Deportes
Lugo homenaxeará a Ramos Misioné 50 anos despois da prata olímpica de Montreal
O acto celebrarase este sábado no Club Fluvial de Lugo e incluirá o traslado ata o escenario dunha réplica de 11 metros da embarcación coa que os catro piragüistas fixeron historia nos Xogos de 1976
Aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de Castroverde do curso 2026/2027
A oferta inclúe actividades deportivas para nenos e nenas de 3 a 16 anos e para persoas adultas, con descontos para familias con varios fillos
O billar pool lucense colleita varios bos resultados nas primeiras probas da tempada
Francisco Doval e Pablo Rey destacan na primeira proba do Circuíto Galego Absoluto, mentres Verónica González se impón no primeiro Circuíto Feminino de Lugo
A Fundación Breogán recupera "Ningún Aro Sen Rede" para unir baloncesto, reciclaxe e educación
O proxecto alcanza a súa quinta edición e permitirá aos centros de Infantil e Primaria de Lugo participar nunha iniciativa para transformar material de escritura usado en redes de baloncesto sostibles
A Fonsagrada abre a inscrición nas Escolas Deportivas para o curso 2026-2027
O Concello ofrece de maneira gratuíta actividades de pádel, multideporte, baloncesto, fútbol e fútbol sala entre outubro e xuño para nenos e nenas desde os cinco anos
Outeiro de Rei acollerá o xoves unha parada de Rally the Globe con vehículos clásicos
Os participantes estacionarán os seus vehículos no aparcadoiro de Casas da Fortaleza entre as 11:05 e as 12:05 horas
O Cidade de Lugo Fluvial feminino conquista a Liga Iberdrola e o equipo masculino logra o subcampionato
O club lucense pecha a tempada das Ligas Nacionais de Tríatlon cun título estatal e unha segunda posición na Liga Suzuki
O lucense Adam Didam debuta nas MMA cunha vitoria por TKO en só 30 segundos
O deportista do Club Deportivo Free Dojo impúxose no primeiro asalto na velada de Bertamiráns, homologada pola Federación Galega de Loita, ante centos de espectadores
O Concello de Lugo e o Río Breogán unen forzas para levar o nome da cidade por Europa
O equipo lucense lucirá "Lugo" na parte frontal da camiseta e o logotipo municipal coa imaxe da Muralla na traseira durante a súa participación na Basketball Champions League 2026-2027
O Club Polideportivo Lucense leva o balonmán á rúa este venres en Lugo
A Praza Anxo Fernández Gómez acollerá unha xornada deportiva aberta ao público entre as 17.00 e as 21.00 horas
Palas de Rei acollerá o 13 de setembro a XII Milla Urbana, unha carreira popular para todas as idades
A proba, incluída no programa E.G.G.E. Homo 2026, terá dúas saídas ás 11:30 horas e contará con categorías desde alevín ata veteráns
O CD Lugo e Caixa Rural Galega renovan a súa colaboración por unha tempada máis
As dúas entidades manteñen un acordo que se prolonga desde hai máis de 30 anos e crean un novo premio mensual ao mellor xogador albivermello
Aldara Meilán inaugura as escolas deportivas da Escola Atlética Lucense
A atleta lucense estará este mércores, 9 de setembro, cos máis pequenos na pista da Cidade Cultural, onde poderán coñecela, facerlle preguntas e fotografarse con ela
O xadrez tomará Lugo cunha exhibición simultánea e o II Torneo Xadrez no Camiño
A xornada celebrarase o 13 de setembro no edificio multiúsos da Xunta de Galicia e contará coa participación do gran mestre serbio Aleksa Strikovic
Jorge Bustos reclama ao Goberno local que reactive a Cidade do Deporte de San Fiz
O concelleiro socialista advirte de que o proxecto, cunha parcela de máis de 32.000 metros cadrados, non pode quedar paralizado tras a moción de censura
O Breogán medirá a súa forza ante o Boca Juniors na décima edición de 'Lugo É Basket'
O encontro disputarase o mércores 9 de setembro ás 20.30 horas no Pazo Provincial dos Deportes e poderá seguirse tamén por streaming
David González, da Escola de Karate Dajankai, seleccionado como árbitro internacional para o Europeo Universitario de Tirana
O colexiado lucense formará parte do equipo arbitral do European Universities Combat Championships Tirana 2026, que se celebrará do 8 ao 11 de setembro
Outeiro de Rei reúne a numerosos pilotos no VF Challenge cunha fin de semana a toda velocidade
O circuíto lucense acolleu competicións en sete categorías, con vitorias para Hugo Rodríguez, Andrés Lago, Andrés Freijo, Miguel Ángel Fernández e outros pilotos
Un xabarín destroza o campo de fútbol de Portomarín e obriga a suspender un partido
O terreo de xogo do Campo Municipal Chao da Poza - Marcos Arias apareceu esta mañá impracticable tras o ataque nocturno do animal
O Concello de Rábade abre o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas
As actividades deportivas levaranse a cabo sempre que haxa un número mínimo de participantes
Antas de Ulla consolídase como referente para a BTT en Galicia
O municipio acolleu a segunda etapa da Volta a Galicia BTT, con saída e chegada no Concello e un percorrido marcado pola esixencia e a beleza da contorna do Centro Xeográfico de Galicia




