A plataforma 'Transfuguismo non, democracia si' convoca unha nova concentración este xoves en Lugo

LugoXa
A protesta celebrarase ás 16.30 horas fronte á Casa Consistorial, antes do pleno ordinario correspondente ao mes de abril
Concentración-moción-de-censura-transfuguismo-Non-democracia-si-Lugo
28 Apr 2026

A plataforma cidadá 'Transfuguismo non, democracia si' convocou unha nova concentración fronte á Casa Consistorial do Concello de Lugo para este xoves, 30 de abril, ás 16.30 horas, media hora antes da celebración do pleno municipal ordinario correspondente ao mes de abril.

Inicialmente previsto para a mañá, o pleno foi trasladado á tarde debido aos actos programados pola Garda Real na cidade. Na sesión abordaranse asuntos ordinarios, mentres que o debate da moción de censura presentada polo PP coa concelleira non adscrita María Reigosa queda fixado para o xoves 7 de maio.

Desde a plataforma sinalan que esta nova mobilización pretende volver expresar o seu rexeitamento a un pacto que, segundo indican, non consideran democrático.

Os convocantes confían en repetir a participación rexistrada na concentración do pasado venres, na que, segundo os datos facilitados pola propia plataforma, se reuniron arredor de 6.500 persoas.

0.12965512275696