Palas de Rei impulsa melloras de eficiencia enerxética no centro de saúde e na casa do concello

LugoXa
As actuacións, enmarcadas no programa CAES, buscan reducir o consumo enerxético e mellorar o confort térmico en edificios municipais e comarcais
palas-de-rei-centro-saúde
26 Jun 2026

O Concello de Palas de Rei está a desenvolver, a través do programa CAES, un conxunto de obras destinadas a mellorar o illamento e a eficiencia enerxética tanto no centro de saúde como na Casa do Concello, cun investimento global que supera os 70.000 euros.

As primeiras actuacións realizáronse onte no centro de saúde e PAC comarcal, un edificio de máis de 1.000 metros cadrados que presta servizo as 24 horas aos tres municipios da comarca da Ulloa. Estas intervencións supoñen unha mellora significativa da eficiencia enerxética, permitindo reducir o consumo durante os meses de inverno e mellorar tamén a sensación térmica nos períodos de máis calor no verán.

Así, continúan os traballos na Casa do Concello, mentres que xa se prevé que no próximo ano se leven a cabo novas actuacións noutros equipamentos municipais como a Casa da Cultura, o centro residencial e o centro comarcal.

0.12474393844604