Retiran elementos con risco de caída nun edificio da rúa Catedral tras o desprendemento dunha cornixa

LugoXa
O Concello executa traballos de emerxencia na contorna da Praciña da Universidade para garantir a seguridade na vía pública
Retirada-elementos-perigrosos-centro-de-Lugo
23 Oct 2026

O Concello de Lugo está a intervir de urxencia nun edificio da rúa Catedral, nas proximidades da Praciña da Universidade, para eliminar elementos que poderían desprenderse sobre a vía pública.

Os traballos céntranse na retirada das lousas da vertente da cuberta orientada cara á rúa Catedral e doutros compoñentes do inmoble que poidan representar un perigo para os peóns.

A actuación púxose en marcha despois de que a semana pasada caese parte da cornixa do edificio. Tras o incidente, estableceuse un perímetro de seguridade e cortouse o tráfico na rúa como medida preventiva. Para facilitar os desprazamentos, habilitouse un itinerario alternativo para a veciñanza pola rúa Bo Xesús.

Con esta intervención, o Concello busca minimizar os perigos asociados ao estado do inmoble e evitar novos desprendementos que poidan comprometer a seguridade das persoas que transitan pola zona.

0.17115902900696