Novas de O Corgo
A Deputación adxudica por 370.000 euros a mellora de dúas estradas entre Lugo e O Corgo
As actuacións afectarán a case oito quilómetros das vías LU-P-2918, que conecta Lugo con Adai, e LU-P-2922, entre Carballido e Nadela, cun prazo de execución de catro meses
O teatro de monicreques regresa este sábado á antiga escola de Laxosa cun espectáculo para toda a familia
A Asociación de Veciños Airamonte organiza a representación de 'Raio the Loubican (Mitade lobo, mitade can)', a cargo de Micromina Teatro de Títeres, ás 19:00 horas
Un mural de Diego AS rende homenaxe a Benedicta Sánchez na fachada da antiga Cámara Agraria do Corgo
A obra chega tres anos despois de que o BNG local presentase unha moción para solicitar esta intervención e súmase á homenaxe realizada á actriz na Semana de Cine de Lugo
A poxa nacional de Acruga pecha este sábado o calendario de poxas en Adai
A cita, que se celebrará o día 24 no mercado gandeiro do Corgo, alcanza a súa edición número 106 e ofrecerá 15 xovencas preñadas e dous machos
O Premio Hermann Künig á Hospitalidade recoñecerá en Santiago o labor de Accoglienza Pellegrina e César González Purroy
A Asociación de Amigos do Camiño de Künig entregará o galardón o 20 de outubro no Museo das Peregrinacións, nunha edición que distingue o compromiso coa acollida das persoas peregrinas
O Rally San Froilán incorpora Baralla e estrea un treito en Sarria na súa 48ª edición
A proba celebrarase os días 16 e 17 de outubro con 114 pilotos inscritos e 104,6 quilómetros cronometrados en estradas de cinco municipios lucenses
O Corgo pedirá a ADIF os terreos da antiga vía ferroviaria para crear unha Vía Verde
A proposta do BNG, baseada nas demandas da veciñanza de Maceda, contou co apoio unánime da Corporación e abrangue uns catro quilómetros de antigos tramos ferroviarios en desuso
O BNG do Corgo denuncia a acumulación de lixo nos contedores da capitalidade
Os nacionalistas reclaman medidas para evitar o depósito de residuos de obra e alertan de malos cheiros, insalubridade e presenza de roedores
O billar pool lucense colleita varios bos resultados nas primeiras probas da tempada
Francisco Doval e Pablo Rey destacan na primeira proba do Circuíto Galego Absoluto, mentres Verónica González se impón no primeiro Circuíto Feminino de Lugo
O Corgo celebrou hoxe a tradicional Festa do Avó
Alfonso Villares apuntou que este concello foi un dos seleccionados para albergar un centro dotado con máis de 100 prazas
Adai afonda nun petróglifo único en Europa para reconstruír unha paisaxe sagrada
A cuarta campaña arqueolóxica na parroquia lucense céntrase en dous abrigos, seis mámoas e dous novos petróglifos
As Improdutivas levan o seu novo espectáculo de improvisación a Laxosa, no Corgo
‘Improcondría’ será a proposta coa que a compañía participará no Ciclo de Teatro Amador da Deputación de Lugo o sábado 19 de setembro
As escavacións de Penas do Caldeiro buscarán novos gravados e pegadas de actividade humana
A campaña arqueolóxica, dirixida pola profesora da USC Pilar Prieto, desenvolverase ata outubro na parroquia de Santa María Madalena de Adai, no Corgo
Eventos
As oito activistas detidas no Corgo durante La Vuelta continúan investigadas
Lugo por Palestina informa de que seguen abertas as dilixencias por desordes públicas e perigo para a seguridade viaria, mentres unha das persoas afronta tamén unha investigación por lesións
A Feira de Ano de Gomeán reúne centos de persoas arredor das tradicións e da vida no rural
A carballeira acolleu unha xornada con razas autóctonas, maquinaria agrícola, oficios artesáns, música e unha degustación de porco celta
Queizán celebra esta fin de semana as súas festas con música, xantar popular e actividades para todas as idades
A parroquia do Corgo contará coas actuacións de Calibre, Adolfo Valiño e Son II, ademais de xogos, sorteos e unha cea popular
A Xunta adxudica por máis de 3,3 millóns de euros a mellora do firme nas estradas LU-633, LU-546 e LU-621
As obras, cun prazo de execución de seis meses, actuarán sobre máis de 63 quilómetros de vías autonómicas ao seu paso por dez concellos lucenses
Santiago de Laxosa celebrará as súas festas os días 21, 22 e 23 de agosto con música, actividades infantís e actos relixiosos
Punto Clave, Grupo Jaque e Grupo Folixa protagonizan un programa que incluirá verbenas, sesións vermú, pasarrúas e festa da escuma
O BNG do Corgo denuncia o deterioro da atención sanitaria durante unha concentración veciñal
A formación nacionalista alerta das carencias en Atención Primaria, a falta de matrona e os problemas de cobertura no servizo de pediatría
Os concellos da Vía Künig coordinan novas actuacións para reforzar a promoción do itinerario xacobeo
As administracións implicadas impulsarán accións divulgativas, materiais informativos e tarefas de conservación ao longo de 2026










