LugoXa
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Reforzan a coordinación policial na loita contra os incendios forestais na provincia de Lugo
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, presidiu a reunión do comité provincial no que se informou sobre o desenvolvemento do operativo na campaña de alto risco
Preto de 50 personas formadoras de entidades galegas do exterior beneficiáronse do programa 'Escolas Abertas 2026'
Na entrega de diplomas previa á gala de clausura desta noite en Lugo, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor esta iniciativa coa que se levan cualificado unhas 2.000 persoas
Castroverde reunirá artesanía, gastronomía e vehículos clásicos o 16 de agosto na súa feira anual
A décimo novena edición do evento contará con demostracións de oficios tradicionais, espectáculos, música, actividades familiares e a XII Concentración de Vehículos Clásicos
A XIII Concentración Moteira de Monterroso reúne a centos de afeccionados ao motociclismo nunha exitosa edición
Ao redor de 150 moteiros participaron no encontro, que tivo como principal atractivo a exhibición do piloto acrobático Emilio Zamora
David Lariño conquista o I Open Internacional de Xadrez Fuxan os Ventos de Lugo
O gran mestre galego impúxose na primeira edición do torneo, que reuniu a destacados xogadores internacionais e celebrou o 30 aniversario da Escola Luguesa de Xadrez
Escola Atlética Lucense: Máis de 25 anos construíndo atletismo desde a base en Lugo
Javier Piñeiro destaca o traballo, a formación e a aposta polo talento local como as claves da Escola Atlética Lucense desde a súa creación
Portomarín acollerá unha charla para achegar información sobre o dano cerebral adquirido
A sesión, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Dano Cerebral Galicia, celebrarase o 27 de xullo no Pazo Xeral Paredes
O PSdeG denuncia que Baleira quedará sen médico durante parte das vacacións do facultativo titular
Os socialistas aseguran que o Sergas non cubrirá as consultas de mañá durante dúas semanas e reclaman unha substitución completa
Friol acolle este sábado o espectáculo familiar de clown e acrobacia aérea 'Hoxe Si! Sempre Arriba'
A iniciativa está promovida polo Concello e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do programa Xacobeo 2027
O albergue Benigno Quiroga de Portomarín acolle este verán 250 participantes nun campamento
A Xunta organiza cinco quendas para nenos e nenas de entre 9 e 11 anos cun programa centrado no deporte, a natureza e o lecer saudable
O CD Lugo reforza a súa defensa coa incorporación do central Pol Moreno
O futbolista catalán asina por unha tempada, con opción a outra máis en función de obxectivos, tras proclamarse campión da Supercopa da India co FC Goa
A Deputación licita a redacción do proxecto para construír unha nova ponte sobre o río Navia
A actuación, cun investimento de máis de 97.000 euros, permitirá avanzar na recuperación da conexión da LU-P-3501, interrompida desde o derrubamento da antiga ponte o pasado mes de xaneiro
A Deputación renovará o xardín e o claustro do Museo Provincial de Lugo cun investimento de 163.500 euros
A actuación mellorará as zonas verdes, a iluminación e a exposición das pezas escultóricas, ao tempo que se aproban as bases para seleccionar os obradoiros do Artesanfroilán e do Mercado de Nadal
A USC preséntalle ao Ministerio de Vivenda un plan de aloxamento universitario para Santiago e Lugo
O xerente, Juan Villoslada, presentou o documento na xuntanza do Consello de Goberno
O PSdeG de Baleira denuncia a falta de medidas para protexer os animais do sol na Mostra de Gando
Os socialistas piden á Xunta que inspeccione o desenvolvemento do evento e comprobe se se cumpriu a normativa de benestar animal
O Concello impulsa un novo campo de fútbol de herba artificial en San Fiz para aliviar a saturación das instalacións deportivas
A actuación incluirá novos vestiarios, iluminación compartida co campo de rugby e permitirá ampliar a capacidade da rede municipal para atender o deporte base
Benade acollerá este sábado unha nova sesión do cine de verán coa proxección de 'Antes de nós'
O Concello de Lugo levará ao rural a película sobre a vida de Castelao, protagonizada polo actor lucense Xoán Fórneas, nunha actividade gratuíta
Santiago de Meda celebrará a súa festa patronal cunha xornada de música, verbena e tradición
A parroquia de Castroverde renderá homenaxe a Santiago Apóstolo o 18 de xullo cunha misa solemne, sesión vermú, verbena coa orquestra M3 Show e a actuación do DJ Adolfo Valiño
Raíces do Vento organiza unha ruta polo Camiño Rexio para reivindicar a súa conservación en Castro de Rei
A actividade partirá ás 9.00 horas desde a igrexa de Santa María de Duancos e rematará no Castro de Viladonga, onde os participantes poderán asistir a unha visita guiada
Elena Candia será a candidata do PP á Alcaldía de Lugo nas eleccións municipais de 2027
O PPdeG oficializa a súa candidatura e expresa o seu respaldo á actual alcaldesa para liderar o proxecto popular nos próximos comicios
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Uns 240 clubs recibirán as axudas para actividade competitiva da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
O BOP publica hoxe a resolución provisional da convocatoria, que conta cun orzamento de 660.000 euros




