O Concello prepara o corte de auga na avenida da Coruña co peche de varias chaves da rede

LugoXa
Os traballos realizaranse este martes entre as 10:00 e as 12:00 horas, mentres que a interrupción do subministro comezará o mércores ás 8:00 e poderá durar ata 12 horas
fuga auga Obras-Avda-Coruña-Lugo
23 Nov 2026

O Concello de Lugo realiza este martes, 24 de novembro, unha actuación previa ao corte de auga previsto para o mércores na avenida da Coruña e a súa contorna. Entre as 10:00 e as 12:00 horas, os servizos municipais procederán ao peche de varias chaves da rede de abastecemento na zona.

Esta intervención permite preparar os traballos do mércores e limitar, na medida do posible, o número de rúas afectadas pola interrupción do subministro. A actuación chega despois de que o Concello aplicase este luns as medidas de tráfico previstas.

O corte de auga comezará o mércores ás 8:00 horas e poderá prolongarse durante un máximo estimado de 12 horas. Por este motivo, o Concello recomenda á veciñanza das zonas afectadas que tome as precaucións necesarias e agradece a súa comprensión e colaboración.

0.11565709114075