Novas de Lugo
O Auditorio Gustavo Freire recibe este domingo a obra familiar ‘A viaxe do señor López’
A proposta de Señor López Produccións representarase ás 18.30 horas en Lugo e está recomendada para nenos e nenas a partir dos seis anos
O BNG preguntará polo futuro da promoción do galego en Lugo tras a eliminación da área específica
Maite Ferreiro levará ao pleno municipal a política lingüística do goberno do PP e reclamará medidas para impulsar o uso social do idioma tras un verán sen actividades específicas
O ciclo "Taiwán na pantalla" achega catro películas sobre unha illa en transformación
O Club Cultural Valle-Inclán, coa colaboración da Escola Oficial de Idiomas de Lugo, organiza as proxeccións do 26 ao 30 de outubro en O Vello Cárcere, ás 19:30 horas, con entrada gratuíta
A Sociedade Micolóxica Lucus celebra o seu 25º aniversario cun ciclo de conferencias sobre micoloxía e natureza
O programa reunirá en Lugo especialistas de referencia na investigación e conservación dos fungos os días 30 de outubro, 16 de novembro e 12 de decembro
ShoHai levará o seu rap á Sala Tebras de Lugo o 14 de novembro
O artista zaragozano actuará ás 21:30 horas dentro da súa cuarta xira en solitario, cun repertorio que combina temas dos seus catro discos propios e cancións de Violadores del Verso
Nico Adega logra a prata mundial de maratón KL3 na Arxentina
O padexeiro lucense remata segundo tras unha final moi igualada que se resolveu nos últimos 100 metros, con Juan Valle como campión do mundo
A Fundación Breogán equipa o equipo de PRODEME de Monforte ante a Copa Campións
Os deportistas recibiron as novas equipacións nun acto coa participación de representantes do club e da UNED de Lugo que reivindicou o baloncesto como ferramenta de inclusión
A asociación Porta de Lugo reclama un local social para dinamizar o barrio do Sagrado Corazón
A entidade veciñal denuncia a falta dun espazo para organizar actividades formativas, propostas de lecer e encontros entre residentes e pide aproveitar inmobles municipais que están baleiros
O Pazo de Feiras de Lugo licita por 1,58 millóns a terceira fase da súa modernización
Os traballos centraranse na reparación da cuberta do pavillón 2 e na mellora da eficiencia enerxética das instalacións
O Festival de Jazz de Lugo conmemora o centenario de Miles Davis e John Coltrane con dous concertos
O Círculo das Artes acollerá as actuacións de James Carter Organ Trío, o 5 de novembro, e Erik Truffaz e Antonio Lizana, o día 13
As Carballeiras reclama ao Concello de Lugo que reactive a fonte do Rei tras un mes de reparacións
A asociación veciñal pide acelerar os traballos e establecer un mantemento periódico para evitar o deterioro deste elemento ornamental, situado nun dos principais accesos ao casco histórico de Lugo
Licitada a construción dunha beirarrúa ao lado do colexio Virxe da Soidade, nas Gándaras
A actuación no barrio das Gándaras busca mellorar a seguridade viaria e retoma un proxecto previsto desde 2017
Lugo organiza unha excursión a Ferrol con motivo da botadura dunha nova fragata
A visita do 27 de outubro inclúe unha parada no Museo Naval e outros lugares destacados da cidade ferrolá, con inscrición gratuíta no Centro de Convivencia Fingoi
USC e Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas renovan o convenio para financiamento de estudos predoutorais
A sinerxía entre ambas as entidades dá pulo á formación de persoal investigador na Universidade de Santiago de Compostela
Rubén Arroxo levará a experiencia de Lugo en políticas lingüísticas a un encontro europeo en Pamplona
O portavoz do BNG participará nun debate sobre a promoción das linguas minorizadas, no que compartirá iniciativas desenvolvidas durante os sete anos da formación no goberno municipal, como o programa Enredando co Galego
Eventos
Lugo acolle unha xornada sobre o folclore infantil e a transmisión da memoria a través da tradición oral
A décimo novena edición da cita celebrarase o sábado 24 de outubro na Deputación, cun programa de conferencias, mesas redondas e actividades prácticas arredor da lingua, os cantos e os xogos tradicionais
Tres xadrecistas lucenses compiten en Croacia como únicos representantes españois nun torneo internacional
Adán Carballido, Pedro Fernández e Diego Vázquez participan no V Open Internacional Arsenal Hvar 2026, que reúne xogadores de distintos países na illa de Hvar ata o 25 de outubro
O Grupo Socialista acusa a Candia de retirar fondos a nove proxectos para financiar San Fiz
Ana González Abelleira critica a transferencia de 1,89 millóns de euros e reclama explicacións sobre as alternativas estudadas e o futuro das actuacións afectadas
Besteiro presenta as candidaturas do PSdeG por Lugo para as eleccións xerais do 29 de novembro
O secretario xeral do PSdeG-PSOE tamén expresou o seu apoio ás mobilizacións sindicais convocadas para o 11 de novembro
Xulio do Canelo e Yolanda Díaz Gallego recibirán os Premios Mestras e Mestres da Memoria 2026 en Lugo
A gala celebrarase este venres 23 de outubro, ás 18:00 horas, na sala de exposicións da Deputación, cun acto de entrada libre que contará con música de Secho
O Club de Natación PortaMiñá comeza a tempada cos seus equipos masculino e feminino en Primeira División Nacional
O club lucense afronta unha tempada histórica tras o ascenso do ano pasado e convértese na primeira entidade galega que conta con ambos os equipos nesta categoría
A intelixencia artificial e a inclusión centran unhas xornadas de Xustiza e Diversidade con máis de 150 inscritos
O Vello Cárcere acolle un encontro sobre o potencial da robótica e a domótica para mellorar a autonomía persoal, así como sobre a violencia de xénero e a discapacidade











