Novas de Lugo
O BNG avanza na elaboración da súa candidatura para as eleccións municipais de 2027 en Lugo
A formación nacionalista celebrou a primeira asemblea local para recoller propostas da militancia de cara á lista electoral
Comeza a restauración da capela da Virxe dos Ollos Grandes da Catedral de Lugo
A intervención, cun investimento de case 500.000 euros, actuará sobre a arquitectura, o baldaquino e a imaxe da Virxe
A Escola de Música de Lugo retoma a actividade con 450 matrículas
O alumnado escollerá os horarios os días 7 e 8 de outubro e as clases comezarán o día 13
As inmediacións das farmacias contarán Lugo con prazas de estacionamento limitado
O programa piloto "Punto Farmacia" permitirá aparcar entre 10 e 20 minutos para facilitar o acceso aos medicamentos
O Goberno local transforma o antigo Parque de Enerxías Alternativas do Ceao nun aparcadoiro disuasorio de 116 prazas
A actuación, unha das primeiras do PAI Novo Norte, conta cun investimento próximo aos 400.000 euros e está cofinanciada nun 60 % con fondos europeos
O BNG reclama completar a restauración das pilastras danadas da Ponte Romana de Lugo
Alexandre Penas advirte de que a intervención definitiva debería executarse durante a época de menor caudal do río e asegura que xa existe unha partida nos orzamentos de 2026
Lugo achega o funcionamento do Concello ao alumnado dos centros educativos
O programa ‘Coñece o teu Concello’ comezou cunha visita de medio cento de escolares de As Mercedes e continuará cada mércores con novos colexios
Caixa Rural Galega conmemora en Lugo o seu 60 aniversario con preto de 200 empregados
A entidade reuniu na finca Val Dúas Soños o seu persoal actual e xubilado xunto aos membros do Consello Reitor para celebrar seis décadas de historia
O comercio local de Lugo volverá saír á rúa o martes 29 de setembro
Arredor de 80 establecementos participarán nunha nova edición de Comercio na Rúa, unha iniciativa que se celebra o último martes de cada mes
O BNG de Lugo reclama que a Xunta asuma os comedores escolares e as escolas infantís
Iria Buide cifra en máis de 2,7 millóns de euros as partidas municipais de 2026 para estes servizos e reclama que a Administración autonómica asuma a súa xestión
O PPdeG reclama ao Goberno central avances nas infraestruturas viarias pendentes en Lugo
Paula Prado, Elena Candia e Antonio Ameijide centran as súas críticas nos atrasos da A-54 e A-56 e no estado doutras estradas da provincia
Os sindicatos convocan folgas no metal de Lugo o 14 e o 21 de outubro
CIG, UGT e CCOO denuncian a falta de avances na negociación dos convenios e anuncian unha concentración o 1 de outubro no acceso ao Ceao
A USC recoñece con seis premios traballos que incorporan a perspectiva de xénero na docencia e na investigación
Na categoría de docencia, o primeiro premio foi para Luzia Oca González polo proxecto desenvolvido no primeiro curso do Grao en Nutrición Humana e Dietética, no Campus de Lugo
A arte de dúas irmás palestinas chega a Lugo para poñer rostro á vida das mulleres en Gaza
A exposición "Mulleres de Gaza" inaugúrase o luns 28 de setembro na Deputación e reúne 20 obras de Nour e Anwar Abu Rayan
O PP alerta de que o Goberno central segue sen poñer data á apertura da intermodal de Lugo
Os senadores populares aseguran que o Executivo confirmou por escrito que Adif aínda prepara a documentación para a posta en servizo da estación
O BNG denuncia que Lugo paga máis de 1,6 millóns ao ano polo Canon da Auga sen investimentos da Xunta
Cristina López critica o "nulo retorno" da taxa e reclama que os fondos se destinen a ampliar e manter as redes de abastecemento e saneamento
A Deputación destina 18.000 euros ao Club Emevé para impulsar a participación feminina no voleibol
A axuda financiará o proxecto "Impulsando a enerxía feminina" do club lucense, que mantén equipos femininos e masculinos desde a base ata a competición nacional
Concentus Lucensis abre nova tempada con oito concertos gratuítos e dous recitais en Suíza
A formación inicia este sábado na Catedral de Lugo o seu programa 2026-2027, que combina música sacra, patrimonio e colaboracións con músicos e entidades europeas
A Festa da Troita con Xamón reunirá este domingo a máis de 500 veciños do rural de Lugo
A cuarta edición do encontro congregará no barrio da Ponte representantes de 25 parroquias e incluirá a entrega dos recoñecementos "Amiga/o do Rural" e unha demostración de cestería tradicional
As Carballeiras reclama ao Concello o arranxo urxente dunha marquesiña de autobús en Ramón Ferreiro
A asociación veciñal denuncia que a estrutura situada fronte á Facultade de Formación do Profesorado presenta danos desde hai meses e pide recuperar canto antes a súa plena funcionalidade
A Feira do 48 de Cántigas e Frores regresa este sábado á Praza Maior cunha xornada de música e tradición
A celebración, adiada en dúas ocasións pola meteoroloxía, reunirá o 26 de setembro artesanía, baile, monicreques e diferentes propostas musicais no centro de Lugo
Ponse en valor o traballo das agrupacións e colectivos que fan posible o San Froilán 2026
Representantes de entidades e formacións locais participaron nunha foto de familia antes da apertura este sábado das casetas do polbo e das barracas




