Melloran a contorna da igrexa de Guntín

LugoXa
Nas últimas semanas tamén melloraron o asfaltado nas pistas do núcleo de Vilamerelle
igrexa-guntin-de-pallares
24 sep 2024

O Concello de Guntín continúa a súa aposta por mellorar a vila. Deste xeito, dende o Goberno local renovou a contorna da igrexa da vila. Ademais, seguen a traballar nos distintos camiños de titularidade municipal. Nas últimas semanas melloraron o asfaltados nas pistas do núcleo de Vilamerelle.

Estas obras súmanse ás actuacións levadas a cabo nas pistas de Nogueiras, na Horta, en Arriba de Ferroi, nos accesos a Fontaos e no asfaltado e na canalización no núcleo de Constante, nestes días traballaron na mellora do acceso ao núcleo de Fontao, na parroquia de Zolle.

0.092556953430176