Cultura
Artesanfroilán reúne en Lugo 18 propostas artesás durante o San Froilán
A trixésima edición da feira, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, mantense na praza Anxo Fernández Gómez ata o 12 de outubro con artesanía en coiro, cerámica, madeira, téxtil, xoiería e outros oficios tradicionais
O mal tempo obriga a modificar parte da programación do San Froilán desta tarde
A actuación de Los Satélites trasládase ao 13 de outubro, cancélanse os pasarrúas e mantéñense as actividades a cuberto e os concertos da Horta do Seminario
Galego de Caracas estrea ‘Lugoland’, o seu primeiro sinxelo dedicado ás festas de San Froilán
O artista lucense-venezolano Simón Rodríguez Landaeta presenta o seu primeiro videoclip, gravado durante o San Froilán de 2025, no que mestura trap, electrónica e sons de feira
Os Xílgaros de Lugo recuperan o seu pasarrúas no San Froilán e preparan a XI Foliada Magosto
A agrupación tradicional, fundada e dirixida por Óscar Pérez, suma actuacións ao longo do ano e regresará este sábado ao programa oficial das festas lucenses tras tres anos de ausencia
Capaces abre unha delegación en Foz para levar á Mariña o seu programa de lecer adaptado
Eva Fernández e Eva Rubiños estarán á fronte da delegación, que nace para evitar que as familias teñan que desprazarse ata Lugo para acceder a este recurso
A democracia chega á mocidade galega a través do cómic, a música e o teatro polos 50 anos de liberdade
A Delegación do Goberno programará nos próximos dous meses obradoiros, relatos, regueifas, concertos, encontros interxeracionais e accións poéticas nas catro provincias
As Improdutivas regresan ao Club Clavicémbalo o 15 de outubro cunha nova noite de improvisación
O espectáculo incluirá batallas de "farmear aura", confesións musicais, xogos e contos adaptados ao público, ademais da participación dunha artista convidada sorpresa
Loia Producións leva a Portomarín a obra infantil ‘A Boneca de Trapo’
A representación, dirixida ao alumnado do CEIP Virxe da Luz, terá lugar o venres 9 de outubro ás 11:00 horas e abordará a igualdade e os estereotipos de xénero
"Lugo Terceiro Milenio" reúne en máis de 300 fotografías os primeiros 25 anos do século XXI
A obra percorre a vida cotiá da provincia de Lugo a través de imaxes que amosan os cambios experimentados durante o inicio do novo milenio
Cristina Castaño suma o seu nome ao Paseo do Cine de Lugo nunha homenaxe á súa traxectoria
A actriz nacida en Vilalba foi recoñecida pola 48ª Semana de Cine de Lugo, nun acto no que tamén participou o Concello da súa vila natal
Concentus Lucensis abre nova tempada con oito concertos gratuítos e dous recitais en Suíza
A formación inicia este sábado na Catedral de Lugo o seu programa 2026-2027, que combina música sacra, patrimonio e colaboracións con músicos e entidades europeas
O San Froilán 2026 ofrecerá 346 actividades e substituirá os fogos artificiais por un gran espectáculo de drons
O programa completo das festas de Lugo inclúe 17 propostas deportivas e 19 de artesanía e cultura, ademais de concertos, espectáculos, actividades familiares e novas iniciativas repartidas durante toda a celebración
Dúas propostas de teatro chegan esta semana a Lugo e Sarria da man do circuíto provincial
"Estremonías da Silva" e "Ciencia Malabar" serán as obras protagonistas das actuacións deste venres e sábado
A Semana de Cine de Lugo encara a recta final con historias de medo, memoria, identidade e loita social
A programación do venres 25 combina cine documental, curtametraxes galegas, clásicos romanos, cine español e a Sección Oficial, ademais dunha sesión especial sobre xénero e sociedade
Entregados en Lugo os Premios María Luz Morales, que recoñecen catro traballos de autoría feminina
Os galardóns da décima edición distinguen investigacións e videoensaios sobre a representación das mulleres, o corpo feminino, o traballo e a clase e a relación de María Luz Morales co cinema
De Roma ao mar: o xoves da Semana de Cine de Lugo viaxa entre a memoria, a natureza e as fronteiras
A programación do 24 de setembro combina cine infantil, clásicos históricos, documentais, curtas galegas e unha ampla selección de películas sobre perdón, viaxes, silencio, natureza e fronteiras
A Xove Orquestra Terra Nova iniciará en San Froilán o seu programa de concertos desta tempada
Leva por título “Da Capo”, en referencia á expresión italiana “da capo”, utilizada na linguaxe musical para indicar o regreso ao comezo
Lugo e Astorga estreitan lazos a través do cinema co irmandamento das súas semanas de cine
A xornada continuou pola tarde no Paseo do Cine, situado na antiga factoría de Frigsa, onde se descubriu unha placa e fíxose unha homenaxe ao Club Valle Inclán
Solaina2 abre a súa programación en Lugo con 'Partir / Cortar / Riscar', de Catara Rego, sobre a extracción como transformación da paisaxe
O novo espazo da galería Solaina presenta unha investigación fotográfica e escultórica sobre como a extracción de recursos converte o territorio en mercadoría
O Museo Provincial de Lugo acolle a presentación de 'Quen conduce o Estado', ensaio de Iria-Friné Rivera Vázquez sobre a campaña do Estatuto de 1936
A obra analiza o material gráfico creado hai 90 anos para apoiar o Estatuto de Autonomía e a súa relevancia dentro das correntes artísticas europeas da época
Airiños de Orbazai abre o prazo de inscrición para o curso 2026-2027 en Lugo
A entidade cultural admitirá solicitudes ata o 31 de outubro para as súas clases de baile, pandeireta, canto e gaita-tamboril, que se desenvolverán os sábados ata o próximo mes de xuño
De Palestina á nova regueifa: o cine de Lugo percorre o silencio, a memoria e as historias de mulleres
A programación da 48ª Semana de Cine de Lugo para este mércores inclúe documentais, cine galego, curtametraxes, cine infantil, unha homenaxe e a Sección Oficial, con propostas centradas na memoria, a cultura e diferentes realidades sociais




