O CENTRAD acolle un curso sobre repertorio medieval para zanfona

LugoXa
A formación, gratuíta e con inscrición previa, celebrarase o domingo 20 de setembro dentro do ciclo "Zanfona en feminino"
Centrad-Lugo-fachada
18 Sep 2026

O Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) acollerá o domingo 20 de setembro un curso dedicado ao repertorio medieval interpretable con zanfona, cunha especial atención ás fontes musicais da Península Ibérica a partir do século XIII.

A formación desenvolverase en dúas sesións, de 10.30 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas, e permitirá aos participantes afondar nas posibilidades deste instrumento dentro da música medieval.

Ao longo do curso traballaranse cantigas de Alfonso X e Martín Codax, así como diferentes exemplos de repertorio polifónico. A actividade abordará tamén cuestións técnicas e interpretativas relacionadas coa afinación, os bordóns, os modos e as posibilidades rítmicas que ofrece a zanfona no contexto musical medieval.

A proposta forma parte do ciclo "Zanfona en feminino", unha programación centrada na difusión e posta en valor deste instrumento e do seu repertorio.

A participación no curso será gratuíta, aínda que será necesario realizar unha inscrición previa. As persoas interesadas deberán enviar a súa solicitude ao enderezo info.centrad@deputacionlugo.org.

0.15134382247925