Novas de Lugo
O cemiterio de San Froilán recupera as visitas teatralizadas con catro personaxes da memoria popular lucense
A actividade, a cargo do grupo Achádego, celebrarase o domingo 15 de novembro ás 17:30 horas e será gratuíta, cun aforo máximo de 50 persoas
Comenza unha nova campaña das foodtrucks Galicia Sabe Amar
A conselleira do Mar participa na presentación das catro unidades móbiles en actos en Vigo, Ribadavia (Ourense), Lugo, A Coruña e Ferrol
A Rede Museística inaugura 'Raíces de Ceo' para iniciar os 20 anos de 'Culturas en Diálogo'
A exposición fotográfica de Cris Bamio, comisariada por Encarna Lago, reúne o resultado dun proxecto colectivo no que participaron máis de 200 mulleres e inaugura dous meses de actividades arredor do Museo da Migración
O Concello de Lugo incorpora sete novas auxiliares administrativas a distintas áreas municipais
Tres cubrirán prazas vacantes na área de Participación Cidadá e as outras catro incorporaranse como funcionarias de carreira a Arquivo, Licenzas, Arquitectura e Rexistro
Adrián Noia presenta en Lugo a novela 'O silencio non arrola', Premio SELIC 2025
A presentación celebrarase o sábado 14 de novembro, ás 20:00 horas, na Despensa de Saa, nun acto no que estará acompañado por Ánxela Gracián e Ana Arias
O BNG acusa o PP de manter paralizada a nova Ordenanza de Contaminación Acústica de Lugo
Rubén Arroxo reuniuse con colectivos veciñais para presentar o texto elaborado polo anterior goberno, que actualiza a normativa de 1999 e incorpora ferramentas para sancionar ruídos e comportamentos que impidan o descanso
Galicia Ilusiona regresa este 2026 coa actuación de seis figuras internacionais en oito cidades
Tras catro edicións, o evento converte a comunidade en referente da maxia do 20 de novembro ao 13 de decembro
Olalla Rodil chama a secundar a folga xeral do 11N contra a carestía da vida e a precariedade
A candidata do BNG ao Congreso por Lugo apoia a mobilización convocada pola CIG e reclama un plan de choque para facer fronte ás dificultades de acceso á vivenda e á perda de poder adquisitivo
Licitan por 603.323 euros o control externo da limpeza viaria e da recollida de lixo
O Concello contratará durante cinco anos un servizo de supervisión independente que xa estaba previsto no contrato de 2022, pero que non chegou a implantarse nas tres primeiras anualidades
O Ceao e As Gándaras volverán sentar á súa comunidade empresarial á mesa o 20 de novembro
A iniciativa de AEPOCAG estará aberta tanto a empresas asociadas como non asociadas para fomentar os contactos e a colaboración profesional
A Piringalla, protagonista dunha ruta narrada para descubrir a súa historia e identidade
A Asociación Cidadá Agra dos Castros organiza este sábado unha actividade para percorrer o barrio desde unha perspectiva diferente, combinando memoria, territorio e emocións
O CD Lugo achegará os seus xogadores á afección cunha sinatura de camisetas na praza de San Marcos
O encontro cos seguidores terá lugar este martes 10 de novembro, a partir das 17:00 horas, despois da vitoria por 0-1 ante o Cacereño no último partido fóra da casa
Lóstregos Lvcvs Moto Club organiza o IV Motoxubileo cunha rifa solidaria a favor de Somos Unidos por el Cáncer
A cuarta edición do Motoxubileo busca recadar fondos para a asociación Somos Unidos por el Cáncer e fai un chamamento aos motoclubs, afeccionados ás motos e empresas lucenses para que colaboren con doazóns
A Escola Deportiva Shihan logra dous ouros e unha prata na Liga Nacional Infantil de karate en Ourense
Xoán Rosa e Ian Pulido proclamáronse campións en kata, mentres que Gael Gayoso conseguiu a prata na mesma categoría
A Deputación de Lugo e a Sociedade Micolóxica Lucus amosan este domingo preto de 250 especies de cogomelos no Pazo de San Marcos
A mostra permite coñecer de preto a diversidade fúngica do territorio e contará coa atención de especialistas para resolver dúbidas do público
O Alpha Wolf Pack de Lugo logra varias medallas na ‘Costa da Morte Cup’ de Jiu Jitsu Brasileiro celebrada en Sada
A localidade coruñesa acolleu o sábado unha competición desta arte marcial que xuntou uns trescentos deportistas procedentes de distintos puntos de España
ALUCEM pon en marcha dous novos programas de apoio e estimulación cognitiva en Lugo
As iniciativas, financiadas polo Plan de Prioridades da Fundación ONCE, están dirixidas a persoas con esclerose múltiple e a maiores de 55 anos
Óscar Rodríguez, campión do mundo de oratoria: "Galicia ten máis campionatos do mundo ca o resto de España"
O lucense gañou o Mundial de Oratoria en Español 2026 en Colombia tras quedar subcampión en 2024. A súa traxectoria comezou cunha lesión que o afastou do baloncesto e unha frase dun profesor que o levou ao debate, unha disciplina que hoxe promove entre os mozos a través da asociación Más Debate
O BNG denuncia "centos de facturas sen pagar" a autónomos e pequenas empresas no Concello de Lugo
A concelleira nacionalista asegura que o goberno municipal mantén sen abonar preto de 500 facturas e reclama o seu pagamento inmediato aos profesionais afectados
A Fundación Breogán de Lugo recibe o 14º Premio Dano Cerebral Galicia - Miguel Blanco
A entidade foi distinguida polo seu compromiso coa igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade a través do deporte




