Axenda
O Torneo Dez Portas de Tenis de Mesa celebrará a súa XV edición o 5 de setembro
O campionato, que coincide co 20 aniversario do club, reunirá categorías infantil e absoluta e manterá abertas as inscricións ata o 28 de agosto
Monterroso prepara a quinta edición da Carreira 10K cun percorrido circular entre natureza e paisaxe
A proba celebrarase o 5 de setembro e discorrerá por Vilanova e Cumbraos nun trazado de 10 quilómetros
Santiago de Laxosa celebrará as súas festas os días 21, 22 e 23 de agosto con música, actividades infantís e actos relixiosos
Punto Clave, Grupo Jaque e Grupo Folixa protagonizan un programa que incluirá verbenas, sesións vermú, pasarrúas e festa da escuma
Paradela prepara a XXV Concentración Mototurística de Os Mouchos, unha cita de referencia para os afeccionados ás dúas rodas
O evento celebrarase o 19 de setembro e incluirá unha ruta mototurística entre Paradela e Lugo, ademais da actuación do grupo TDA
Galegos celebrará as súas festas na honra de Santiago Apóstolo do 24 ao 26 de xullo
A programación inclúe unha churrascada gratuíta, actuacións musicais, sesión vermú, actividades infantís e un torneo de fútbol sala
O programa 'Eclipse 2026.8.12. en Lugo' inicia a súa actividade divulgativa no Pazo de San Marcos
Charlas, obradoiros e unha gran observación pública formarán parte da programación previa á eclipse solar total prevista para agosto de 2026
O Muralleando cambia de localización en Lugo e contará cunha programación musical gratuíta ata setembro
O ciclo levará concertos á Praza Maior e á Praza de Santa María con propostas para todos os públicos durante as fins de semana do verán
Castroverde celebrará as Festas do Santiago Apóstolo con catro días de música, tradición e actividades
As celebracións, que se desenvolverán do 23 ao 26 de xullo, incluirán actuacións musicais, actos relixiosos, xogos infantís, pasarrúas e fogos artificiais
Penas de Rodas acolle este domingo a 46ª Romaxe e a Feira de Artesanía
A xornada combinará tradición, cultura e lecer con feira artesanal, música, xogos populares, teatro e o II Aberto de Billarda
O Arde Lucus despídese este domingo en Lugo co concerto de Abraham Cupeiro na Praza de Santa María
A festa pecha a súa edición cunha xornada final de actividades históricas, espectáculos e actos simbólicos en distintos puntos da cidade
O Circo Romano do Arde Lucus será o gran protagonista dun sábado cheo de cultura castrexa e romana
O Arde Lucus alcanza o seu punto álxido cunha xornada intensa de espectáculos, recreacións históricas e actividades por toda a cidade
A ONG Escola Shantidi celebrará en Lugo a súa gran festa solidaria para financiar proxectos sociais na India
O evento terá lugar o 11 de setembro no Club Fluvial de Lugo e contará coa actuación de Gin Toni’s, ambientación inspirada na India e servizo de cátering
Monterroso acollerá en xullo a XIII Concentración Moteira con exhibicións, música e actividades
O encontro organizado polo Motoclube Ó Corte celebrarase os días 18 e 19 de xullo con acampada gratuíta e a participación de Emilio Zamora
Becerreá celebrará o San Xoán 2026 cunha sardiñada popular, fogueira e verbena
A programación dos días 23 e 24 de xuño inclúe música en directo, pregón, actos relixiosos, deporte e actuacións das orquestras Grupo Beatriz e Cinema
A Xove Orquestra de Lugo Terranova convoca a terceira edición do Curso de Especialización Orquestral
O programa reunirá a mozos músicos de toda España nunha semana intensiva de formación que culminará cun concerto especial aberto ao público
A XLVIII Semana de Cine de Lugo xa ten cartel: Diego As rende homenaxe a Marilyn Monroe
O certame celebrarase do 21 ao 26 de setembro e volverá converter a cidade nun referente cultural da sétima arte
Ribeira de Piquín acollerá en xullo a novena edición do Torneo Dúos do Chao
A competición celebrarase os días 10, 11 e 12 de xullo con prazas limitadas e premios para todos os participantes
A Asociación Mulleres Empresarias de Lugo organiza o curso “Aplica a intelixencia artificial no teu negocio”
Unha formación gratuíta para achegar a IA ao ámbito empresarial no CEI-Nodus os días 9, 11, 16 e 18 de xuño de 18:00 horas a 21:00 horas
Iván Ferreiro actuará en Lugo o 13 de novembro dentro dos Concertos do Xacobeo
O músico de Nigrán presentará no Pazo de Feiras e Congresos o seu último traballo, ‘Trinchera pop’, acompañado pola banda Querido
A Fonsagrada acollerá a exposición 'Nós tamén fomos emigrantes'
A mostra reúne fotografías da emigración española do século XX e poderá visitarse entre o 22 de maio e o 3 de xullo
San Xoán de Pena presenta o avance das súas festas patronais en Lugo
As celebracións terán lugar os días 4 e 5 de xullo cun programa marcado pola música e o ambiente festivo
A Asociación Cultural Camiño Primitivo de Baleira pon en marcha a II Festa Foliada do Emigrante
A cita celebrarase o 1 de agosto de 2026 na praza do Cádavo cunha xornada dedicada á música, á tradición e á convivencia




