Novas de A Fonsagrada
Construirase unha glorieta na intersección das estradas da zona urbana da Fonsagrada
Este proxecto mellorará a circulación na zona e reforzará a seguridade viaria, contribuíndo ao desenvolvemento e á modernización da infraestrutura viaria
A Fonsagrada acollerá un taller de poda o domingo 30 de marzo
A actividade, promovida en colaboración coa Deputación de Lugo, está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos básicos sobre técnicas de poda
O BNG solicita que se declaren de utilidade pública os tratamentos contras as bandas nos piñeirais
Tanto a vermella como a marrón, son enfermidades fúnxicas que causan a defoliación das coníferas e o seu debilitamento, polo que é aconsellable aplicar tratamentos para reducir o seu impacto
A Fonsagrada entrega o Butelo de Ouro a Álvaro Touza e Antonio López
Numerosas personalidades acudiron a esta Feira, na que se reuniron 70 postos de venda
Presentada a XXVII edición da Feira do Butelo da Fonsagrada
A Deputación de Lugo destina máis de 30.000 euros para a celebración desta feira, que cada ano reúne a miles de persoas e prevé alcanzar este ano unha venda de 20.000 quilos de butelo
A Deputación de Lugo destinará máis de 5 millóns de euros ás estradas da Montaña e da Mariña
Ademais, a Deputación aprobou a licitación do contrato para a conservación da rede viaria en 53 concellos, cun investimento de 4.694.886,65 euros
Roberto García e Carolina Niño vencen no Trail do Burón da Fonsagrada
Este evento deportivo, coñecido tamén como o Trail de Inverno, supera o número de participantes respecto ás dúas edicións pasadas
Xa se pode participar na votación das fachadas e escaparates mellor decoradas da Fonsagrada
As 3 primeiras fotografías con máis votos en redes sociais terán un premio de ata 200 euros polas fachadas e 300 euros polos escaparates
A provincia de Lugo protagonizará a 15ª etapa de ‘La Vuelta 2025’
‘La Vuelta 2025’ percorrerá pola provincia un total de 167 quilómetros pasando pola Montaña lucense, a comarca de Sarria e Monforte de Lemos, onde rematará o percorrido
A Fonsagrada acolle a proxección do filme 'O Corno' no marco do ciclo dos Mestre Mateo
Ademais, proxectarase o documental 'Emoción, Vida e Teatro. A nave das Marías'
Lamentan "actos de vandalismo, lixo e roubos" durante a Foliada da Fonsagrada
Desde a Asociación Cultural Os Petapouco e a Destempo din que "sen coidado, civismo e respecto non será posible continuar construíndo e celebrando este espazo de tradición"
O PP da Fonsagrada acusa ao alcalde, Carlos López, de "levar o Concello á quebra"
Bernardo Niño di que a situación vén derivada da falta de seguimento da lexislación, poñendo como exemplo a falta de previsión para presentar e aprobar en tempo e forma as liquidacións orzamentarias
O BNG presentou unha enmenda que pretende "dar unha resposta á falta de superficie para a produción"
A deputada nacionalista explicou que con esta emenda “preténdese chamar a atención sobre a falta de terra agraria cara a garantir a dispoñibilidade de terreos para o sector gandeiro ou o cultivo"
Fillas de Cassandra actuará este ano na IX Foliada da Fonsagrada
A iniciativa, organizada pola Asociación Cultural Petapouco e a Destempo, terá lugar do 5 ao 7 de decembro, tres días nos que haberá música, baile e obradoiros
O Clúster da lousa premia a nove concellos como pioneiros
Estes foron para Ortigueira, A Fonsagrada, Mondoñedo, A Pastoriza, Lourenzá, Samos, Pol, Quiroga, Folgoso do Courel, Vilamartín e Carballeda de Valdeorras
O Concello da Fonsagrada retoma a súa tradicional Festa dos Avós despois de 5 anos
A Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros porá a música tradicional a partir das 13.00 horas do vindeiro 24 de novembro
A Deputación de Lugo investirá máis de 1,1 millóns de euros para mellorar as estradas provinciais
Ademais, a Xunta de Goberno aprobou tamén diferentes colaboracións con concellos e co tecido asociativo da provincia
A Tradescola impartirá un novo obradoiro de música tradicional o venres
Con esta xornada sobre o birimbao, que terá horario de 16.00 a 20.00 horas a Tradescola pretende achegarse a este instrumento
A Deputación achegará máis de 114.000 euros para colaborar co Concello da Fonsagrada
Ademais, aprobouse unha colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias da provincia (AELU) por un importe de 35.000 euros para financiar o programa formativo Ninfas
Continúa a segunda sesión do ciclo Mestre Mateo na Fonsagrada
A asociación Abordelar en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a área de Cultura da vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza a cita



