Alma Selene ofrecerá o concerto de Nadal "Cantos de Navidad" na igrexa do convento de Santo Domingo de Lugo

A igrexa do convento de Santo Domingo de Lugo acollerá o próximo domingo 20 de decembro o concerto de Nadal "Cantos de Navidad", protagonizado pola soprano Alma Selene. A actuación, organizada pola Diocese de Lugo, comezará ás 19:00 horas e estará centrada nun repertorio musical propio destas datas.
Alma Selene é unha cantante soprano cunha ampla versatilidade vocal e variedade de rexistros, que lle permiten abordar diferentes estilos musicais, entre eles a música sacra, clásica e lírica.
Con motivo das festas do Nadal, a artista realiza un ciclo de concertos de panxoliñas que forma parte da programación habitual destas celebracións e que reúne composicións centradas na temática do Nadal.