Novas de Rábade
Concellos da Terra Chá organizan un obradoiro sobre os riscos nos entornos dixitais
O encontro celebrarase o vindeiro mércores 28, en horario de 17.00 a 18.30 horas
Os ascensores da nova pasarela de Adif en Rábade xa están en funcionamento
O Concello pide á cidadanía que extreme a precaución ao transitar pola zona, xa que aínda permanecen vallas de obra e parte do cerramento está sen rematar
Rábade acollerá un curso de introdución á lingua e á cultura galegas para persoas nacidas fóra de Galicia
O curso terá unha duración total de 20 horas e desenvolverase en horario de 9.30 a 13.30 horas
O voceiro do PSOE de Rábade acusa á alcaldesa de incumprir o calendario de plenos e dificultar a asistencia da oposición
Alejandro Martínez denuncia que a sesión prevista para o 10 de setembro se celebrará vinte días despois e sen que a rexedora cumprise o compromiso de avisar dos cambios de data
O PSdeG de Rábade acusa ao Goberno local de non tramitar a tempo os contratos dos ascensores da nova pasarela
A alcaldesa rabadense denuncia a falta de información de Adif e o estado da infraestrutura
Rábade organiza un “Recheo de Outono” con sorteo de agasallos e cafeciño para o público adulto
O prazo para anotarse permanecerá aberto ata este venres 18
Rábade convoca un ano máis as axudas municipais para escolares
Establece como data final de presentación o 9 de outubro
AFALU prepara un programa de actividades polo Día Mundial do Alzhéimer
A asociación organizará durante setembro e outubro obradoiros, encontros, accións de sensibilización e actividades para familias e coidadores
O PSOE de Rábade acusa ao PP de manter a parálise durante os tres anos de goberno
As e os socialistas censuran a “inoperancia e nula capacidade de xestión” dun Goberno municipal que, pese á súa maioría absoluta, non impulsou ningún proxecto de calado para o municipio
Villares supervisa o avance das melloras dos espazos públicos en Rábade
O delegado visitou os traballos de renovación da sinalización viaria no casco urbano que se executan ao abeiro da nova liña de axudas da Consellería do Medio Rural
Rábade converterase en punto de encontro de máis de 200 moteiros na II Concentración do Motoclube Rábade Biker’s
A cita celebrarase os días 22 e 23 de agosto cun programa que inclúe rutas, concertos, acampada, comida popular e actividades para todos os públicos
Javo emociona a Rábade cun pregón cheo de lembranzas, deporte e amor pola súa vila
O atleta rabadense reivindicou as súas raíces nunha intervención na que lembrou a súa infancia, a súa familia e ás persoas que contribuíron a construír a historia do municipio
O eclipse solar marcará o inicio das fiestas de Rábade
O programa inclúe concertos con Monterojo, La Noria, Royal ou Nueva Fuerza, o XXX Rabafolc, a tradicional Esbatuxada do Río Miño e actividades especiais arredor da eclipse solar
Rábade reparte lentes homologadas para que a veciñanza poida vivir con seguridade a eclipse solar do 12 de agosto
O Concello entrega ata dúas unidades por familia, ata esgotar existencias, para facilitar a observación dun dos fenómenos astronómicos máis agardados das últimas décadas
A CHMS activa a prealerta por seca en boa parte da demarcación do Miño-Sil e chama ao aforro de auga
Os caudais circulan un 45 % por baixo do habitual e a situación afecta ás zonas do Miño Alto, Cabe, Sil Inferior, Baixo Miño e Limia
Rábade quenta motores para a II Concentración Biker’s, que reunirá centos de afeccionados ás motos
A cita celebrarase os días 22 e 23 de agosto con rutas por Cospeito e Friol, exhibicións, concertos e actividades abertas ao público
Eventos
O PSdeG de Rábade pon en valor o avance da segunda fase das obras na rúa Álvaro Cunqueiro
A Deputación de Lugo financia con 18.783 euros esta nova actuación, que eleva a 32.000 euros o investimento total na vía
A Casa das Insuas organiza unha xornada para descubrir as libélulas da Terra Chá na Reserva da Biosfera Terras do Miño
A actividade celebrarase o sábado 1 de agosto cun percorrido guiado polos ríos e lagoas da contorna e contará con prazas limitadas
As Escolas Mancomunadas de Música abren o prazo de matrícula para o curso 2026/2027
Entre as novidades destaca tamén a posta en marcha dun coro xuvenil, unha proposta destinada á mocidade
A Casa das Insuas prepara unha nova edición da Insuascola de verán
Terá lugar do 27 ao 31 de xullo en horario de 10 a 14 horas na Casa das Insuas de Rábade como actividade gratuíta
Rábade celebra o X Maratón de Fútsal esta fin de semana
Este ano, permítense equipos mixtos, que competirán na categoría masculina. E, como en anos anteriores, haberá torneo de tute
Rábade volve rexistrar un novo terremoto e suma dous sismos en apenas unhas horas
O Instituto Xeográfico Nacional detectou un movemento de magnitude 2,3 durante a tarde, despois doutro rexistrado de madrugada










