LugoXa
O BNG reclama manter os Vieiros Escolares Seguros ao comezo do novo curso
Iria Buide defende dar continuidade ao proxecto "Camiño ás Aulas" para facilitar os desprazamentos a pé, favorecer a conciliación e reducir o tráfico nas contornas escolares
Monterroso reclamará á distribuidora eléctrica polos reiterados cortes de luz do 9 de setembro
O Concello denuncia interrupcións de varias horas no casco urbano e núcleos rurais e reclama información máis precisa sobre as avarías e os prazos de reposición
CCOO convoca asembleas para analizar as negociacións dos convenios do Metal e Comercio do Metal
O sindicato reunirá as traballadoras e traballadores en Monforte, Vilalba e Lugo para informar sobre o estado das negociacións e decidir os próximos pasos
Auxilia Lugo reforza a integración de 13 persoas con discapacidade a través dun programa de atención individualizada
A entidade lucense ofreceu durante un ano acompañamento especializado para favorecer a autonomía e a continuidade dos proxectos de vida dos seus usuarios
GaliciaXa
Galicia rexistrou o verán máis cálido desde o ano 1961 cunha temperatura media de 21,4 graos
Ángeles Vázquez indica que a temperatura media foi 2,3 graos superior ao período de referencia e, ademais, tanto as mínimas como as máximas foron tamén as máis elevadas de toda a serie histórica
Adif recepciona as obras da nova estación de tren e reabre ao tráfico a Rúa Alta e a praza do Conde Fontao
A infraestrutura ferroviaria, cun investimento próximo aos 31 millóns de euros, entra na recta final antes da súa posta en servizo
Comeza unha nova edición de Camiño Escena Norte 2026 en 6 comunidades do norte do Estado
Leva tres espectáculos galegos a nove concellos doutras comunidades e trae a Galicia 10 funcións co apoio da Xunta
Carlos Amiama toma posesión como novo director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC en Lugo
O profesor substitúe a Rosa Romero e fixa como obxectivo consolidar a EPSE como "unha escola de referencia, aberta, esixente, innovadora e profundamente conectada coa sociedade"
A Navalla de Manuel María recoñece en Outeiro de Rei a Luis Aldegunde e Raúl Galego
A Irmandade Manuel María e Xermolos homenaxearon a dous nomes comprometidos coa cultura galega e coa difusión do legado do poeta chairego
Arranca o curso escolar na provincia con 32.500 alumnos en Infantil e BAC
Villares destaca o reforzo do profesorado e das medidas de atención á diversidade, así como os avances na modernización dos centros educativos na apertura no CEIP Anexa de Lugo
O BNG pide acelerar a reparación das fochancas que seguen sen arranxar en varias rúas de Lugo
Maite Ferreiro reclama ao Goberno local unha resposta máis rápida ante os socavóns que levan semanas sinalizados con medidas provisionais
Lugo avanza na posta en valor do seu patrimonio con novas actuacións na Muralla e nos espazos arqueolóxicos
A renovación das ventás arqueolóxicas, o impulso da Ronda Interior da Muralla e a mellora de diferentes recursos culturais forman parte das iniciativas abordadas para reforzar o atractivo turístico da cidade
ALUCEM convida a camiñar pola esclerose múltiple este sábado en Lugo
A asociación organizará unha andaina polo Paseo Fluvial a partir das 12.00 horas e instalará unha mesa informativa xunto á Ponte Romana
O PSOE pide aproveitar a parcela do Sagrado Corazón para máis equipamentos públicos ademais do centro de saúde
Miguel Fernández reclama ao Concello que defenda ante a Xunta a incorporación dun centro de día e unha escola infantil ante o crecemento previsto na contorna
A Semana de Cine de Lugo presentará a súa XLVIII edición este xoves no Concello
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá dará a coñecer o programa da cita, que se desenvolverá do 21 ao 26 de setembro en diferentes espazos da cidade
Medio cento de fillos e fillas do persoal da Deputación coñecen as instalacións provinciais
A presidenta recibiu no Pazo de San Marcos aos pequenos, de idades entre 1 e 17 anos, nunha xornada de portas abertas na que percorreron diferentes espazos da sede provincial
Reclaman avances para ampliar o transporte público pola LU-232 ata o límite con Friol
A asociación veciñal solicita á Xunta información sobre o estado da petición para mellorar as conexións da parroquia do Veral coa cidade de Lugo
Lugo acollerá o ciclo "Zanfona en feminino" con concertos e cursos para reivindicar o papel das mulleres
A programación desenvolverase entre setembro e outubro con propostas musicais e formativas que reunirán referentes internacionais e novos talentos arredor deste instrumento
Lugo abre o novo curso político coa mirada nas eleccións de 2027
O Goberno do Partido Popular afronta os seus primeiros meses completos na Alcaldía mentres PSOE e BNG intensifican a oposición
Aldara Meilán inaugura as escolas deportivas da Escola Atlética Lucense
A atleta lucense estará este mércores, 9 de setembro, cos máis pequenos na pista da Cidade Cultural, onde poderán coñecela, facerlle preguntas e fotografarse con ela
O xadrez tomará Lugo cunha exhibición simultánea e o II Torneo Xadrez no Camiño
A xornada celebrarase o 13 de setembro no edificio multiúsos da Xunta de Galicia e contará coa participación do gran mestre serbio Aleksa Strikovic




