Novas de Antas de Ulla
Antas de Ulla homenaxeará a Teresa Batán pola súa traxectoria ligada á cultura e á lectura
A bibliotecaria e dinamizadora cultural recibirá o recoñecemento da veciñanza o 13 de setembro tras anos achegando os libros, o teatro e a cultura a varias xeracións
Antas de Ulla consolídase como referente para a BTT en Galicia
O municipio acolleu a segunda etapa da Volta a Galicia BTT, con saída e chegada no Concello e un percorrido marcado pola esixencia e a beleza da contorna do Centro Xeográfico de Galicia
Monterroso e Antas de Ulla acollerán a segunda etapa da Volta Galicia BTT
A proba, incluída no calendario UCI de categoría S2 BTT Maratón, terá saída e meta na Cúpula de Monterroso e percorrerá 58 quilómetros con catro portos e 1.400 metros de desnivel positivo
Antas de Ulla reunirá a dúas bandas de música nun certame en homenaxe a Eduardo Salgado
A Banda de Música Vila de Cedeira e a Banda de Música de Antas de Ulla ofrecerán un concerto conxunto o 29 de agosto na Praza Nova
O proxecto do parque eólico Monte Cabeza II entra en fase de información pública
A iniciativa promovida por Galicia Vento afecta a Antas de Ulla, Chantada, Rodeiro e Agolada e abre un prazo de 30 días para presentar alegacións
Facha celebrará o 18 de xullo a tradicional Festa da Virxe do Carme
A xornada incluirá misa, procesión, sesión vermú e verbena co Trío Mar de Caión e a Charanga Chafalleiros
O Parque Central de Galicia acollerá 'As mañás en Nugallás' cun programa estival de actividades familiares
O espazo situado en Antas de Ulla acollerá durante xullo e agosto obradoiros, música, teatro e propostas divulgativas para todas as idades
Antas de Ulla inaugura o Parque Central de Galicia como novo espazo de encontro e referencia turística
O recinto, situado en Nugallás e cunha superficie superior aos 45.000 metros cadrados, abriu as súas portas cunha xornada festiva marcada pola música e os produtos de proximidade
Antas de Ulla prepárase para celebrar o San Xoán con dous días de música, tradición e convivencia
A programación inclúe unha cea popular, concertos, fogueira, actividades relixiosas e unha gran verbena aberta á veciñanza e visitantes
O Concello de Antas de Ulla realiza labores de desbroce para mellorar a seguridade e o mantemento
As actuacións esténdense por distintas parroquias co obxectivo de garantir camiños máis seguros e mellor coidados en todo o municipio
Antas de Ulla celebra a creatividade infantil coa entrega dos premios Letras Galegas 2026
A Casa da Cultura acollerá unha gala que combinará o recoñecemento ao talento literario coa narración oral e a música de inspiración indíxena venezolana
Supervisan en Antas de Ulla diferentes investimentos para mellorar servizos e infraestruturas
Carmela López destaca a cooperación cos concellos para impulsar actuacións que favorezan a mobilidade, o turismo e a fixación de poboación no rural
Taboada acolle a entrega dos premios da campaña “Merca no teu comercio”
Repartíronse un total de 1.000 euros entre os gañadores polas compras realizadas entre os días 1 e 15 de maio nos municipios de Taboada, Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla
Antas de Ulla acollerá unha charla formativa sobre intelixencia artificial aberta á veciñanza
O Concello organiza unha sesión práctica para achegar a IA ao uso diario, a creación de contidos e a procura de emprego
Eventos
Antas de Ulla aproba medidas urbanísticas e económicas para avanzar na estabilidade municipal
O pleno deu luz verde á ordenanza da madeira, á reorganización económica do Concello e á aceptación de parcelas vinculadas ao Plan Básico Municipal
A Biblioteca de Antas de Ulla acolle unha xornada de contos, música e maxia na Semana das Letras Galegas
Unha proposta dirixida á primeira infancia reunirá bebés, familias e contacontos este venres 15 de maio na Biblioteca Municipal
A campaña Merca no Teu Comercio chega este venres a Taboada, Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla
Poderán participar nesta iniciativa todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas antes do 15 de maio.
Antas de Ulla impulsa a lectura con novas actividades na biblioteca municipal
O programa ‘Ler Conta Moito’ inclúe propostas para bebés, escolares e mocidade ao longo do mes de abril
Antas de Ulla celebra o Día da Poesía cun encontro arredor da figura de Miguel Hernández
A actividade, prevista para o 25 de marzo, contará coa participación do “Sendeirista Miguel Hernández” Miguel Poveda Toledano
Antas de Ulla impulsa un proceso informativo veciñal sobre o Plan Básico en tramitación
O Concello organizará reunións en distintos puntos do municipio para explicar o documento urbanístico e orientar á cidadanía sobre alegacións e consultas
Antas de Ulla prepárase para a XIII Xuventude con música, xogos e diversión para todas as idades
A xornada celebrarase o mércores 1 de abril coa Tarde Infantil, a Ruta do Elefante e unha gran verbena nocturna












