Novas de Palas de Rei
Palas de Rei organiza unha andaina, actividades educativas e obradoiros polo 25N
A programación desenvolverase do 21 ao 30 de novembro e incluirá a VIII Andaina contra a Violencia de Xénero, un minuto de silencio e a lectura dun manifesto na Praza do Concello
Violeta Rodríguez asume a presidencia de Ulloa Viva e Denís Bermúdez será o novo tesoureiro
A asemblea celebrada en Palas de Rei aprobou ambos nomeamentos con máis do 98 % dos votos emitidos. A nova dirección aposta por manter a mobilización social e reforzar a vía xudicial contra o proxecto de Altri
Palas de Rei celebrará o 21 de novembro a VIII Andaina contra a Violencia de Xénero ata o Castelo de Pambre
A marcha partirá ás 11:00 horas da Casa do Concello e percorrerá oito quilómetros pasando polas parroquias do Carballal, Curbián, A Ulloa e Sambreixo. A participación é gratuíta, pero require inscrición previa
Palas de Rei habilitará un punto informativo sobre o colector marrón
O servizo estará dispoñible este mércores, de 10:00 a 13:00 horas, na Praza do Concello, para resolver dúbidas sobre a recollida de residuos orgánicos
A Biblioteca Municipal de Palas de Rei reabre as súas portas o 2 de novembro
O servizo estará dispoñible en horario de tarde, de 16:30 a 20:00 horas
O CEIP Plurilingüe Palas de Rei celebra 50 anos de historia, aprendizaxe e compromiso coa comunidade
O centro conmemora o seu medio século de traxectoria o vindeiro 28 de novembro cunha xornada de actividades, música, gastronomía e encontro entre xeracións para poñer en valor o seu legado educativo
Palas de Rei celebrará o 21 de novembro a VIII Andaina contra a Violencia de Xénero ata o Castelo de Pambre
A marcha partirá ás 11:00 horas da Casa do Concello e percorrerá oito quilómetros pasando polas parroquias do Carballal, Curbián, A Ulloa e Sambreixo. A participación é gratuíta, pero require inscrición previa
Palas de Rei mellora o acceso a Pidre para facilitar o transporte pesado e a actividade forestal
A variante beneficiará uns 260 veciños e permitirá a entrada de camións e autobuses, ademais de mellorar o acceso a máis de 300 hectáreas de superficie forestal
A apertura do acceso á A-54 desde Remonde mellora a conexión de tres parroquias de Palas de Rei
O BNG celebra a posta en servizo da conexión directa, pero reclama recuperar o abastecemento do pozo comunal e reparar a estrada entre Remonde e O Coto
Ulloa Viva alerta da falta de auga no Ulla ante a captación prevista por Altri
A plataforma difunde imaxes da chegada do río ao encoro de Portodemouros, onde denuncia baixos caudais e un avanzado proceso de eutrofización
Palas de Rei sitúa a súa taxa de desemprego por baixo do 5%, a menor da zona
O municipio pasa do máximo do 18,62% alcanzado en 2012 a unha taxa considerada residual, mentres o Concello confía en que novos proxectos xeren máis de 100 empregos
O BNG advertiu en Palas de Rei sobre a situación da sanidade pública
Montse Prado foi contundente ao sinalar que a situación actual “non é froito da casualidade nin apareceu dun día para outro”, senón que responde, segundo defendeu, a unha planificación política continuada de debilitamento do sistema público
Palas de Rei contará cunha unidade móbil para tramitar o DNI e o pasaporte en novembro
Os veciños que precisen renovar ou sacar estes documentos deberán reservar cita antes do 16 de novembro, e tamén poderán facelo por teléfono
Eventos
A Serra do Careón acollerá unha saída de campo para localizar a planta Galatella aragonensis
A actividade, organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, celebrarase este sábado e permitirá coñecer a ecoloxía, distribución e conservación desta especie
Palas de Rei acollerá a segunda edición do Benestar Fest con dous días dedicados á saúde e á creatividade
O festival "Sendeiros de creación" celebrarase os días 26 e 27 de setembro cun programa que inclúe ioga, somática, arteterapia, cociña saudable, música contemplativa, Chi Kung, teatro, danza e actividades infantís
Palas de Rei acollerá o 13 de setembro a XII Milla Urbana, unha carreira popular para todas as idades
A proba, incluída no programa E.G.G.E. Homo 2026, terá dúas saídas ás 11:30 horas e contará con categorías desde alevín ata veteráns
Palas de Rei celebrará o 25 de setembro a Festa dos Maiores
O Concello organiza unha nova edición desta celebración, á que están convidados os maiores naturais do municipio, que deberán confirmar a súa asistencia antes do 23 de setembro
A Escola Infantil de Palas de Rei presenta as súas instalacións remodeladas
As actuacións, foron financiadas con cargo a un convenio entre o Consorcio Galego de Servizos Sociais e o Concello por un importe de 48.000 euros
Sergio Alba levará a Palas de Rei o seu espectáculo de humor "Dous rombos... Pasa para a cama"
O show retro-activo repasará con humor os recordos, costumes e vivencias dunha xeración marcada pola chegada da televisión en cor
Palas de Rei converterase nun escenario teatral ao aire libre coa XV edición do Son d´Aldea
San Miguel de Coence, Santiago de Albá e Santo Xusto acollerán os días 4 e 5 de setembro un encontro cultural centrado nas vidas dos caseiros e no patrimonio rural










