Expositores, catas e experiencias gastronómicas, na cuarta edición da Feira L de Lugo

LugoXa
A institución provincial achega 15.000 euros para esta cita
Presentación-AdisLUgo-no-Pazo-de-San-Marcos
24 Oct 2024

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, presentou xunto ao presidente da Asociación de Distribuidores de Hostalería e Alimentación de Lugo (AdisLugo), Eloi García López, a cuarta edición da Feira L de Lugo. O Pazo de San Marcos acolleu a presentación deste evento que se consolida como escaparate gastronómico da provincia co apoio da Deputación de Lugo. A institución provincial achega 15.000 euros para esta cita que se celebrará o domingo e o luns, 27 e 28 de outubro, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e na que participarán unhas 200 marcas.

“Estamos ao carón dos distribuidores, xa que son unha actividade fundamental para dinamizar a economía, xerar emprego e poñer en valor un turismo de calidade e de experiencias polo que apostamos desde esta institución”, valorou Rivera Capón. Sinalou o Deputado que catro anos bastaron para que a Feira L de Lugo se convertera “nun dos eventos gastronómicos máis relevantes do noroeste peninsular” e felicitou a AdisLugo “por crear un evento único que exhibe a riqueza gastronómica da nosa provincia e o seu enorme potencial turístico”.

Ademais de expositores, a cita contará con experiencias gastronómicas con produtos autóctonos da man de recoñecidos cociñeiros, catas coas últimas tendencias en coctalería e poderase desfrutar da elaboración do pan galego da man de mestres panadeiros. L de Lugo celebrarase en horario de 12.00 a 21.00 horas e as entradas pódense adquirir a partir de 20 euros e os menores de 18 anos accederán de xeito gratuíto.

0.19117498397827