Cultura
Airiños de Orbazai abre o prazo de inscrición para o curso 2026-2027 en Lugo
A entidade cultural admitirá solicitudes ata o 31 de outubro para as súas clases de baile, pandeireta, canto e gaita-tamboril, que se desenvolverán os sábados ata o próximo mes de xuño
De Palestina á nova regueifa: o cine de Lugo percorre o silencio, a memoria e as historias de mulleres
A programación da 48ª Semana de Cine de Lugo para este mércores inclúe documentais, cine galego, curtametraxes, cine infantil, unha homenaxe e a Sección Oficial, con propostas centradas na memoria, a cultura e diferentes realidades sociais
Un legado de 194 reloxos desvela a historia do tempo no Museo de Lugo
Unha doazón histórica enriquece o patrimonio provincial e ofrece unha ollada inédita á arte da reloxería a través de case dous centenares de pezas
‘Non fai falta que o digas’, unha curtametraxe rural que levará o cine feito desde Rábade a Francos
A produción contará coa participación de integrantes do grupo de teatro afeccionado da localidade e rodarase os días 24, 25 e 27 de setembro neste lugar de Outeiro de Rei
A cantautora donostiarra Sara Zozaya ofrecerá un concerto o vindeiro 2 de outubro
A artista vasca presentará a súa proposta musical, que combina raíces tradicionais con sonoridades contemporáneas, nunha sesión acompañada de proxeccións visuais
Lugo quenta motores para a 48ª Semana de Cine, que volverá encher a cidade de películas, homenaxes e cultura
A 48ª edición celebrarase do 21 ao 26 de setembro cun programa que combinará proxeccións, homenaxes, exposicións, música e actividades para diferentes públicos
Rebuldeira Teatro leva a Lugo 'Vermello', a súa montaxe sobre a Guerra Civil, dentro do ciclo FEGATEA
A compañía presenta este sábado no Auditorio Municipal Gustavo Freire unha obra centrada na Guerra Civil desde unha mirada vinculada ao territorio lugués, dentro da súa actual xira por Galicia
Un concerto infantil de Uxía Lambona e a Banda Molona pecha as festas de Ligonde, en Monterroso
A programación familiar poñerá o remate ás celebracións patronais do domingo, co respaldo da Deputación de Lugo
Bea Peña leva a música medieval á Capela de Santa María co concerto "El cantar del destierro"
A cantante e zanfonista actuará este sábado, 19 de setembro, xunto ao ensemble Entrebescant dentro do ciclo "Zanfona en feminino"
A Deputación de Lugo apoia o ciclo 'Zanfona é feminino', con Bea Peña como protagonista do seu primeiro concerto e obradoiro
Os primeiros actos desta iniciativa, centrada en visibilizar a achega das mulleres a este instrumento tradicional, celebraranse esta fin de semana na Capela de Santa María e no Centro de Artesanía e Deseño
O Museo Provincial de Lugo reúne a 33 artistas e a comunidade educativa nunha exposición colectiva sobre o Alzheimer
A mostra convoca a artistas, asociacións de familiares e o alumnado do IES Alfoz-Valadouro para visibilizar a realidade das persoas con Alzheimer e as súas familias a través de distintas disciplinas artísticas
Adai afonda nun petróglifo único en Europa para reconstruír unha paisaxe sagrada
A cuarta campaña arqueolóxica na parroquia lucense céntrase en dous abrigos, seis mámoas e dous novos petróglifos
Os Pelúdez levan o espírito do San Froilán ás aulas de Lugo
A Familia Pelúdez visitará este martes tres centros educativos para achegar á rapazada a historia e as tradicións das festas
Lugo acollerá cinco xornadas de cine arxentino e uruguaio no Festival de Cine Rioplatense
O Vello Cárcere proxectará do 14 ao 18 de setembro cinco películas procedentes de Arxentina e Uruguai con entrada libre
O BNG alerta de que o San Froilán segue sen pregoeiro nin responsable da ofrenda a Rosalía a menos dun mes das festas
Maite Ferreiro reclama convocar a Comisión de Festas para pechar os actos pendentes e critica a desaparición do escenario da Mosqueira
O Gustavo Freire viaxa á Asturias de 1934 coa obra 'La balada del norte'
Saltantes Teatro representará en Lugo esta adaptación da novela gráfica de Alfonso Zapico o 17 de outubro dentro do programa Camino Escena Norte 2026
Carmen Peñamaría Ramón presenta en Lugo a súa novela "Un paseo xunto ao mar"
A autora dará a coñecer a súa nova obra este sábado, 12 de setembro, ás 12:00 horas na Libraría Trama, nun encontro con entrada libre
Os Nabos de Gracián presentan na Despensa de Saa o seu terceiro fanzine, "Ouriolos de Estramonio"
O colectivo creativo e literario dará a coñecer a súa nova publicación este sábado, 12 de setembro, ás 20.00 horas, na Taberna Cultural A Despensa de Saa
Comeza unha nova edición de Camiño Escena Norte 2026 en 6 comunidades do norte do Estado
Leva tres espectáculos galegos a nove concellos doutras comunidades e trae a Galicia 10 funcións co apoio da Xunta
A Navalla de Manuel María recoñece en Outeiro de Rei a Luis Aldegunde e Raúl Galego
A Irmandade Manuel María e Xermolos homenaxearon a dous nomes comprometidos coa cultura galega e coa difusión do legado do poeta chairego
Maladança recuperará o son dos instrumentos do Pórtico da Gloria nun concerto en Lugo
A formación ofrecerá este sábado na Capela de Santa María ‘Cantigas da Saudade’, un recital gratuíto con pezas dos séculos XII ao XIV
A Praza Maior de Lugo acolle a exposición ‘Rostros’, un percorrido polo retrato na arte galega
A mostra reúne obras das Coleccións de Arte ABANCA e Afundación e percorre diferentes formas de representar o rostro desde finais do século XIX ata a actualidade





