LugoXa
Antas de Ulla acollerá unha charla formativa sobre intelixencia artificial aberta á veciñanza
O Concello organiza unha sesión práctica para achegar a IA ao uso diario, a creación de contidos e a procura de emprego
A Xunta adxudica por 37,7 millóns o último treito da AG-22 entre Lugo e Sarria
A actuación permitirá desdobrar o tramo Nadela-A Pobra de San Xiao e reducirá os tempos de viaxe nun corredor polo que circularán máis de 8.000 vehículos diarios
Monterroso abrirá en xuño as inscricións para os cursos de natación de verán
A actividade desenvolverase entre xullo e agosto e estará dirixida a nenos e nenas a partir dos 4 anos
O PSdeG de Portomarín denuncia o deterioro da pista de acceso a San Xulián, en Caborrecelle
Os socialistas critican o estado do firme e das cunetas e anuncian que levarán a situación ao próximo pleno municipal
Pilar García Porto, alcaldesa de Antas de Ulla: “Quero seguir sendo para os meus veciños Pili de Antas”
Pilar García Porto leva catro anos á fronte da Alcaldía de Antas, un tempo no que se fixo un gran traballo para afrontar a débeda existente no concello, así como mellorar os servizos
O PSdeG esixe á Xunta que rexeite de forma definitiva o proxecto de Altri
Patricia Iglesias alerta do risco ambiental e acusa ao Goberno galego de manter unha posición “ambigua” coa macrocelulosa
As protestas continúan nas Gándaras para reclamar cambios no proxecto da residencia
Os usuarios e o movemento veciñal manteñen o seu rexeitamento á posible eliminación das habitacións individuais prevista na reforma impulsada pola Xunta
O CD Lugo asegura a continuidade de Nico Reniero para a próxima tempada
O dianteiro arxentino, autor de 10 goles este curso, seguirá liderando o ataque albivermello tras consolidarse como unha das referencias do equipo
Máis de 13.400 estudantes galegos afrontarán a PAU 2026 en 36 sedes repartidas por toda Galicia
Os exames desenvolveranse os días 2, 3 e 4 de xuño en dez municipios das catro provincias galegas
Transportes renovará o firme do túnel de Pedrafita e cortará un tramo da A-6 sentido Madrid
Os traballos forman parte das actuacións de modernización dos túneles do Porto de Pedrafita, cun investimento global de 24,7 millóns de euros
O Laboratorio de Saúde Pública de Galicia en Lugo abre as súas portas ao alumnado do IES Lucus Augusti
A visita permitiu coñecer o traballo desenvolvido nas áreas de saúde ambiental e seguridade alimentaria dentro da programación da Semana da Administración Aberta
O Congreso Internacional de Xeriatría reúne en Lugo preto de 50 expertos
O Pazo de San Marcos acolle a 36 edición do encontro sobre envellecemento, centrado na dignidade, os dereitos e os modelos de atención ás persoas maiores
Rexístranse 1.461 filmes inscritos na Semana de Cine de Lugo
O certame organizado por Fonmiñá pechou a recepción de traballos con cifras récord e celebrarase do 21 ao 26 de setembro
Portomarín acolle a exposición “Misión: Afganistán” no Pazo Xeral Paredes
A mostra, promovida polo Ministerio de Defensa, repasa o labor das Forzas Armadas españolas no país entre 2002 e 2012
Concello de Lugo e EcoLugo activan un plan de limpeza intensiva en varios barrios da cidade
As actuacións comezarán en Fontiñas e inclúen baldeo, hidrolimpeza e reforzo do servizo para mellorar o estado do espazo público
O Colexio Cervantes de Lugo organiza a XVI carreira solidaria ‘Memorial Profe Alberto’
A proba contará con 838 participantes e recadará fondos para a investigación do glioblastoma a través do proxecto ‘Zebraglio’
Monterroso incorpora un vehículo adaptado para reforzar os servizos sociais municipais
A actuación, financiada en gran parte con axudas Leader e fondos europeos, busca mellorar a atención ás persoas con mobilidade reducida
María Teresa Ropero conquista o primeiro Campionato de España Feminino de Pool 14.1
A xogadora galega impúxose con autoridade na final disputada en Adai e lidera a clasificación provisional dos campionatos nacionais femininos de pool 2026
GaliciaXa
O Parlamento reclamará á Xunta que active a mediación no conflito laboral no téxtil, que se manifesta o sábado
O persoal do comercio do sector está convocado a unha folga en Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo
Lugo protagoniza unha nova entrega de ‘De tapas por España’ na 2 de TVE
O programa presentado por Adrienne Chaballe amosará este domingo o patrimonio, a historia e a gastronomía lucense nun percorrido pola cidade e polos seus produtos máis emblemáticos
A Asociación Intelecto organiza en Lugo unha conferencia de Rafa Dávila sobre “superpoderes invisibles”
A actividade, aberta ao público, terá lugar o 6 de xuño en O Vello Cárcere e incluirá a presentación do libro ‘Grietas y semillas. El despertar de lo invisible’
Lugo acollerá un programa de inclusión laboral para mulleres con discapacidade impulsado por ACADAR
A iniciativa desenvolverase os días 27, 28 e 29 de maio no Centro Cívico Uxío Novoneyra co apoio de COGAMI




