Novas de Pol
Veciños de Milleirós reclaman o arranxo dun depósito contra incendios en estado de abandono
Os residentes piden á directiva da comunidade de montes que tramite ante a Consellería do Medio Rural a solicitude para reparar e manter en condicións adecuadas a infraestrutura
Sonsoles Ónega pronunciará o pregón de San Froilán e Sandra Piñeiro fará a ofrenda a Rosalía de Castro
A xornalista e escritora lerá o domingo ás 12.00 horas mentres que a presidenta da Audiencia Provincial será a protagonista do Domingo das Mozas
A Reserva da Biosfera Terras do Miño organiza unha xornada de voluntariado en Pol
Esta estará centrada na restauración dunha charca asociada á biodiversidade agraria
Roteiros de Pol realiza o domingo unha ruta polo municipio
A programación do día comezará ás 9:30 horas coa saída de Lugo (ponte estación de tren) en bus cara Mosteiro
Pol homenaxeará a súa emigración o 24 de agosto cunha xornada de música, gastronomía e reencontros
A Carballeira de Mosteiro acollerá a Festa do Emigrante, que contará co pregón de Manuel Abraira Fernández, emigrado en México, e coa actuación das orquestras Stereo e Triunfo
A Festa ó Emigrante celebrará a súa XLI edición o 24 de agosto
A xornada festiva rematará coa gran verbena, prevista para as 23.00 horas, que contará coa actuación das orquestras Stereo e Triunfo
A Carballeira de Mosteiro acollerá o domingo unha nova edición da festa de Leña Verde de Pol
A cita combinará música tradicional e folk, gastronomía popular e actividades culturais nun encontro organizado pola asociación Leña Verde coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Pol
Fernando Ónega recibirá este venres o título de Fillo Adoptivo da Cidade de Lugo
O acto celebrarase no Salón Rexio do Círculo das Artes e contará coa presenza da súa familia e de representantes da colectividade galega
Casa Chaín convoca un concurso de xogos de vento con premios ligados á aviación
O certame establece dúas categorías: adultos, para participantes a partir de 18 anos, e xuvenil, destinada a mozos e mozas de entre 12 e 17 anos
O Concello de Pol abre o prazo de inscrición para os Días sen Cole de verán
A actividade desenvolverase entre o 6 de xullo e o 7 de agosto, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, e está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos
A Deputación aproba un convenio para construír un Punto de Atención da Infancia en Pol
O novo servizo permitirá ofrecer atención educativa a nenos e nenas de 0 a 3 anos, favorecendo a conciliación das familias e contribuíndo á fixación de poboación no rural
Abre ao público para a tempada a piscina de Pol ata o 30 de agosto
O único día que non abrirá será o 24 de agosto, por ser festivo local
A Xunta impulsa en Pol o novo aparcamento do cemiterio de Mosteiro
A voceira popular, Nicole Grueira, amosou a súa ledicia por esta nova, que “pode iniciarse en breve xa que contamos con todos os permisos necesarios”, os necesarios de Patrimonio
A Deputación inicia as obras da nova ponte sobre o río Azúmara, entre Castroverde e Pol
A actuación permitirá ampliar a plataforma da LU-P-1611, mellorar a seguridade viaria e eliminar un dos puntos máis complexos desta estrada provincial
O Concello de Lugo inicia o proceso para nomear a Fernando Ónega Fillo Adoptivo a título póstumo
A proposta, impulsada por unha iniciativa cidadá, será elevada ao pleno de xullo para a súa aprobación definitiva
Eventos
O parque eólico Batifol obtén luz verde para a súa construción en Lugo
Promovido nos concellos lucenses de Castroverde, Castro de Rei e Pol, vén de recibir a autorización administrativa previa e a de construción por parte da Xunta
O BNG de Pol leva a pleno unha moción para esixir á Xunta servizos sanitarios dignos no concello
Branca Fernández: “A veciñanza de Pol non pode seguir dependendo de parches nin de consultas a medias; o que lle corresponde é unha atención sanitaria pública estábel”
Preto de 130 autocaravanas participan na inauguración da nova área de Mosteiro, en Pol
Durante o acto descubriuse unha placa conmemorativa e destacouse a importancia desta nova área para impulsar o turismo itinerante no municipio
O Concello de Pol abre o prazo para comunicar as fogueiras de San Xoán 2026
Será necesario facilitar os datos da persoa responsable da fogueira, incluíndo nome e apelidos, número de DNI, enderezo de residencia e a localización exacta onde se vai realizar a queima
O BNG de Pol organizou unha charla sobre as novas oportunidades do sector forestal e o mercado do carbono
A deputada nacionalista Montse Valcárcel abordou en Rioxoán cuestións prácticas dos créditos acompañada de Branca Fernández
Grueira anuncia que fará unha nova RPT se chega a ser alcaldesa de Pol
A voceira do PP ve fundamental “o estudio, o diálogo e o consenso cos traballadores e os seus representantes”
A ITV móbil agrícola estará en Pol a próxima semana
Estará instalada na praza de Galicia, ao lado da caseta da Carballeira











