Palas de Rei
O alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada, continúa apostando polo proxecto de Altri
Sostivo que, se cumpre cos estándares medioambientais de Europa, España e Galicia, “non entendo cal é o motivo de dicirlle que non”
ADEGA publica o 'Informe Altri: celulosa do século XX para o XXI'
A intención desta publicación é favorecer unha opinión crítica da veciñanza directamente afectada e do conxunto da poboación galega en torno ao proxecto de implantación desta factoría
Inaugurada a árbore de Nadal de Palas de Rei tecida pola Asociación de Amas de Casa San Tirso
A árbore, que foi tecida a man coa técnica do croché, mide case catro metros de alto e na súa base está dotada de case seis metros de perímetro
Patricia Otero acusa ao PP de mentir sobre as concesións estatais de buses
Asegura que a renovación acurtará as viaxes e rebaixará os prezos
A Guía Turística do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa foi presentada en Palas de Rei
O evento estivo dirixido ao sector turístico e á poboación en xeral, co obxectivo de dar a coñecer os principais recursos e atractivos turísticos da zona
O CIM de Palas de Rei programa diversas actividades para conmemorar o 25N
O título da campaña é: 'Palas de Rei dille non a violencia de xénero: Non máis violencia contra as mulleres', e as actividades serán entre o 22 e o 27 de novembro
Algúns representantes de concellos da zona sur de Lugo analizaron o tratamento de residuos
Os alcaldes e alcaldesa buscan as solucións económicas máis vantaxosas para os veciños, garantindo a viabilidade do servizo e a efectiva prestación do mesmo
O BNG anima á veciñanza de Palas de Rei a participar nunha charla sobre Altri
O portavoz da comisión de agricultura do BNG no Parlamento Galego, Secundino Fernández, intervirá nesta charla xunto con Rubén Lois, veciño de Palas de Rei e catedrático en Análise Xeográfica
Palas de Rei é o pobo máis fermoso de Galicia segundo a app España Turismo
Palas de Rei acadou o primeiro posto nas votacións, con 7.015 votos, seguido de Froxán (en Folgoso do Caurel) con 5.167 votos
Desde a Plataforma Ulloa Viva animan a participar na manifestación convocada para o 15 de decembro
Din desde a Plataforma que “seguiremos loitando para que ao goberno do señor Rueda non lle quede máis remedio que dar a cara e escoitar aos cidadáns"
Palas de Rei acolle a exposición 'A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía'
A mostra, que poderá verse na Praza do Concello ata o 11 de novembro, está producida pola Fundación Rosalía e comisariada por Pepe Barro
Gontá, en Palas de Rei, celebra o seu magosto popular
A organización, a cargo da Asociación Cultural San Martiño de Gontá, solicita que as persoas interesadas en participar no xantar se anoten antes do 25 de outubro
O PP conclúe no centro da provincia a ronda de xuntanzas con alcaldes e voceiros do partido
Os deputados populares constatan “o clamor xeralizado” polo “nefasto” estado de mantemento da rede de estradas provincial
Pontón acusa a Rueda de colocar a "bomba ambiental" de Altri en Palas
Pontón reprobou a actitude de Rueda, que, segundo ela, menospreza e insulta a todos os que non comparten a visión do Partido Popular
O PP afirma que a instalación de Altri en Palas vai depender “do estrito cumprimento das normas europeas"
Rubén Lorenzo asegurou no Pleno do Parlamento que a instalación do proxecto de Altri en Palas de Rei vai depender “do estrito cumprimento das normas europeas, das españolas e das galegas"
Eventos
OcioenGalicia
Concierto de David Guetta en Santiago 2025
OcioenGalicia
Exposición “Nós tamén fomos emigrantes” en Carral
OcioenGalicia
Concierto de Corales de Monforte 2024
OcioenGalicia
Mercado de Navidad de Monforte 2024
OcioenGalicia
Mercado Artesanal de Nadal en Ordes 2024
OcioenGalicia
Arde Lucus 2025
Denuncian unha campaña para silenciar as alegacións contra Altri
Segundo Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa a Xunta de Galicia está a usar a maquinaria administrativa para dificultar o acceso á información sobre o proxecto
'Corcosendo, a memoria das costureiras da Ulloa' pode volver a visitarse no Castelo de Pambre
Trátase dun proxecto antropolóxico e artístico que busca revitalizar a memoria das costureiras da comarca da Ulloa
Ulloa Viva “lamenta” que o PP vote “en contra da veciñanza de Palas" e a favor de Altri
Dende Ulloa Viva consideran “un novo ataque á veciñanza e a mesma defensa a ultranza dunha multinacional” o que o PP fixo cos seus votos na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo
Candia sobre Altri: "Opoñerse por motivos ideolóxicos sería prevaricar
O Partido Popular de Lugo acusou ao secretario xeral do PSOE galego, José Ramón Gómez Besteiro, de adoptar "repentinos cambios de postura"
San Miguel de Coence, en Palas de Rei, celebra as súas festas patronais
De 17.30 a 19.30 horas haberá colchonetas de balde para os nenos
O BNG advirte da ameaza de Altri para a declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade
A deputada nacionalista cualifica de “máxima deslealdade institucional” a resposta do presidente da Xunta ao informe do Consello da Cultura Galega
O PP comarcal mostra o apoio a Altri nunha reunión na que os veciños volveron manifestarse
Lorenzana referiuse a que “o Goberno de España está loitando por conseguir financiamento europeo para proxectos que nin sequera teñen iniciado a súa tramitación ambiental pero non fai o mesmo co de Altri"