Deportes
Heriberto Vivar gaña a XXV edición do Open San Froilán de Billar Pool
Máis de 40 xogadores de toda Galicia participaron no torneo, disputado os días 16 e 17 de outubro nos locais Open Pool
Dajankai logra dous ouros e dous bronces no Trofeo Internacional Princesa de Asturias de Karate
A escola lucense asinou unha destacada actuación na competición celebrada en Oviedo, na que Marta Martínez, Iván Pérez, Anastasia Sara Pardo e Yerai Román subiron ao podio
O Millaven CPLucense alcanza a final da Copa Federación Feminina de balonmán tras vencer o BM Chapela por 25-32
O equipo lucense asinou unha segunda parte decisiva para selar o pase á final, prevista para os días 19 ou 20 de decembro
O Rally San Froilán reúne 114 vehículos en Lugo nunha edición marcada por un accidente con tres feridos
A proba, unha das citas do calendario galego de automobilismo, conta tamén coa presenza do focense Bruno Martínez Bermúdez, gañador do Volante Deputación o pasado mes de maio
Adrián Ben e Alice Finot lideran o cartel do Cross Ponte Romana de Lugo
A novena edición do Optimilk PRO Cross Ponte Romana reunirá os días 31 de outubro e 1 de novembro figuras internacionais, novas promesas do atletismo galego e corredores populares no parque do Pazo de Feiras e Congresos
David González, director e sensei da escola Dajankai de Lugo, obtén o título de árbitro B mundial de kumite
O director do centro lucense conseguiu a acreditación no Curso Mundial de Arbitraxe de Karate celebrado en Polonia e queda a unha titulación de completar todas as licenzas arbitrais internacionais
Iago Rois roza a clasificación para o Mundial de billar de Las Vegas tras quedar terceiro na final galega
Os lucenses Jorge Blanco e Daniel Rodríguez tamén destacaron na competición celebrada no albergue do Monte do Gozo, en Santiago, ao situarse entre os oito mellores xogadores
Uxía Folgueira representa a España no Mundial de Kárate Cadete, Júnior e Sub-21 en Polonia
A deportista da Escola Deportiva Shihan xa se atopa en Bielsko-Biała, onde se celebra do 14 ao 18 de outubro unha competición que reúne máis de 2.000 karatecas de 114 países
LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
Ribadeo acolle o XIII Aberto de Billarda "Vila de Ribadeo"
A cita celebrarase o domingo no Campamento Xuvenil A Devesa e corresponderá á segunda xornada da Liga Nacional de Billarda
O Arenal Emevé masculino asalta o liderado cun triunfo por 3-0
O equipo feminino roza a vitoria ante o Emalsa Gran Canaria, pero acaba cedendo no tie-break (2-3)
Lume BC e Helios BSC recuperan un clásico do béisbol lucense polo San Froilán
Os dous clubs volverán enfrontarse no Campo Municipal de Béisbol de O Ceao, con entrada libre
O Alpha Wolf Pack de Lugo logra o cuarto posto por equipos na Asturias Cup de Jiu Jitsu
O equipo lucense, con só tres atletas, conseguiu seis medallas na competición celebrada en Langreo, con dous ouros para Pablo Pérez e Mario Corujo
Últimos días para inscribirse na Liga de Fútbol 7 Masculina de Friol
Os encontros celebraranse os luns e os xoves a partir das 21.30 horas, e a participación inclúe un seguro deportivo para os xogadores
O 24 de outubro celébrase a XVII Carreira Popular e Andaina Concello do Corgo Memorial Quique Casanova
A xornada deportiva terá como escenario a praia fluvial do río Chamoso e contará con probas para todas as idades
O karate lucense destaca no Campionato Galego coa Escola Deportiva Shihan e o Club Dajankai
A Escola Deportiva Shihan liderou o medalleiro autonómico con 31 metais, mentres que o Club Dajankai acadou cinco medallas nas competicións celebradas en Ferrol
Rayo Lugo FS: un equipo nado das ganas de xogar, competir e gozar do fútbol sala
O novo club sénior parte dunha iniciativa de Fernando Yáñez e Teresa López para reunir un grupo de amigos e aspira a gañar a liga e medrar nas próximas tempadas
A III Milla Urbana Lucus levará o atletismo ao corazón do San Froilán o 10 de outubro
A proba, organizada polo Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, reunirá competicións desde a categoría sub-8 ata a Élite e incluirá tamén unha Milla Popular
O Corre con Nós reúne a preto de 300 persoas na gala de premios da súa 24ª edición
O circuíto rexistrou unha media de 3.000 participantes por carreira e prepara xa as súas vodas de prata en 2027, cando cumprirá 25 anos
A Escola Deportiva Shihan consegue unha prata na Liga Nacional Junior e Sub21
Roque Mazoy acadou o segundo posto no Kumite Sub21 -67 quilos nunha competición celebrada en Albacete
Lugo Monumental pide permiso para retransmitir o Obradoiro-Breogán nunha pantalla xigante
A asociación quere instalar a pantalla na Praza de Santa María o 1 de novembro como proba piloto para futuros derbis galegos
Friol acollerá o 4 de outubro unha nova batida ao corzo no TECOR Cova da Serpe II
A xornada reunirá participantes arredor dunha actividade vinculada á tradición cinexética da zona e contará con prazas limitadas




