Novas de Castroverde
O PP de Castroverde reclama acceso ás facturas do alumeado público e denuncia falta de transparencia
Os populares solicitan a documentación de 2025 para comprobar se existen cobros por traballos xa incluídos no contrato de mantemento
Castroverde rehabilitará o antigo lavadoiro de Souto de Torres cun investimento de preto de 30.000 euros
O proxecto permitirá recuperar este espazo tradicional situado a pé do Camiño Primitivo para poñelo en valor entre veciñanza e peregrinos
Castroverde acolle a presentación do libro 'Cousas do Ceo' de Ana María Pérez Veiga
O CPI Plurilingüe de Castroverde celebrará o acto o vindeiro 28 de maio ás 16.00 horas cunha mostra de imaxes do ceo nocturno captadas en lugares con baixa contaminación lumínica
Ponse en marcha na provincia de Lugo a segunda edición da Semana do Patrimonio Invisible
O prazo de inscrición para participar nestas visitas guiadas abre o xoves 28, ás 12.00 horas
Amigos do Patrimonio de Castroverde participará no XVI Encontro de Asociacións Culturais
A entidade tomará parte na xornada organizada na contorna da ría de Ares cun percorrido de 8,5 quilómetros e diversas actividades culturais
Alumnos de A Coruña, Ourense, Guitiriz, Monforte e Castroverde proban os seus drons na liga Marker Drone
Os estudantes de 2º de ESO, competirán no Coliseum da Coruña coas solucións que crearon orientadas a previr accidentes laborais en traballos en altura
O BNG de Castroverde critica a retricción do uso do pavillón e pide aclaracións sobre as escolas deportivas
Considera que o anuncio de que van poñer en marcha escolas municipais é "dubidoso" porque nos orzamentos 2026 non figura ningunha partida específica destinada á creación das escolas
Amigos do Patrimonio de Castroverde reivindican o valor dos fornos do cal cun percorrido e música
A actividade combinou unha ruta polos enclaves tradicionais de Rebordaos cun concerto de Son de Corda no Centro Social Paco Pestana
A Asociación de Veciños de Miranda organiza unha ruta reivindicativa pola Vía XIX en defensa do rural
A xornada nace cun marcado carácter reivindicativo, reflectido no chamado 'Decálogo do novo rural galego', no que se recollen dez puntos clave para o desenvolvemento do territorio
Castroverde pon en marcha un servizo de consultas psicolóxicas para persoas adultas
O servizo está coordinado pola psicóloga xeral sanitaria Giulia Sacchi, colexiada e rexistrada oficialmente, quen será a encargada de prestar a atención especializada
San Xulián de Pereiramá celebrará as súas festas en honra á Virxe das Ermidas con música e tradición
O dúo Obicé, en sesión vermú, porá o broche final ás celebracións o domingo
Castroverde dá comezo á Semana Santa cun amplo programa de actos relixiosos e culturais
A programación inclúe procesións, misas e concertos entre o 28 de marzo e o 5 de abril
O local da asociación de veciños Faxilde-A Pumarega foi mellorado cunha subvención da Xunta
A convocatoria, dotada con 3 millóns de euros, financia obras, equipamento e melloras en infraestruturas comunitarias
Abraham Cupeiro protagonizará dous concertos en Castroverde como parte da súa xira de 2026
O multiinstrumentista sarriao combina tradición, instrumentos históricos e música contemporánea nunha proposta única
Castroverde presenta o programa da Semana Santa 2026 con procesións, misas e concertos
As actividades desenvolveranse entre o 28 de marzo e o 5 de abril con actos relixiosos e culturais en distintos puntos do municipio
Castroverde rende homenaxe a Julia Monasterio López polo seu centenario
O Concello entrega unha placa conmemorativa á veciña de Bolaño nunha celebración polo seu 100 aniversario
A unidade móbil da ITV desprazarase a Castroverde para revisar vehículos agrícolas
O servizo estará no mercado gandeiro os días 17, 18, 23 e 26 de marzo e requirirá cita previa para realizar as inspeccións
Castroverde celebrará do 10 ao 12 de abril a cuarta edición do seu Concurso de Tapas
Sete establecementos competirán durante tres xornadas cunha ampla variedade de propostas gastronómicas en horario de mediodía e noite
Hugo Bal presenta unha tese sobre a fauna do Pleistoceno Superior nas Serras Orientais de Galicia
A investigación analiza máis de 14.000 restos faunísticos de tres xacementos das serras orientais e reconstrúe 40.000 anos de ocupación humana
Organizan a charla “Coñecendo o cancro” en Castroverde
A doutora Begoña Campos ofrecerá unha sesión informativa aberta ao público o xoves 26 de febreiro no local social Paco Pestana
Borja López: “Necesitamos a implicación das institucións para seguir promovendo o deporte”
Borja López Adrio, presidente do Castroverde Fútbol Sala, valora positivamente os primeiros 20 anos do club e destaca as escolas deportivas, que promoven o deporte e o ocio entre os máis pequenos da contorna





