A Deputación de Lugo pechará temporalmente o acceso ao aparcadoiro superior do Fogar de Santa María por obras

A Deputación de Lugo informou do peche temporal do acceso ao aparcadoiro superior do Fogar de Santa María debido aos traballos de reparación do firme previstos nesta zona.
A restrición entrará en vigor este xoves 25 de xuño ás 08.00 horas e manterase ata o luns 29 de xuño ás 08.00 horas. Durante este período non será posible utilizar este acceso mentres se desenvolven as actuacións programadas.
A institución provincial explicou que a medida responde á necesidade de executar labores de mellora no pavimento deste punto, co obxectivo de garantir unhas mellores condicións de uso e seguridade unha vez rematadas as obras.