LugoXa
Xa está todo listo para a XIX edición do Maratón de Fútbol Sala de Castroverde
O torneo disputarase no Pavillón da Ferrería e repartirá premios económicos e trofeos entre os mellores equipos clasificados
A Plataforma en Defensa da Sanidade e das Especialidades do HULA activa unha canle directa de queixas
A iniciativa, integrada na Federación de Asociacións Veciñais de Lugo “Lucus Augusti”, permitirá trasladar incidencias sobre a atención sanitaria en toda a provincia
Kid Mount é o primeiro artista confirmado para o II Festival Soa Suarna
O evento, que se celebrará o 22 de agosto en Navia de Suarna, combinará tradición e novas propostas culturais na montaña lucense
Rubén Arroxo presenta a súa candidatura á Alcaldía de Lugo co respaldo de Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG amosa a súa confianza en que os nacionalistas lideren un novo goberno de progreso na cidade tras as eleccións municipais de 2027
A asociación veciñal do Centro reclama máis participación e solucións para os principais problemas do barrio
Os residentes trasladan á alcaldesa demandas relacionadas co estado das rúas, o ruído, a mobilidade e o futuro de infraestruturas estratéxicas para a zona histórica
O Concello de Pol abre o prazo para comunicar as fogueiras de San Xoán 2026
Será necesario facilitar os datos da persoa responsable da fogueira, incluíndo nome e apelidos, número de DNI, enderezo de residencia e a localización exacta onde se vai realizar a queima
O novo delegado da Xunta visita Outeiro de Rei para coñecer as necesidades do concello
Entre as actuacións previstas figura a obra de reforzo do firme ao longo dos 11 quilómetros da estrada autonómica LU-115, de conexión con Castro de Rei, que xa foi adxudicada
LugoXa | RibeiraSacraXa
Os Lóstregos Lucus impulsan o VIII Desafío Lostrego pola Ribeira Sacra en apoio á candidatura da UNESCO
O motoclub lucense celebrará o 13 de xuño unha ruta de 380 quilómetros para todo tipo de motos coincidindo coa decisión internacional sobre “Ribeira Sacra. Paisaxe da auga”
Unha conferencia analiza o impacto dos videoxogos na saúde mental en Lugo
O psicólogo e investigador Juan Francisco Navas Pérez abordará os mecanismos de deseño que poden favorecer o uso problemático dos videoxogos nun acto aberto ao público na Casa do Saber
Adrián Núñez, antigo xogador do CB Breogán: “Nin no baloncesto nin nos xulgados me gusta saír derrotado”
Falamos con Adrián Núñez Fernández, antigo xogador do CB Breogán
A UNED de Lugo impulsa unha nova edición da Inspección de Primavera para avaliar a saúde do río Miño
A actividade de voluntariado ambiental celebrarase o 15 de xuño e permitirá á cidadanía participar na análise do estado ecolóxico do ecosistema fluvial
Saá pecha o curso de restauración de mobles impulsado polo programa Mans Artesás da Deputación
A iniciativa formativa reuniu participantes durante 24 horas de aprendizaxe práctica e forma parte dun programa que levará máis de 100 actividades artesanais por toda a provincia
Lugo recupera a Mesa Local de Comercio tras cinco anos sen convocatorias
O órgano de participación analizará medidas de dinamización comercial, apoio á conciliación e iniciativas para reforzar o consumo de proximidade
O BNG pide ao Goberno local información sobre as actividades de conciliación previstas para o verán
Maite Ferreiro reclama que o Concello detalle canto antes a programación e o número de prazas para facilitar a organización das familias lucenses
As piscinas de verán de Frigsa abrirán o 15 de xuño e manterán as tarifas da pasada tempada
As instalacións municipais permanecerán operativas ata o 15 de setembro e o Concello manterá aberta unha das piscinas climatizadas durante os meses de verán
A USC abre a inscrición para un curso de verán sobre o uso das micorrizas na produción agroforestal
O Campus Terra de Lugo acollerá do 8 ao 11 de xullo unha formación teórico-práctica centrada na sustentabilidade e na mellora dos sistemas produtivos mediante asociacións simbióticas entre fungos e plantas
Galicia estrea as Rutas Enoturísticas das IXP de Viño para descubrir o territorio a través da cultura vitivinícola
As xornadas celebraranse o 16 de xuño no Pazo de Goiáns, en Boiro; o 22 de xuño no Pazo de Trasalba, en Amoeiro; o 29 de xuño no Pazo de Mariñán, en Bergondo; o 3 de xullo no Mosteiro de Poio; e o 13 de xullo na Casa do Cazador, en Negueira de Muñiz
Guntín pon en marcha CampaGuntín, un obradoiro infantil de verán para favorecer a conciliación das familias
A iniciativa desenvolverase entre o 29 de xuño e o 28 de agosto con actividades deportivas, xogos, piscina e propostas de lecer para nenas e nenos a partir de 3 anos
O ciclo Experimenta! achegará a Lugo tres xornadas de música e audiovisual de vangarda
Os xardíns do Pazo de San Marcos e a Capela de Santa María acollerán do 21 ao 23 de xullo actuacións de Rüdiguer, Matsu e Gazela
Aspnais celebra seis décadas de historia coa presentación do libro "60 anos, 100 olladas"
A publicación rende homenaxe ás persoas que contribuíron ao crecemento dunha entidade referente no apoio ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias
A Fonsagrada abre o prazo de inscrición para os campamentos de verán de 2026
As solicitudes poderán presentarse entre o 8 e o 17 de xuño para participar nun programa dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos




