Cultura
Antas de Ulla homenaxeará a Teresa Batán pola súa traxectoria ligada á cultura e á lectura
A bibliotecaria e dinamizadora cultural recibirá o recoñecemento da veciñanza o 13 de setembro tras anos achegando os libros, o teatro e a cultura a varias xeracións
Iria Castro solicitou á Subdelegación do Goberno máis vixilancia na zona de influencia do Museo Provincial
A responsable de Cultura mantivo esta mañá unha reunión coa responsable na provincia, Olimpia López
A Tradescola abre o prazo de matrícula para o novo curso de música e baile tradicional galego
As inscricións estarán abertas ata o 11 de setembro para aulas de gaita, acordeón, zanfona, baile, canto, pandeireta e outras disciplinas no Centro Lug 2 e no Centrad de Lugo
A USC debate os 25 anos do Arde Lucus como referente de recreación histórica
A Casa do Saber acolleu a mesa coloquio "O Arde Lucus a debate", organizada pola Cátedra de Xestión Cultural da USC, cunha análise sobre a evolución da celebración durante os seus 25 anos de traxectoria
O Museo Provincial de Lugo incorpora aos seus fondos un tríptico premiado da gravadora Yolanda Carbajales
A obra "Puntos de agarre", realizada coa técnica da maneira negra, foi distinguida co Premio "María Teresa Toral" nos XVIII Premios Nacionais do Gravado
Baldomero Álvarez García presenta o seu libro 'Diario de un peregrino'
A Casa da Cultura acollerá o vindeiro 7 de setembro a presentación dunha obra inspirada na experiencia do Camiño de Santiago
Palas de Rei converterase nun escenario teatral ao aire libre coa XV edición do Son d´Aldea
San Miguel de Coence, Santiago de Albá e Santo Xusto acollerán os días 4 e 5 de setembro un encontro cultural centrado nas vidas dos caseiros e no patrimonio rural
Outeiro de Rei acollerá o 8 de setembro unha nova edición da Memoria da Chaira Enteira
A programación comezará ás 14.30 horas cun xantar no Río Ladra. Pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar un recital nas Penas de Rodas, seguido ás 18.00 horas dun prego no cemiterio
"Piensa en Wilbur" cambia de localización por mor da choiva e celebrarase no Auditorio Fuxan os Ventos
O espectáculo de circo e humor, incluído no programa Tarde e Tardiña, poderá desfrutarse ás 18:00 horas con entrada libre e gratuíta
O BNG pide retirar o concurso do cartel do San Froilán tras a polémica polo uso da IA
A formación reclama que o Concello deixe de empregar imaxes xeradas con intelixencia artificial e aposta por encargar os deseños a profesionais locais
AgrocuiR'26 enche Monterroso de música, cultura e reivindicación na súa undécima edición
O Festival da Ulloa celebra do 20 ao 22 de agosto tres días de actividades cun programa que inclúe concertos, cinema, obradoiros, encontros, propostas familiares e espazos de reflexión sobre o rural
O concurso do cartel do San Froilán abre a polémica polo uso da intelixencia artificial
Deseñadores e veciñanza critican que o Concello empregase unha imaxe xerada con IA para anunciar unha convocatoria que prohibe expresamente esta tecnoloxía
Pumarega celebra as súas festas con música, maxia e unha churrascada veciñal
A localidade de Castroverde festexará os días 22 e 23 de agosto a Santa Cristina e Santa Marina cun programa no que o Grupo Fénix será un dos protagonistas
Lugo e Mondoñedo reunirán expertos e asociacións nas XIX Xornadas do Peregrino 'Abrindo Camiño'
A cita celebrarase os días 5 e 6 de setembro e analizará o presente e o futuro dos Camiños de Santiago do Norte coa mirada posta no Ano Santo Xacobeo 2027
O BNG ve continuísmo no modelo do San Froilán e critica a perda do escenario da Mosqueira
Maite Ferreiro valora que o PP manteña unhas festas "similares" ás dos últimos anos e reclama espazo para as agrupacións culturais e musicais de Lugo
Un libro recupera máis de tres décadas de memoria oral das terras do Cebreiro
A publicación reúne cantigas, lendas, adiviñas, refráns e romances recompilados inicialmente por alumnado do CPI Uxío Novoneyra durante o curso 1993/94
GaliciaXa
16 entidades culturais reciben o impulso para celebrar certámenes de artes escénicas e musicais
O apoio que reciben van desde os 2.000 ata os 7.000€ para axudar nos custos da organización destas citas culturais repartidas polas catro provincias galegas
Blanca Gómez Terán e Óscar Bueno desenvolven dúas Residencias Paraíso no Vello Cárcere
As propostas ‘Como cuando el pelo se eriza’ e ‘La excitación del paisaje: conferencia montañera’ estarán en residencia ata o 27 de agosto, cando ofrecerán unha mostra aberta ao público
Improdutivas regresa ao Club Clavicémbalo con catro noites de improvisación teatral
O grupo de improvisación teatral ofrecerá novas sesións en Lugo os días 10 de setembro, 15 de outubro, 26 de novembro e 17 de decembro
LugoXa
A eclipse total de Sol na comarca de Lugo: horarios, duración e mellores lugares para observalo
Os 23 municipios da comarca quedarán dentro da franxa de totalidade o 12 de agosto, aínda que a duración do fenómeno e as condicións de visibilidade variarán segundo a localización e a orografía
Navia estrea unha xornada para divulgar e poñer en valor o seu patrimonio histórico
A primeira edición da iniciativa combinará un percorrido pola vila, sesións divulgativas, un xantar campestre e unha mesa redonda o vindeiro 5 de setembro
A Fonsagrada prepara catro días de festa con música, gando e tradición
O programa reunirá grandes orquestras, a Feira do Gando, a Feira do Cabalo e unha romaría campestre con actividades para todos os públicos





