Novas de Rábade
Rábade celebrará o 11 de xullo unha nova edición do Certame de Pintura Rápida
O concurso repartirá máis de 3.500 euros en premios. O primeiro galardón, patrocinado polo Concello de Rábade, estará dotado con 1.200
A campaña Merca no teu Comercio chega a Rábade, Outeiro de Rei e Begonte
Entre os participantes sortearanse 1.000 euros, distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros
As piscinas de Rábade abren o mércores
Como en anos anteriores o seu horario será de 12 a 20 horas de xeito ininterrompido
Pecha no CEIP Otero Pedrayo de Rábade o programa Vexo Veo Xacobeo
Nesta quinta edición participaron 20 centros educativos e case 1.000 alumnos de Educación Infantil e Primaria de toda Galicia
O PSOE acusa á alcaldesa de Rábade de pedir melloras en instalacións "que non permitiu votar no pleno"
Alejandro Martínez critica que “teña a cara” de pedir actuacións no campo de fútbol e no pavillón municipal logo de negarse a debater a proposta socialista na que se solicitaban
O grupo de teatro de Rábade estrea a obra 'Aínda será máis' no Centro Sociocultural
A representación terá lugar este venres, 12 de xuño, ás 20:30 horas, nunha cita aberta ao público
Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organizan un taller online sobre trastornos da conduta alimentaria
Desenvolverase entre as 18.00 e as 19.30 horas a través da plataforma Zoom e será impartido por Antonella Ferrari, técnica da Área de Sensibilización da Unión de Asociacións Familiares (UNAF)
A alcaldesa de Rábade recibe ao atleta rabadense Javo Orejas tras o seu éxito internacional
O seu próximo reto será correr a Maratón de Shanghái en 2027
Rábade consolida a Festa do Centenario cunha multitudinaria segunda edición
A vila revive o ambiente de 1925 nunha xornada marcada pola participación veciñal e unha ampla programación cultural e festiva
Rábade celebrará a segunda edición da Festa do Centenario este domingo
Ás 13:00 horas terá lugar unha procesión cívica polas rúas da localidade con acompañamento musical, que partirá do Concello antigo
Pecha o prazo en Rábade para inscribirse nas actividades de conciliación para o verán
Están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 16 anos e o prazo de inscrición desenvolverase do 4 ao 29 de maio
O PSOE de Rábade denuncia que a alcadesa converteu a súa moción nun rogo para non ter que debatila no pleno
Alejandro Martínez cualifica esta manobra como “un grave ataque á democracia municipal e aos dereitos de representación da veciñanza de Rábade”
Recollen doazóns de sangue en Rábade este martes
O vehículo prestará servizo pola tarde no Campo da Feira
O PSdeG de Rábade pide á Deputación o arranxo da rúa Bautista Núñez Varela e as instalacións deportivas
O voceiro socialista mantivo unha reunión coa presidenta da Deputación para abordar dúas demandas prioritarias da veciñanza
Raquel Arias, elixida nova vicepresidenta do Parlamento de Galicia e toma de posesión de Luis Novo Teijeiro
A parlamentaria lucense conta cunha ampla traxectoria política e institucional e acumula dez anos de experiencia no hemiciclo galego
A Casa das Insuas acollerá unha xornada de traballo sobre a protección do gando fronte ao lobo
O encontro servirá tamén para compartir os resultados da Rede de gandarías extensivas pola convivencia co lobo
Preto de 150 persoas participan na Xuntanza de Xubilados e Pensionistas
Durante o encontro, o Goberno local fixo entrega dun obsequio ás persoas asistentes e organizou tamén un sorteo de agasallos entre os participantes
Rábade acolle esta tarde a proxección do documental 'A terra por gañar' cun coloquio posterior
O evento está organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, Casa das Insuas e Adega
As Insuas do Miño acollen un BioBlitz o sábado para descubrir a súa biodiversidade
Realizarán distintos percorridos para observar e rexistrar especies de flora, fauna e micobiota presentes na zona
O Festival Entrepontes ultima o seu cartel para a edición do 30 de maio con Mirando Flores
Entre os nomes confirmados atópanse Rábade, Parquesvr, Monolious Dop, Ulex, Pladür e Amor Líquido
Rábade acollerá unha xornada da Liga Galega de Clubs de halterofilia e o Campionato Galego Absoluto
A competición desenvolverase no pavillón municipal e reunirá a deportistas e clubs chegados de diferentes puntos de Galicia





