Novas de Lugo
O PP denuncia que unha ponte da LU-P-2405 en Guntín segue sen protección case dous anos despois de reclamar a súa reparación
Os populares alertan do risco de caída ao río pola falta de varandas e o afundimento da zona interior da estrutura e esixirán de novo unha intervención da Deputación
Os Xílgaros de Lugo celebran a XI Foliada Magosto con música, baile e castañas gratuítas
A cita terá lugar o sábado 14 de novembro, a partir das 19:00 horas, na Taberna do Pazo, coa participación de oito asociacións e grupos tradicionais e unha foliada aberta ao remate das actuacións
O COAG acolle unha conferencia da directora do Museo Arqueolóxico Nacional sobre o presente e o futuro da institución
Isabel Izquierdo Peraile repasará a historia do museo, os seus fondos e a reforma integral realizada entre 2008 e 2014 nunha charla que terá lugar ás 19:30 horas na sede do COAG en Lugo
O BNG reclama que os contedores do centro de Lugo se coloquen só en horario nocturno
A formación levará o asunto á comisión municipal tras recibir queixas pola presenza de colectores nas rúas do casco histórico durante o día e pide revisar o cumprimento das condicións do servizo de recollida de lixo
Unha vintena de obradoiros de artesanía chegarán á provincia de Lugo en novembro co programa Mans Artesás
A deputada Iria Castro participou na clausura do curso de cestería impartido por Beatriz Valín en Labio, unha iniciativa que achega os oficios tradicionais ás asociacións culturais e veciñais
A AESIA organiza en Lugo un encontro aberto á cidadanía para debater sobre a intelixencia artificial
A actividade celebrarase este venres 6 de novembro, ás 12:45 horas, na Deputación Provincial e abordará cuestións como o uso responsable da IA e a detección de contidos falsos
O PSOE acusa a Candia de desviar os fondos de Novo Norte cara a actuacións temporais e gastos xa previstos
Ana González Abelleira critica que o Goberno local destine recursos europeos a aparcadoiros, obras e actividades de Nadal mentres seguen pendentes os dous grandes proxectos de transformación da zona norte
A Hedreira programa danza, cinema, memoria colonial e gastronomía para novembro
O centro social lucense desenvolverá catro propostas ao longo do mes, entre elas un cinefórum sobre o pobo saharauí, unha presentación de investigacións sobre memoria colonial e unha degustación de produtos elaborados con landras
Unha xornada de fútbol a pé celebrarase en Lugo para dar a coñecer esta modalidade deportiva inclusiva
A actividade terá lugar o sábado 7 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, no campo da Polvoreira e está organizada pola AD Legado San Roque FAP, primeiro club desta modalidade na cidade
O Club de Billar Adai adaptará os baños do seu local social para garantir a accesibilidade universal
O proxecto, apoiado pola Deputación de Lugo e o Concello do Corgo, busca eliminar barreiras arquitectónicas na antiga escola de Adai, situada na Reserva da Biosfera Terras do Miño
A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy organiza un obradoiro sobre desenvolvemento afectivo-sexual para familias
A actividade, dirixida a familias con crianzas de entre 5 e 7 anos, celebrarase o sábado 7 de novembro e será impartida por profesionais do Colexio de Enfermaría de Lugo
A filosofía do Club Judo Lugo: aprender a levantarse dentro e fóra do tatami
Fundado en 1981, o club conta con arredor de 250 licenzas e aposta polo deporte base, a educación en valores e unha práctica adaptada a todas as idades
O tráfico en Fontiñas pon sobre a mesa a necesidade de novas fórmulas de aparcadoiro en Lugo
O BNG considera insuficientes os tres aparcadoiros anunciados polo PP e lembra a súa proposta de construír un de dous niveis na rúa Primavera, mentres que arquitectos lucenses avalan a viabilidade desta fórmula, implantada noutras cidades
O BNG considera insuficiente o aparcadoiro de 27 prazas que propón o PP para a rúa Primavera
Rubén Arroxo defende a alternativa da súa formación, que permitiría habilitar preto de 100 estacionamentos na parcela situada entre a rúa Primavera e o Carril das Flores
Analizan en Lugo os novos desafíos da defensa e a seguridade ante o avance da intelixencia artificial
As primeiras Xornadas de Defensa da UNED reuniron especialistas en xeopolítica, conflitos internacionais, ciberseguridade e dereitos fundamentais para reflexionar sobre os retos do século XXI
O PSOE denuncia que a Fonte do Rei leva case seis meses sen funcionar e esixe a súa reparación
Ana González Abelleira acusa o Goberno de Elena Candia de manter paralizada a actuación e critica que o espazo continúe inutilizado malia ser unha das principais entradas á cidade pola zona sur
Lugo analiza a Transición democrática nunha mesa con especialistas en historia contemporánea
O encontro, organizado pola Fundación Luis Tilve e a Deputación o xoves 5 de novembro, abordará o proceso de cambio político en España, as súas particularidades en Galicia e perspectivas menos estudadas
A campaña 'O Mercado sabe a Outono' regalará castañas asadas ás persoas que compren nos mercados de Lugo
A iniciativa municipal, que conta co apoio da Xunta, desenvolverase os días 5, 6, 7, 9 e 10 de novembro para incentivar as compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros
Lugo acollerá as II Xornadas de Análise do Pensamento Galego, centradas en Ramón Piñeiro
A iniciativa, organizada por Egeria e Brandán Comunicación, celebrarase do 5 ao 7 de novembro en Lugo e Láncara baixo o título "Saudade de Ramón Piñeiro" e incluirá unha exposición, unha nova web e a presentación dun libro
A Milagrosa celebra este venres unha festa de outono con castañas, inchables e música en directo
A Asociación Milagrosa Convive organiza unha castañada familiar este 6 de novembro, entre as 18:00 e as 23:00 horas, con actividades infantís e animación musical




