Cultura
O Festival de Jazz de Lugo reunirá 22 actuacións con figuras internacionais e grandes talentos galegos na súa XXXVI edición
O certame celebrarase do 4 ao 14 de novembro con nomes como Paquito D’Rivera, James Carter, Kenny Barron, Erik Truffaz e Clarence Bekker, xunto a destacados músicos da escena galega e novas propostas do panorama jazzístico internacional
Lugo encherase de actividades de medo, música e tradición para celebrar o Samaín
O Túnel do Medo, os obradoiros infantís, os concertos e as visitas guiadas forman parte dunha axenda que se estenderá desde o 28 de outubro ata o 8 de novembro
O Castro do Teso da Ermida amosará os resultados da súa última campaña arqueolóxica
O xacemento de Navia de Suarna ofrecerá unha visita guiada gratuíta este mércores para dar a coñecer os avances dos traballos e as melloras realizadas para facilitar o seu percorrido
'Cores do mundo', unha exposición de 42 fotografías que encherá de vida a contorna do Cuartel de San Fernando
A mostra poderá visitarse do 30 de outubro ao 11 de decembro e percorrerá paisaxes e culturas de distintos recunchos do planeta
O ciclo "Taiwán na pantalla" achega catro películas sobre unha illa en transformación
O Club Cultural Valle-Inclán, coa colaboración da Escola Oficial de Idiomas de Lugo, organiza as proxeccións do 26 ao 30 de outubro en O Vello Cárcere, ás 19:30 horas, con entrada gratuíta
ShoHai levará o seu rap á Sala Tebras de Lugo o 14 de novembro
O artista zaragozano actuará ás 21:30 horas dentro da súa cuarta xira en solitario, cun repertorio que combina temas dos seus catro discos propios e cancións de Violadores del Verso
O Museo Provincial de Lugo acolle unha xornada sobre os dez anos do pensamento de José Vázquez Cereijo
A Fundación VAC-AN organiza este sábado, 24 de outubro, un encontro con conferencias, unha proxección audiovisual e unha visita guiada para afondar no legado do artista lucense
O Festival de Jazz de Lugo conmemora o centenario de Miles Davis e John Coltrane con dous concertos
O Círculo das Artes acollerá as actuacións de James Carter Organ Trío, o 5 de novembro, e Erik Truffaz e Antonio Lizana, o día 13
Castromaior abre ao público os resultados da súa última campaña arqueolóxica
Unha visita guiada este venres permitirá coñecer os novos achados e os traballos de conservación realizados no xacemento de Portomarín, cun investimento de 30.000 euros da Xunta
Un documental recupera a Revolución Galega de 1846 cunha estrea en Lugo
A Casa do Saber acollerá este xoves 22 de outubro, ás 20:15 horas, a proxección de "1846 – Revolución Galega", dirixido por César Caramês, que participará nun coloquio posterior
Ousadías regresa ao Club Clavicémbalo con novos xogos de improvisación teatral
O espectáculo terá lugar este xoves 22 de outubro ás 22:00 horas e será a segunda cita do grupo durante este mes
Abe Rábade presenta en Lugo o seu novo disco, "Nova Botánica", o 8 de novembro
O pianista e compositor compostelán estrea o seu décimo sétimo álbum no auditorio Fuxan os Ventos, dentro do Festival de Jazz de Lugo, cunha proposta que mestura música tradicional galega, jazz e música de cámara
A Casa dos Mosaicos de Lugo pecha unha semana para reparar as filtracións de auga
O espazo arqueolóxico da rúa Doutor Castro permanecerá sen visitas do 19 ao 26 de outubro mentres se sela a ventá arqueolóxica e se mellora a conservación dos mosaicos
O cinema independente de Fernando e Miñuca Villaverde protagoniza unha sesión gratuíta en Lugo
A Deputación acollerá este luns 19 de outubro unha selección de curtametraxes dos cineastas cubanos, nunha proxección organizada polo Club Cultural Valle-Inclán e presentada por Miguel Blanco Hortas
A ARMH convoca en Lugo a primeira Ruta da Memoria do 36 para lembrar a represión franquista
Durante o percorrido visitaranse diferentes espazos nos que se exerceu a represión durante o franquismo, como a sede de Falanxe, o Pazo da Deputación, o cuartel de San Fernando, o cárcere e outros centros de represión e tortura
Eventos
Comeza este domingo en Lugo a programación de teatro, maxia e danza deste trimestre con 'Coralinda'
O programa reúne 9 funcións entre outubro e decembro: catro espectáculos familiares, catro propostas de teatro para público adulto e unha función de danza
O Festival de Jazz de Lugo suma cinco novos concertos á súa programación de novembro
James Carter, Takuya Kuroda, Patricia Brennan, Erik Truffaz e Clarence Bekker actuarán no Círculo das Artes, mentres Paquito D'Rivera e Kenny Barron tocarán no Auditorio Fuxan os Ventos
Os obradoiros contra a desinformación do Colexio de Periodistas chegan a Vilalba e Castro de Rei
A asistencia a ambos os dous actos é libre e gratuíta até cubrir a capacidade da sala, sen requerirse inscrición previa
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Rede Museística Provincial reivindica o papel das mulleres rurais no seu 20 aniversario
A institución pon en valor a diversidade, a memoria e as experiencias das mulleres do rural lucense a través de sete proxectos artísticos e de investigación
A Sociedade Filharmónica de Lugo ofrecerá 15 concertos no Círculo das Artes na tempada 2026-2027
O ciclo comezará o 28 de outubro coa Camerata OSG e reunirá orquestras sinfónicas, solistas internacionais e agrupacións de cámara no Círculo das Artes ata o 6 de maio
O Lugo dos anos sesenta revive nas páxinas de 'Recuerdos de un niño cualquiera'
Jaime Rodríguez Mosquera presentará o seu libro este mércores, 14 de outubro, na Librería Trama, nun acto ás 19:00 horas que contará coa participación de María Márquez, directora de Nova Escena
A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón prepara tres novas rutas turísticas
As xornadas de ensaio celebraranse os días 19, 20 e 26 de outubro e están abertas gratuitamente a profesionais e entidades vinculadas ao turismo do territorio










