Novas de Palas de Rei
Vilar de Donas acollerá o 8 de agosto a XXXIII Feira do Cabalo da Comarca da Ulloa
A cita repartirá 2.415 euros en premios e incluirá sete probas ecuestres e un espectáculo de doma
Medio Rural destaca en Palas de Rei o investimento do Plan Camiña Rural para mellorar a rede viaria municipal
A conselleira María José Gómez salienta a importancia destas actuacións para o acceso ás explotacións e a prevención de incendios, mentres o Concello cifra en 270.000 euros o investimento recibido desde 2023
Palas de Rei contará cunha nova zona de baño no entorno do parque empresarial
A instalación, impulsada polo Grupo Jim Sports en colaboración co Concello, supuxo un investimento superior aos 1,4 millóns de euros e poderá abrir ao público a finais desta tempada ou o próximo ano
Finaliza o proceso de expropiación da vía LU-231 que conectará Palas de Rei coa A-54
Os propietarios das parcelas afectadas xa recibiron as actas de ocupación dun proxecto chamado a mellorar as comunicacións entre Palas de Rei, Friol e a autovía
ADEGA presenta alegacións contra a autorización ambiental dunha granxa porcina proxectada en Palas de Rei
A asociación ecoloxista solicita que se anule o actual trámite de información pública ao considerar que a documentación do proxecto está incompleta e non avalía correctamente os impactos ambientais.
Mellorarán a eficiencia enerxética do PAC e da Casa do Concello de Palas de Rei
O Concello obtén unha axuda para actuar no illamento térmico de ambos edificios e prevé ampliar este tipo de actuacións ao CPI, á Casa da Cultura e ao Centro Residencial
A Xunta confirma que acometerá obras de mellora no polideportivo do CEIP de Palas de Rei
A actuación, cun investimento de 47.000 euros, iniciarase este mes de xullo e estará rematada antes do comezo do próximo curso escolar
Cubelo celebrará o San Xoán 2026 cunha gran comida popular e festa durante toda a xornada
A parroquia de Palas de Rei reunirá aos veciños o 24 de xuño nunha celebración con sesión vermú, xantar popular e animación musical a cargo do Dúo Son de Festa
A Deputación adxudica as obras da estrada entre Palas e Friol e licita outra actuación en Xermade
As obras consistirán fundamentalmente na mellora da drenaxe, a renovación do firme mediante aglomerado en quente e a reposición da sinalización
A piscina municipal de Palas de Rei abrirá ao público o 1 de xullo
As instalacións permanecerán operativas ata o 31 de agosto e contarán tamén con cursos de natación durante o mes de xullo
Máis de mil atletas participarán este sábado na XII Media Maratón “Os 21 do Camiño”
A carreira disputarase o vindeiro sábado 20 de xuño entre os municipios de Palas de Rei e Melide
Aberto o período de inscrición para o campamento de verán 2026 en Palas de Rei
A actividade está dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos e desenvolverase nos meses de xullo e agosto con obradoiros, xogos e actividades deportivas e acuáticas
Palas de Rei acolle un obradoiro sobre ciberseguridade que combina cinema e formación práctica
A Casa da Cultura será o escenario dunha actividade centrada no uso responsable da tecnoloxía e nos riscos do entorno dixital
Arrancan as expropiacións para a obra da estrada que comunica Palas e Friol coa LU-231
Os alcaldes das dúas localidades consideran que a actuación será clave para mellorar a mobilidade, conectar grandes vías de comunicación e impulsar a competitividade económica da comarca
Taboada acolle a entrega dos premios da campaña “Merca no teu comercio”
Repartíronse un total de 1.000 euros entre os gañadores polas compras realizadas entre os días 1 e 15 de maio nos municipios de Taboada, Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla
Palas de Rei acolle a presentación do libro ‘Feixe de Flores para Galicia’ de X. L. Outes Ruso
O acto terá lugar o sábado 23 de maio no Centro Comarcal da Ulloa e contará coa participación do xornalista Fernando Salgado
Oito empresas optan ás obras de ampliación do parque empresarial de Palas de Rei
A actuación permitirá incorporar preto de 40.000 metros cadrados de novo solo industrial para atender a demanda existente na comarca da Ulloa
Greenfiber defende a continuidade de Altri mentres Ulloa Viva esixe á Xunta a súa denegación inmediata
A empresa presenta alegacións tras o anuncio de arquivo do proxecto, mentres a plataforma veciñal intensifica a súa oposición á macrocelulosa de Palas de Rei
O castelo de Pambre acollerá o Día das Letras Galegas na honra de Begoña Caamaño
O Instituto de Estudos Ulloáns organiza un acto literario con relatorios, lecturas e música no municipio de Palas de Rei
Carlos Toural foi elixido novo decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
Afronta o mandato co propósito de “coidar a comunidade universitaria, mellorar a formación e reforzar a presenza pública da facultade”




