá obradoiros, sesión vermú, cantos de taberna e concertos, ademais da tradicional foliada aberta
Rábade celebrará o 8M con actividades ata o 16 marzo
O programa dará comezo o xoves 5 de marzo coa presentación ás 11:00 horas no Centro Sociocultural do xogo ‘Feminismos no tempo’
Pepe Coira: “Para ser parte do mundo, deberiamos ser protagonistas de historias”
Falamos con Pepe Coira, de Rábade, unha das figuras máis representativas do cine e da televisión da provincia de Lugo e de Galicia, cunha gran traxectoria como profesional do guión
Adega alerta do perigo ambiental do parque eólico do Cordal de Ousá para o mazarico real
O proxecto contempla a instalación de 5 aeroxeradores e unha liña de alta tensión de 30 km ao longo dos concellos de Friol, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Castro de Rei
O Concello de Rábade organiza dúas saídas ao teatro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo
A primeira das citas será o vindeiro 5 de febreiro, cando se representará a obra 'Memorias dun neno labrego'
O Festival Entrepontes pecha o seu cartel para a edición do 30 de maio de 2026
Entre os nomes confirmados atópanse Rábade, Parquesvr, Monolious Dop, Ulex, Pladür e Amor Líquido
O atletismo galego desafía a chuvia e o frío en Rábade
Jarno Pousada impúxose na proba absoluta feminina e Estela Díaz fíxoo na feminina nesta XIII edición do Memorial Eduardo Fernández Villamarín de Rábade
A Casa das Insuas acolle este sábado un taller de poda de vimbios
A iniciativa está dirixida tanto a quen teña interese en crear o seu propio salicetum, xa que poderá levar algunhas das variedades dispoñibles
Rábade convoca o XXIII Memorial de Atletismo Eduardo Fernández Villamarín
Será o domingo 24 de xaneiro e a inscrición está aberta ata o día xoves 22
Veciños de Rábade viaxarán gratis a Santiago para ver unha obra de teatro
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ao teatro, que terá un custo de 5 euros
Rábade acolle o I Torneo Escolar de Datchball para alumnado de 5º e 6º de Primaria
A competición nace coa intención de fomentar a práctica deportiva en idade escolar, promover hábitos de vida saudables e favorecer a convivencia entre o alumnado a través do deporte
Rábade entrega os premios aos gañadores do concurso de postais
A sesión contou tamén co espectáculo de maxia de David Méndez
A Casa das Insuas acolle unha xuntanza da Rede de Custodia Agraria
A xuntanza pecharase cunha degustación de produtos da Reserva da Biosfera Terras do Miño
A Casa das Insuas de Rábade celebrará a InsuaEscola de Nadal para nenas e nenos de 6 a 12 anos
A iniciativa busca ofrecer unha alternativa educativa e de lecer durante as vacacións de Nadal
A CHMS termina traballos de conservación en 61 quilómetros de ríos da comarca de Terra Chá
Incluíron unha actuación especial que se executou no espazo natural que conforma a Lagoa de Fonmiñá
Pecha o venres a inscrición para a tradicional Don Silvestre de Rábade
A carreira será o mércores 31 de decembro e dará saída ás 11:15 para os menores e para os adultos será ás 12:00
Rábade escolle aos gañadores do concurso de postais
O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro 30 de decembro, ás 17.00 horas, no Centro Sociocultural
Ferraz confirma a composición da xestora do PSOE dirixida por Luis Ángel Lago Lage
A formación socialista traslada tamén unha mensaxe de responsabilidade e compromiso coa militancia e coa cidadanía lucense
A Asociación Motorista Lucense celebra seis anos de vida do motoclub
Rendeuse unha homenaxe especial a Luis Ramos Misioné, que foi nomeado novo socio de honra do colectivo



