Deportes
Lugo converterase na capital do cross coa novena edición do Cross Ponte Romana
A cita deportiva está incluída no calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo e que reunirá atletas de diferentes idades e categorías
O FSF Castro leva o título na estrea do Torneo Triangular da Pastoriza
Durante o torneo, tivo lugar un sorteo de agasallos coa colaboración da Comisión do Entroido de 2027
Lugo homenaxea Ramos Misioné e os seus compañeiros do K4 olímpico de Montreal 1976
O Club Fluvial acolleu un acto polo 50 aniversario da prata olímpica, a primeira medalla dun deportista lucense e do piragüismo español nos Xogos
O lucense Nico Adega participa en Valladolid no II Congreso Estatal de Xuventude con Discapacidade
O campión mundial e europeo de paracanoe participou nunha mesa sobre o dereito ao ocio, o deporte e a cultura
GaliciaXa
O focense Nico Martínez, premiado pola súa superación tras vencer un cancro infantil
O deportista de Foz, campión do mundo e de Europa de maratón en KL3, foi recoñecido pola súa traxectoria como supervivente dun osteosarcoma e polo exemplo que transmite dentro e fóra do deporte
300 adestradores de fútbol reuníronse hoxe en Lugo convocados pola Federación Galega
Interviñeron os técnicos Quique Setién, Claudia Pons, David Gordo e Jorge Basanta, e incluíu unha homenaxe a distintos profesionais galegos polo seu labor
O xogador do CD Lugo Fernando Embadje, convocado coa selección absoluta de Guinea-Bisáu
O gardameta foi citado para os encontros fronte a Tanzania e Nixeria, correspondentes ás dúas primeiras xornadas de clasificación para a Copa Africana de Nacións 2027
A Fonsagrada abre a inscrición nas Escolas Deportivas para o curso 2026-2027
O Concello ofrece de maneira gratuíta actividades de pádel, multideporte, baloncesto, fútbol e fútbol sala entre outubro e xuño para nenos e nenas desde os cinco anos
Aleksa Strikovic impón o seu xogo e gaña o II Torneo Xadrez no Camiño en Lugo
O gran mestre serbio venceu a competición de xadrez rápido con 6,5 puntos tras participar tamén nunha exhibición de partidas simultáneas
O lucense Adam Didam debuta nas MMA cunha vitoria por TKO en só 30 segundos
O deportista do Club Deportivo Free Dojo impúxose no primeiro asalto na velada de Bertamiráns, homologada pola Federación Galega de Loita, ante centos de espectadores
O motocross nacional regresa ao Circuíto Jorge Prado de Lugo o 26 e 27 de setembro
O recinto lucense acollerá unha nova proba do Campionato de España de Motocross, con competición nas categorías Sub-18, MX85, MX65 e MX Máster
Andrés Hurtado, entrenador do Superliga feminino do Emevé: "Teño un gran sentimiento de perteneza tanto ao club como á cidade de Lugo"
O técnico alicantino afronta a súa primeira tempada completa á fronte do equipo de Superliga feminina coa permanencia como prioridade e o obxectivo de consolidar un modelo de xogo propio
O Concello de Lugo e o Río Breogán unen forzas para levar o nome da cidade por Europa
O equipo lucense lucirá "Lugo" na parte frontal da camiseta e o logotipo municipal coa imaxe da Muralla na traseira durante a súa participación na Basketball Champions League 2026-2027
O Club Polideportivo Lucense leva o balonmán á rúa este venres en Lugo
A Praza Anxo Fernández Gómez acollerá unha xornada deportiva aberta ao público entre as 17.00 e as 21.00 horas
Eventos
O Anxo Carro afronta o seu primeiro partido de liga en obras con cambios nos accesos e servizos
O Fondo Sur estará aberto fronte ao CD Coria, aínda que con acabados pendentes, mentres que varios sectores de Preferencia terán pechados os baños e as barras
O Breogán volverá á televisión pública galega as continuas reclamacións do BNG
AGalega emitirá 40 partidos da ACB durante as vindeiras dúas tempadas e ofrecerá tamén a fase previa europea do equipo lucense, unha emisión que os nacionalistas levaban reclamando desde setembro de 2025
O xadrez tomará Lugo cunha exhibición simultánea e o II Torneo Xadrez no Camiño
A xornada celebrarase o 13 de setembro no edificio multiúsos da Xunta de Galicia e contará coa participación do gran mestre serbio Aleksa Strikovic
Jorge Bustos reclama ao Goberno local que reactive a Cidade do Deporte de San Fiz
O concelleiro socialista advirte de que o proxecto, cunha parcela de máis de 32.000 metros cadrados, non pode quedar paralizado tras a moción de censura
Andrés Pereiro e Noa Rodríguez, dous novos talentos do tenis lucense que xa colleitan recoñecementos polos seus éxitos
Os dous deportistas do Club de Tenis As Termas foron recibidos no Concello de Lugo tras destacar en competicións galegas e nacionais
A Fonsagrada apraza a XII Ruta dos Lobos ata abril de 2027
A proba ciclista, prevista inicialmente para o 19 de setembro, trasládase ao 10 de abril para garantir a seguridade dos participantes e mellorar o percorrido
David González, da Escola de Karate Dajankai, seleccionado como árbitro internacional para o Europeo Universitario de Tirana
O colexiado lucense formará parte do equipo arbitral do European Universities Combat Championships Tirana 2026, que se celebrará do 8 ao 11 de setembro











