Política
O PSOE de Baralla levará ao pleno tres mocións sobre o IBI, a atención sanitaria e os trámites da Cámara Agraria
Os socialistas reclaman bonificacións fiscais para o rural e negocios que xeren emprego, un terceiro médico para o municipio e o desprazamento dun equipo da Cámara Agraria
O BNG de Lugo defenderá no pleno unha moción para que o goberno deixe de utilizar IA Xerativa
Rubén Arroxo: "Desde o BNG sumámonos aos diversos colectivos profesionais que criticaron nos últimos meses o uso indiscriminado da Intelixencia Artificial, o que supón un aumento da precarización das profesións artísticas"
O BNG reclama reforzar a Casa da Muller de Lugo e ampliar a formación do persoal fronte á violencia dixital
O goberno municipal foi interpelado sobre o funcionamento dun recurso considerado clave na atención a mulleres que sofren distintas formas de violencia
O PSdeG considera que a alcaldesa de Rábade tenta disimular a falta de investimentos cunha foto con Rueda
Alejandro Martínez contrapón os case millón e medio de euros mobilizados polo Estado e a Deputación ás promesas incumpridas do PP neste mandato
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Representantes do PP nos concellos reúnense para tratar sobre a suba das tarifas das residencias da Deputación
EU denuncia as “desorbitadas” axudas públicas recibidas polo Caudal Fest
O partido cuestiona os máis de 300.000 euros de achegas directas das administracións e as acusa de apoiar as subvencións en datos de impacto económico e publicitario que considera “artificiosos e irreais”
O PSOE acusa ao PP de deixar Monterroso sen residencia para maiores "tras catro anos de promesas"
O voceiro socialista lembra que Eloy Pérez anunciou en 2022 o compromiso de financiamento da Xunta e esíxelle explicacións pola exclusión do municipio do novo plan autonómico
O PP de Cervantes reclama melloras no acceso a dúas vivendas de Castelo de Cais
Os populares aseguran que os propietarios levan máis de seis anos pedindo o arranxo e ensanche do camiño
Braña denuncia que Negueira leva catro anos sen médico e cuestiona a cobertura da praza da Fonsagrada
O alcalde asegura que a incorporación dun facultativo na Fonsagrada en apenas dúas semanas contradí, ao seu xuízo, os argumentos do Sergas para non cubrir a praza de Negueira
O PSOE cuestiona que a Xunta limite ao centro de saúde o futuro dos terreos do Sagrado Corazón
Miguel Fernández reclama aproveitar toda a parcela para incorporar novos equipamentos e acusa a Candia de non defender os intereses de Lugo
Ximena Cheda presenta a súa candidatura ás primarias de Podemos Lugo para encabezar a lista de 2027
A voceira do Círculo de Podemos Lugo chama á militancia a construír unha candidatura colectiva, plural e representativa da cidade
Monterroso reclamará á distribuidora eléctrica polos reiterados cortes de luz do 9 de setembro
O Concello denuncia interrupcións de varias horas no casco urbano e núcleos rurais e reclama información máis precisa sobre as avarías e os prazos de reposición
Lugo terá unha Unidade Municipal de Atención Temperá a partir de xaneiro de 2027
O Concello solicitará á Xunta 273.355 euros para poñer en marcha un servizo que prevé atender a preto de 400 nenos e nenas de 0 a 6 anos
LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
O PP alerta de un posible coste de 17 millones para os concellos de Lugo pola tarifa da agua
O partido explica que a CHMS pretende cobrar esta cantidade durante 25 anos por obras hidráulicas executadas baixo convenios anteriores a maio de 2023
Allegue reúnese co alcalde de Portomarín para tratar temas de actualidade
A conselleira e o rexedor abordaron vías de colaboración para levar a cabo actuacións de humanización de infraestruturas no municipio
Eventos
O BNG cifra en seis millóns de euros o aumento do gasto corrente que deberá asumir o Concello de Lugo en 2027
Rubén Arroxo cuestionará na comisión de Economía como prevé o Goberno municipal cadrar as contas ante o incremento dos capítulos 1 e 2 do orzamento
Monterroso reclama á Deputación 253.255 euros para financiar servizos e actuacións municipais
O Goberno local levará ao Pleno unha moción para solicitar un convenio de cooperación económica destinado a mellorar o alumeado, manter vehículos e instalacións e garantir servizos sociais
Podemos Lugo rexeita as mobilizacións que vinculen a situación de Ceuta con discursos racistas
A formación anuncia que non participará en concentracións ou manifestacións que sinalen as persoas migrantes e reclama vías seguras e legais para migrar
O BNG acusa ao Goberno de Lugo de manter sen pagar máis de 2,7 millóns de euros en facturas
Rubén Arroxo reclama un pleno extraordinario para desbloquear os pagos e asegura que 542 autónomos e pequenos empresarios levan meses á espera de cobrar
O PSOE acusa a Candia de "improvisación" por chegar a finais de agosto sen a brigada contra incendios operativa
Os socialistas cuestionan a adscrición temporal dun funcionario como xefe do dispositivo e reclaman explicacións sobre o procedemento empregado polo Goberno local
O PSOE reclama retirar a nova guía turística de Lugo polos erros e inexactitudes que contén
Ana González Abelleira considera «especialmente grave» que a publicación confunda a Ponte Romana coa Muralla á hora de referirse ao Patrimonio Mundial da UNESCO e cuestiona tamén a autoría das fotografías
O BNG reclama saber se o Lugo Máxico se celebrará este ano ante a falta de información
Maite Ferreiro critica que a finais de agosto aínda non se coñeza o programa dunha das citas culturais con maior seguimento da cidade











