Medio ambiente
O TSXG avala a autorización da CHMS ao Club Fluvial de Lugo e rexeita o seu recurso
A sentenza respalda o cálculo realizado polo organismo de conca para determinar o canon e mantén abertos dous expedientes sancionadores por presuntos incumprimentos
Navia de Suarna acollerá un obradoiro gratuíto de astronomía na aldea de Cerredo
A actividade, dirixida polo astrónomo Antón Bouzas, desenvolverase na noite do 5 de xuño e está aberta ao público de balde
Adega-Lugo solicita revisar a declaración de impacto ambiental da liña de alta tensión entre Ludrio e San Cibrao
A organización ecoloxista pide paralizar as obras e cuestiona a avaliación ambiental ao considerar insuficiente o análise sobre paisaxe, biodiversidade e corredores ecolóxicos
O Concello de Castroverde incorpora un novo tractor municipal para reforzar o mantemento das vías públicas
O vehículo, adquirido cun investimento de máis de 70.000 euros, destinarase a traballos de desbroce e limpeza nas estradas do municipio
O PSOE de Lugo acusa ao goberno de Elena Candia de “propaganda” co plan de limpeza
Miguel Fernández defende a xestión dos últimos anos e reivindica os avances ambientais e os recoñecementos acadados pola cidade
O Colexio Santa María do Valadouro, gañador do concurso “Dálle Voz á Terra” da Fundación EDP
En total, máis de trescentos nenos e nenas de 11 colexios da provincia de Lugo participaron na gala final desta edición, compartindo ideas e proxectos que buscan mellorar o planeta desde as súas propias contornas
GaliciaXa
Galicia concentra o maior número de axudas do MITECO para a repotenciación eólica e hidroeléctrica
Destacan os 35 expedientes para as catro provincias, 25 en parques e 10 en centrais, que supoñen 178 millóns de euros
Concello de Lugo e EcoLugo activan un plan de limpeza intensiva en varios barrios da cidade
As actuacións comezarán en Fontiñas e inclúen baldeo, hidrolimpeza e reforzo do servizo para mellorar o estado do espazo público
Navia de Suarna acollerá unha xornada divulgativa sobre a eclipse total de sol de 2026
A cita, incluída no programa “Galicia, porta da entrada da eclipse - DTS Ancares Lucenses”, celebrarase o 14 de maio no salón de plenos do Concello con entrada gratuíta
Rábade acolle esta tarde a proxección do documental 'A terra por gañar' cun coloquio posterior
O evento está organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, Casa das Insuas e Adega
Lugo acollerá unha xornada sobre o mundo apícola con conferencias e cata de mel o 30 de maio
A iniciativa impulsada pola Asociación Galega de Apicultura e a Deputación abordará a importancia das abellas e a produción local
LugoXa | ACoruñaXa
Conta atrás para unha andaina polo 'Olimpo Ártabro' en defensa da auga
ADEGA, a Asociación de Montes Veciñais da Parroquia de Celas e As Pedras Galladas convocan este domingo unha ruta reivindicativa polo Monte Xalo
As Insuas do Miño acollen un BioBlitz o sábado para descubrir a súa biodiversidade
Realizarán distintos percorridos para observar e rexistrar especies de flora, fauna e micobiota presentes na zona
Sarria acolleu unha reunión de preparación do dispositivo especial pola eclipse solar
A Subdelegación do Goberno reuniu en Sarria aos concellos das comarcas da Ulloa, Chantada, Sarria e Terra de Lemos para coordinar seguridade, tráfico e puntos de observación
O Parque Rosalía de Castro está sendo obxectos de melloras e labores de mantemento
O Concello reparou e pintou 108 papeleiras e avanza na declaración do recinto como Ben de Interese Cultural na categoría de Xardín Histórico
Renovada a dirección sectorial do SLG no Congreso do vacún de carne celebrado en Portomarín
María Osorio e Iago Vilar asumirán a responsabilidade do sector durante os vindeiros catro anos cunha folla de ruta centrada nos prezos xustos, a terra, a sanidade animal e o relevo xeracional
Un paseo guiado por Lugo achegará a observación de aves ao río Miño este domingo
A actividade, organizada polo Grupo Naturalista Hábitat e a UNED, combinará aprendizaxe práctica e sensibilización ambiental
Xa está aberta ao público a nova senda que enlaza os paseos fluviais do Rato e do Miño
A actuación une os paseos fluviais do Miño e do Rato e transforma máis de 20.000 metros cadrados en novo espazo verde de uso cidadán
Lugo revalida a Escoba de Platino polo seu modelo de limpeza e xestión de residuos
O galardón recoñece o avance na recollida selectiva e o impulso do sistema de biorresiduos como eixo da economía circular
O Concello de Lugo convoca á Xunta, á Deputación e á Protectora para pechar o convenio da Protectora
O alcalde Miguel Fernández pide axilizar o acordo para iniciar a reforma das instalacións e garantir o benestar animal
Lugo acolle unha campaña da Xunta para fomentar a recollida separada de biorresiduos
A iniciativa busca concienciar á cidadanía sobre o uso do contedor marrón e avanzar cara a un modelo máis sostible e circular
O proxecto ríos fará actividades en Monforte, Castro Ribeiras de Lea, Lugo e Pol
É unha iniciativa de educación e voluntariado ambiental promovida por Adega e financiada pola Deputación da Coruña e pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil




