Novas de Navia de Suarna
O Castro do Teso da Ermida amosará os resultados da súa última campaña arqueolóxica
O xacemento de Navia de Suarna ofrecerá unha visita guiada gratuíta este mércores para dar a coñecer os avances dos traballos e as melloras realizadas para facilitar o seu percorrido
Extinguido o incendio forestal de Navia de Suarna e estabilizado o de Forcarei
Ambos lumes afectan unha superficie conxunta próxima ás 61 hectáreas
Son de Corda homenaxea as poetas da montaña lucense cun ciclo de concertos en cinco concellos
O espectáculo "As poetas da montaña" combina música vocal e literatura para divulgar a obra de doce escritoras contemporáneas, cunha programación que chegará a Becerreá, Lugo, A Pobra do Brollón, A Fonsagrada e Navia de Suarna
Itaca Teatro levará a súa última obra a Navia de Suarna e Meira esta fin de semana
A primeira actuación terá lugar o sábado ás 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural meirense e o domingo chegará á montaña, cunha función ás 19:00 horas na Praza do Concello
A montaña lucense volve mobilizarse para reclamar unha atención sanitaria estable no rural
Veciños de diferentes concellos concentráronse ante o edificio da Xunta en Lugo para denunciar a falta de persoal, o peche de consultorios e as dificultades para acceder á atención primaria
Navia Teatro regresa á praza con ‘Un bosque marabilloso’
O grupo representará este luns 10 de agosto a súa adaptación de ‘O bosque animado’, de Wenceslao Fernández Flórez, na terceira edición consecutiva de Teatro na Praza
Navia de Suarna acollerá a presentación de 'Literatura insólita', a última obra de Armando Requeixo
O acto celebrarase o 19 de agosto na Praciña de Subcastelo e contará coa participación de Toño Núñez e Ulises Bértolo
A Deputación licita a redacción do proxecto para construír unha nova ponte sobre o río Navia
A actuación, cun investimento de máis de 97.000 euros, permitirá avanzar na recuperación da conexión da LU-P-3501, interrompida desde o derrubamento da antiga ponte o pasado mes de xaneiro
Antía Muiño e De Ninghures encabezarán o cartel da segunda edición do SoaSuarna en Navia de Suarna
O festival, que se celebrará o 22 de agosto, reunirá música en directo, artesanía, produto local, obradoiros, xogos tradicionais e unha zona de acampada para reivindicar a cultura no rural
A Deputación inicia o asfaltado da LU-P-3506 en Navia de Suarna dentro da súa rehabilitación integral
A actuación, cun investimento de 325.000 euros, renovará máis de catro quilómetros da estrada que une Louxas co límite provincial de Asturias
Navia de Suarna acollerá unha nova sesión do Cineclube da Montaña centrada nos incendios do Courel
A proxección do documental sobre os lumes de 2022 incluirá un coloquio posterior sobre a protección do territorio e a xestión do monte
A comunidade educativa do CPI de Navia de Suarna pon en valor o patrimonio cultural e lúdico dos Ancares
O acto, celebrado na área recreativa da Proba, reuniu alumnado e veciñanza arredor de tres obras editadas pola Deputación de Lugo que recuperan memoria histórica e xogos tradicionais
Activada a alerta laranxa por fortes chuvias na montaña de Lugo e Ourense e no sur lucense
Segundo os datos da AEMET, durante a xornada deste mércores espéranse acumulacións de ata 30 litrosor metro cadrado nun período dunha hora nas áreas afectadas
Eventos
Navia de Suarna celebrará o festival Navia in Río o 3 de xullo con música, obradoiros e foliada
A Asociación Cultural Deiquí promove unha nova edición dun evento que combina cultura, lecer e natureza nun dos espazos máis singulares da montaña lucense
Kid Mount é o primeiro artista confirmado para o II Festival Soa Suarna
O evento, que se celebrará o 22 de agosto en Navia de Suarna, combinará tradición e novas propostas culturais na montaña lucense
Navia de Suarna acollerá este sábado a sexta edición do recital poético-musical ‘S.O.S. Castelo de Navia’
O encontro cultural reunirá voces de Galicia e Asturias nunha xornada que combinará poesía, música e reivindicación patrimonial
Lugo reuniu centos de estudantes na Festa Correlingua 2026 en defensa da lingua galega
Na cita da capital participaron quince centros educativos procedentes de Lugo, Sarria, Meira, Guitiriz, Monterroso, Quiroga e Navia de Suarna
O Correlingua reunirá en Lugo a centos de estudantes da provincia nunha nova defensa festiva do galego
Na cita da capital participarán quince centros educativos procedentes de Lugo, Sarria, Meira, Guitiriz, Monterroso, Quiroga e Navia de Suarna
O Sindicato Labrego alerta do aumento dos ataques de xabarís a pastos e cultivos na montaña lucense
As explotacións gandeiras reclaman máis medidas preventivas e información sanitaria ante a crecente presenza de fauna salvaxe
A campaña “Merca no teu comercio” arranca este venres en 6 municipios lucenses
As iniciativas, que terán lugar, por un lado, en Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil e, por outra banda, na Fonsagrada, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz, desenvolveranse até o 30 de maio









