Novas de Baralla
Alberto Meira domina o Rally San Froilán e sobe ao máis alto do podio
O piloto de Gondomar impúxose en sete dos oito treitos da proba lucense, mentres José Manuel Lamela e Francisco Dorado completaron as primeiras posicións da clasificación
O Premio Hermann Künig á Hospitalidade recoñecerá en Santiago o labor de Accoglienza Pellegrina e César González Purroy
A Asociación de Amigos do Camiño de Künig entregará o galardón o 20 de outubro no Museo das Peregrinacións, nunha edición que distingue o compromiso coa acollida das persoas peregrinas
Baralla recupera a memoria da emigración cunha exposición de 40 fotografías históricas
A mostra "Nós tamén fomos emigrantes", con imaxes do arquivo da Axencia EFE, poderá visitarse no Centro Sociocultural entre o 16 de outubro e o 20 de novembro, con entrada gratuíta
O BNG de Baralla organiza un acto para informar sobre o "catastrazo" e as reclamacións de atrasos do IBI
A charla celebrarase este sábado no Centro Sociocultural e abordará as consecuencias da actualización catastral e as opcións das persoas afectadas
O PSOE de Baralla levará ao pleno tres mocións sobre o IBI, a atención sanitaria e os trámites da Cámara Agraria
Os socialistas reclaman bonificacións fiscais para o rural e negocios que xeren emprego, un terceiro médico para o municipio e o desprazamento dun equipo da Cámara Agraria
Airiños do Neira Baralla abre un novo curso para achegar a cultura tradicional a todas as idades
A asociación ofrece actividades desde os tres anos, como música e baile tradicional, gaita, percusión, teatro ou cantos de taberna, nun ambiente familiar e participativo
O BNG de Baralla denuncia numerosas deficiencias na remodelación da LU-710 dúas semanas despois da súa inauguración
Os nacionalistas sinalan problemas nas biondas, riscos por desprendementos, deficiencias na drenaxe de augas e carencias de seguridade no paseo peonil e ciclista
A Xunta adxudica por máis de 3,3 millóns de euros a mellora do firme nas estradas LU-633, LU-546 e LU-621
As obras, cun prazo de execución de seis meses, actuarán sobre máis de 63 quilómetros de vías autonómicas ao seu paso por dez concellos lucenses
Xunta e Concello de Baralla abordan novos proxectos para impulsar as infraestruturas e o emprego no municipio
Alfonso Villares destacou o avance das obras nas estradas LU-710 e LU-621 e o desenvolvemento do obradoiro dual Vía Künig
Baralla volverá ofrecer un servizo de autobús ás praias durante xullo e agosto
O Concello habilitará viaxes nas fins de semana con destino a Ares, Foz, Cedeira, Viveiro e Miño mediante reserva previa
Baralla acollerá a XVII Festa do Río de Airiños do Neira cunha xornada de música, tradición e xantar popular
A celebración terá lugar o domingo 5 de xullo de 2026 con actuacións, sorteos e actividades organizadas pola asociación Airiños do Neira
Airiños do Neira celebra en Baralla a súa festa de fin de curso con actuacións e mostra de actividades
O evento terá lugar o 27 de xuño na Praza da Vila e contará con exhibición das escolas, manualidades e colaboración municipal
O PSdeG de Baralla alerta de problemas de liquidez municipal
O grupo socialista denuncia demoras de ata dous anos en pagos e reclama máis transparencia e mellor xestión ao goberno local
Eventos
A Xunta rexeita o parque eólico Navallos en Castroverde e Baralla polo seu impacto sobre a avifauna
Este organismo advirte de que a acumulación e concentración de aeroxeradores na zona provocaría un importante efecto sinérxico e acumulativo sobre as poboacións de aves e morcegos presentes na contorna
A rede viaria autonómica de Lugo afronta novas obras de mellora do pavimento
O investimento supera os 3,6 millóns de euros e permitirá mellorar o firme e a seguridade viaria en vías que atravesan dez concellos lucenses
Transportes inicia as obras de emerxencia no túnel do Neira na A-6 cun investimento de máis de 528.000 euros
Os traballos obrigarán a cortar durante uns tres meses a calzada en sentido A Coruña entre os quilómetros 463,100 e 464,500 da autovía ao seu paso por Baralla
Baralla celebrará o Día das Letras Galegas cunha noite dedicada á lingua, á música e ás tradicións
A programación do 17 de maio incluirá actuacións musicais, unha foliada, pinchos e a participación das Escolas Airiños do Neira e do grupo Caivanca
O PSdeG de Baralla denuncia a falta de información do Concello pola auga turbia nas vivendas
Os socialistas critican a ausencia de avisos oficiais e esixen medidas urxentes para garantir a seguridade sanitaria da veciñanza
Xosé Estévez presenta en Baralla a súa novela 'As tres esposas (unha espiña e dúas rosas)'
O autor lucense, que foi secretario municipal no concello, dedica a obra a unhas 50 persoas xa falecidas coas que tivo relación
A Xunta licita obras de reforzo do firme en tres estradas da Montaña e do sur da provincia de Lugo
Os traballos, cun investimento de máis de 3,6 millóns de euros, actuarán en 63,7 quilómetros de dez concellos








