LugoXa
O Parque Móbil provincial contará cunha nova escavadora de cadeas de goma
A Xunta de Goberno adxudica tres actuacións na rede viaria provincial e aproba a compra dunha nova escavadora para o Parque Móbil
A Deputación aumenta ata os 80.000 euros o apoio ao Caudal Fest para a súa edición de setembro
A institución provincial incrementa nun 60 % a achega ao festival, que volverá celebrarse os días 18 e 19 de setembro na contorna do río Miño
As Carballeiras denuncia unha fuga de auga que leva máis dunha semana sen reparar na Estrada da Granxa
A entidade advirte da perda continua de auga potable nunha senda peonil e reclama unha actuación urxente do Concello de Lugo
O BNG critica o atraso na contratación da brigada antiincendios tras o lume en Penarrubia
A formación nacionalista asegura que o dispositivo municipal debería estar operativo desde o inicio do verán e acusa ao Goberno local de falta de planificación
Tomás Zazo seguirá no Arenal Emevé e convértese na primeira renovación do equipo masculino para a tempada 2026/27
O oposto de 21 anos continuará ás ordes de José Valle tras completar a súa primeira campaña en Lugo
Javo emociona a Rábade cun pregón cheo de lembranzas, deporte e amor pola súa vila
O atleta rabadense reivindicou as súas raíces nunha intervención na que lembrou a súa infancia, a súa familia e ás persoas que contribuíron a construír a historia do municipio
O Abella FC ascende oficialmente a Primeira Provincial
O club confirmou a súa promoción de categoría e afrontará a próxima tempada un novo reto no fútbol lucense
A veciñanza de Cervantes volverá mobilizarse para reclamar solucións á situación sanitaria do concello
Os protestantes denuncian que o consultorio de Doiras segue pechado e que o centro de saúde de San Román continúa sen unha cobertura médica estable
O BNG esixe a reapertura inmediata ao tráfico da praza de Conde Fontao tras rematar as obras hai máis de dous meses
A formación nacionalista denuncia que as rúas continúan pechadas malia que os traballos vinculados á estación intermodal finalizaron en xuño
COGAMI programa novos cursos gratuítos para persoas desempregadas en Lugo, Santiago e Ourense
As formacións, vinculadas principalmente á administración e aos servizos auxiliares de xardinería, inclúen períodos de prácticas en empresas e permitirán obter certificados profesionais
Miles de persoas seguiron a eclipse total de Sol desde a Muralla, a Praza Maior e o Parque Rosalía
O bo tempo permitiu seguir o fenómeno en condicións óptimas nunha xornada que combinou observación astronómica, actividades divulgativas e propostas culturais para todos os públicos
Mo Dauda reforza o ataque do CD Lugo para a tempada 2026/27
O extremo ghanés chega ao Anxo Carro tras unha ampla traxectoria no fútbol europeo e máis de cen partidos disputados en categorías profesionais do fútbol español
O PPdeG esixe no Senado un calendario definitivo para completar a autovía A-54 entre Lugo e Santiago
Os senadores populares reclaman ao Goberno central datas concretas para a finalización das obras tras varios atrasos nunha infraestrutura considerada estratéxica para Galicia
Casa de Naia celebrará tres días de festa na honra de Santa María
A cita desenvolverase os días 14, 15 e 16 de agosto en Antas de Ulla con actuacións musicais, sesións vermú, actos relixiosos e inchables gratuítos para a rapazada
As piscinas municipais de Castroverde reabren tras recibir resultados favorables das analíticas
O Concello informa de que as instalacións volven estar operativas desde este 12 de agosto tras completar os tratamentos e controis sanitarios necesarios
A CIG-Saúde reclama ao Sergas recuperar a xestión pública dos servizos de dietética hospitalaria
A central sindical esixe que estas funcións sexan asumidas por persoal propio e denuncia a continuidade da súa externalización, especialmente nas áreas sanitarias de Santiago e Lugo
A Plataforma Veciñal Barrio da Residencia denuncia o deterioro das beirarrúas da rúa da Saúde
A entidade asegura que os desperfectos aumentaron nos últimos meses e advirte dos riscos para peóns, cadeiras de rodas e vehículos nunha zona de acceso ao Centro Integral de Saúde
A Rede Museística Provincial leva aos seus catro museos a exposición '500 Mulleres na Arte'
A mostra, creada por Concha Mayordomo, abrirá o 2 de setembro na Sala de Exposicións da Deputación e reúne información sobre centos de creadoras esquecidas pola historia da arte
A XIX Festa da Gaita de Quintá de Cancelada reunirá música tradicional, homenaxes e foliada en Becerreá
A celebración, organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Chao de Sebes, desenvolverase os días 15 e 16 de agosto e contará cunha homenaxe ao gaiteiro José Antonio Gegúndez
O PSOE reivindica o "control real e efectivo" da xestión municipal en Lugo avalado polo Consello de Contas
Os socialistas destacan que o Concello acadou o nivel máis alto de control interno entre 2021 e 2023 e defenden que a liquidación de 2025 deixou unhas contas saneadas e recursos para investir
Friol mellora accesos agrarios con investimentos de case 280.000 euros en Nodar e Silvela
As actuacións forman parte dos proxectos de permutas de especial interese agrario e permitirán acondicionar máis de tres quilómetros de camiños rurais




