Política
O PSOE de Lugo denuncia que leva máis dun mes paralizada a resolución das prazas de auxiliares administrativos
Os socialistas reclaman ao Goberno local que culmine o proceso e active a nova listaxe para cubrir vacantes e necesidades temporais de persoal
O PP denuncia novas tarifas por obras hidráulicas en Baralla e Folgoso do Courel
Os populares aseguran que os convenios asinados coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil non contemplaban estes pagamentos e levaron o asunto ao Congreso e ao Senado
Lugo en Pé denuncia máis de doce anos de atraso na Ronda Este e esixe o proxecto definitivo
A plataforma veciñal considera a infraestrutura esencial para desconxestionar Fontiñas e o Paseo do Rato, facilitar os accesos ao HULA e completar a circunvalación da cidade
O BNG denuncia que a brigada contra incendios de Lugo comezará a traballar "catro meses tarde"
Rubén Arroxo acusa o Goberno local do PP de "falta de planificación" e lembra que o convenio coa Xunta para financiar o servizo foi asinado en abril
O BNG reclama o inicio das obras de renovación da rotonda de Benigno Rivera en Lugo
O proceso de licitación completouse en maio e os traballos están agora pendentes de comezar
Castroverde recibe máis de 31.000 euros do Plan Corresponsables para financiar o seu campamento de verán
A iniciativa, impulsada polo Ministerio de Igualdade, beneficia a 80 familias do municipio e forma parte dun programa que chega a 38 concellos da provincia de Lugo
O PSOE de Baralla denuncia ruídos nocturnos e o lanzamento de foguetes de madrugada
Os socialistas reclaman medidas urxentes para garantir o descanso veciñal, reforzar a seguridade e revisar a situación da empresa concesionaria
O PP acusa ao Goberno da Deputación de demorar a reparación da ponte derrubada en Navia de Suarna
Os populares denuncian que seis meses despois do colapso da infraestrutura aínda non existe proxecto e reclaman axilizar os trámites para restablecer a conexión na LU-P-3501
O PSOE acusa ao Goberno local de Lugo de non actuar ante os avisos de seca
Os socialistas aseguran que o Concello recibiu hai case un mes unha advertencia da Confederación Hidrográfica e reclaman medidas de aforro e concienciación cidadá
O BNG de Outeiro de Rei cuestiona a tramitación das contas municipais e reclama máis transparencia na xestión económica
Os nacionalistas critican o atraso na aprobación do orzamento de 2026 e poñen o foco na aprobación de máis de 150 facturas nunha Xunta de Goberno Local
O Orzamento de 2026 de Outeiro de Rei queda aprobado definitivamente tras o rexeitamento das alegacións do BNG
O pleno extraordinario desestimou as reclamacións presentadas pola formación nacionalista e deu luz verde ás contas municipais
O Pleno de Monterroso aproba a proposta do BNG para revisar a taxa do lixo e estudar unha rebaixa do seu importe
A iniciativa aposta por introducir criterios sociais, bonificacións e diferenzas entre o rural e o urbano para facer máis xusto o recibo da recollida de residuos
O PSdeG propón un servizo municipal para o baleirado de fosas sépticas nas parroquias sen saneamento
Miguel Fernández levará ao pleno de setembro unha iniciativa para facilitar a recollida destes residuos e reforzar a protección ambiental no rural lucense
A Deputación mellora o estado da estrada LU-P-0403 ao seu paso por Baleira
O PSdeG destaca os traballos de limpeza das cunetas tras trasladar á institución provincial unha demanda da veciñanza
Fernando Ónega será Fillo Adoptivo de Lugo tras a aprobación do Pleno
A Corporación deu luz verde ao recoñecemento co apoio de PP e PSOE, mentres que tamén aprobou por unanimidade iniciativas sobre a Ponte Branca, os pasos a nivel e o regulamento do Comité de Seguridade e Saúde
Rocío Seijas impugna a aprobación dos Orzamentos de Monterroso por supostas irregularidades no procedemento
A exalcaldesa asegura que non cuestiona o contido das contas, senón a forma na que o goberno municipal tramitou a súa aprobación
O BNG reclama unha actuación urxente no Cuartel de San Fernando tras a rotura dunha das portas de acceso
A formación denuncia o deterioro do inmoble e insta á Xunta a garantir a seguridade e avanzar na súa rehabilitación
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación reclamará á Xunta un novo modelo de prevención e defensa fronte aos lumes forestais
O PSOE acusa a Elena Candia de bloquear o pagamento de máis de 2,7 millóns de euros a provedores municipais
Ana González Abelleira denuncia que permanecen pendentes 542 facturas e reclama á alcaldesa que desbloquee a súa tramitación e asuma a responsabilidade administrativa
O PSOE acusa ao Goberno local de renunciar á transformación da zona norte de Lugo
Miguel Fernández critica o uso dos fondos europeos para financiar actuacións xa previstas e reclama recuperar a Estratexia Novo Norte
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PSdeG defenderá no Pleno da Deputación un novo modelo contra os incendios forestais e máis recursos para o ensino
O Grupo Provincial Socialista levará unha proposta de goberno á sesión do mes de xullo para reclamar á Xunta unha reforma integral da política galega
PSdeG e BNG acusan a Candia de "autoritarismo" e de impedir o control da oposición nas comisións municipais
Ambas formacións denuncian falta de transparencia, ausencia de respostas sobre distintos asuntos e o levantamento anticipado de dúas sesións para evitar o debate






