Novas de Castro de Rei
A Terra Chá vive hoxe un luns festivo con tradición, festas e memoria rural en Castro de Rei e Xermade
O 10 de agosto é festivo local nos dous municipios e coincide en Castro de Rei co inicio da Festa da Malla e coa última xornada das celebracións de Castro Ribeiras de Lea
As festas de cinco parroquias lucenses promocionarán as carnes de razas autóctonas durante agosto
O programa da Vicepresidencia da Deputación ‘Un Gusto de Rural, un Rural Degusto’ levará degustacións de vacún, porco celta e galiña de Mos a Castro Ribeiras de Lea, Ludrio, Cela, Martul e Bonxe
O Castro de Viladonga propón a súa muralla sur como un dos puntos para seguir o eclipse solar do 12 de agosto
O museo lembra que a visibilidade dependerá da masa forestal e pide ás persoas visitantes máxima prudencia e respecto polo xacemento arqueolóxico
Castro Ribeiras de Lea prepárase para vivir catro días de festa grande con orquestras de primeiro nivel
O programa abrirase o venres 7 de agosto co pregón e a IV Churrascada Veciñal
O aeródromo de Rozas converterase nun auditorio ao aire libre cun concerto da Banda Filarmónica de Lugo
A actuación gratuíta celebrarase o 28 de agosto no exterior do hangar principal e contará cos avións como pano de fondo
A conselleira Allegue reúnese co alcalde de Castro de Rei para avanzar en colaboracións
Abordaron proxectos de interese para o municipio, especialmente no ámbito do urbanismo e as infraestruturas
A XXIII Festa da Malla de Castro de Rei celebrará tres xornadas para reivindicar as tradicións do campo
A sega, a meda e a malla desenvolveranse durante o mes de agosto cun programa que combina demostracións tradicionais, mercado de artesanía, música e un xantar popular
Regresa o Raid Hípico Val de Francos, que terá lugar este domingo
A proba de Castro de Rei discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente
Castro Ribeiras de Lea converterase nun gran escape room ao aire libre para resolver o misterio dos polbos desaparecidos
Será este domingo 26 de xullo como unha nova edición do programa XOGAL 2026, unha proposta lúdica que mestura patrimonio, historia local e participación cidadá
A Deputación destina un millón de euros a estradas na Terra Chá e en Viveiro
A Xunta de Goberno licitou este venres un proxecto por case 250.000 euros para dúas vías provinciais en Abadín e tamén adxudicou obras en Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei e Viveiro por case 735.000 euros
Comeza hoxe o Critérium Aeronáutico de Galicia coa 40 edición da Volta Aérea a Galicia
Desde o Real Aeroclub de Lugo destacan que, unha vez máis, ofrecerá unha gran variedade de propostas pensadas para achegar a aviación a toda a cidadanía
O Criterium Aeronáutico presenta o seu programa para a fin de semana
O evento terá lugar no Aeródromo de Rozas do 10 ao 12 de xullo e o acceso será libre e gratuíto. O horario xeral das actividades e exposicións será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Volve este venres o Critérium Aeronáutico de Galicia coa 40 edición da Volta Aérea a Galicia
Desde o Real Aeroclub de Lugo destacan que, unha vez máis, o Critérium Aeronáutico ofrecerá unha gran variedade de propostas pensadas para achegar a aviación a toda a cidadanía
Jorge González e Nere Nuño gañan a primeira Vacaloura Gravel de Castro de Rei
Máis de 300 participantes gozaron dun percorrido deseñado para descubrir algunhas das paisaxes máis representativas da comarca
A piscina de Castro de Rei abre o mércores de luns a domingo
As entradas terán un custe de 2 euros para adultos a partir de 18 anos
Castro e Rei celebra a primeira edición da Vacaloura Gravel este domingo
A saída está programada para as 09:30 horas e a organización pon a disposición dúas opcións de percorrido
LúaMeiga regresa a Castro de Rei cunha xornada de arte, música e tradición arredor do San Xoán
Desenvolverase entre as 10:00 e as 20:00 horas con entrada libre e numerosas actividades gratuítas
Amigos da Feira organiza unha churrascada de Lume Novo en Castro de Rei
Haberá servizo de bar e animación musical a cargo do acordeonista Carlos
O CEIP Veleiro Docampo convoca a súa festa de fin de curso con teatro, música e actividades infantís
Para asistir á celebración será necesaria inscrición previa
Viladonga fará a entrega dos boletíns de propiedade da reestruturación parcelaria o venres
Para recoller esta documentación, as persoas propietarias deberán presentar o DNI e acudir ao local social da Comunidade de Montes ás 11.30 horas
Castro de Rei convoca o domingo unha nova Festa do neno
O horario da festa será dende as 16:00 horas ata as 21:00 horas e terá lugar na Carballeira de Castro Ribeiras de Lea
A ANPA do CEIP Veleiro Docampo organiza un campamento de verán en Castro Ribeiras de Lea
As actividades realizaranse en horario de 9.00 a 14.00 horas, aínda que tamén haberá servizo de madrugadores desde as 7.30 horas




