Infraestructuras
O muro de Frigsa mantense valado mentres estudan a súa reparación
Os estudos técnicos realizados determinaron que a intervención terá un alcance maior do previsto inicialmente
A expropiación do antigo colexio do Sagrado Corazón queda lista para desbloquear o novo centro de saúde
O Concello de Lugo abonará 726.710,87 euros pola adquisición dos terreos e prevé formalizar as actas de pagamento e ocupación o 10 de setembro
Monterroso mellora o camiño entre Viloide e a estrada de Güimil a Sindín
A actuación, cun investimento de 61.562 euros, permitirá renovar o firme, eliminar os baches e mellorar a sinalización do vial municipal
Rábade culmina a renovación da sinalización viaria en varias rúas do casco urbano
Nas próximas semanas comezarán tamén os traballos de mellora do Centro de Interpretación da Casa das Insuas e a reforma da antiga Praza de Abastos
A Xunta de Goberno de Lugo adxudica tres obras e licita outras dúas por 2,4 millóns de euros
As actuacións inclúen a pavimentación do Camiño Primitivo en San Lázaro, a mellora do abastecemento en San Martiño de Ombreiro e a construción dunha pasarela peonil na Ronda da República Argentina
Máis dun millón de euros para mellorar os camiños e as vías rurais da Terra Chá
Os oito concellos da comarca beneficiáronse de actuacións para acondicionar infraestruturas que facilitan a mobilidade e o traballo dos produtores
O Concello de Lugo repinta os pasos de peóns de Fontiñas despois das queixas polo seu deterioro
A actuación chega semanas despois de que a Federación Veciñal Lucus Augusti advertise do mal estado da sinalización horizontal en varios puntos de Lugo e reclamase unha intervención antes de rematar o verán
Castro de Rei aproba por unanimidade o convenio para mellorar a estación de tratamento de auga potable
A sesión extraordinaria e urxente celebrouse para dar resposta á petición formulada por Augas de Galicia o pasado 24 de xullo
Lugo inicia a renovación do acceso lateral á Praza de Abastos pola rúa Tuñas Bouzón
As obras obrigarán a pechar temporalmente esta entrada e modificarán a zona de carga e descarga, aínda que o mercado manterá a súa actividade habitual
Lugo elimina o histórico tapón urbanístico de Dona Urraca coa demolición dunha vivenda
A actuación permite ampliar o espazo destinado á vía na confluencia con López Guntín e Camiño Verde e mellorar a seguridade de vehículos e peóns
GaliciaXa
26 concellos galegos reciben as achegas para investimentos estratéxicos
Resultaron beneficiarias dez propostas presentadas na provincia da Coruña con 3,7M€, seis de Ourense con máis de 1,7M€, cinco de Pontevedra con 2,2M€ e outros cinco en Lugo, tamén con 2,2M€
O BNG de Becerreá pide revisar as obras da A-6 tras as retencións provocadas polos desvíos á N-6
A formación reclama ao Ministerio de Transportes unha mellor planificación dos cortes e máis coordinación cos concellos da montaña lucense para reducir as afeccións ao tráfico
O PSOE esixe a Candia a apertura inmediata de Conde Fontao e acusa o Goberno de "buscar escusas"
Jorge Bustos sostén que o Concello pode poñer a vía en servizo e reclama que non se vincule a súa apertura aos trámites pendentes con Adif pola estación intermodal
Lugo inicia a renovación das paradas de bus coa instalación de sete novas marquesiñas
As primeiras estruturas xa foron colocadas nas avenidas de Magoi e Fábrica da Luz e o plan contempla tamén reparar ou substituír as que presentan danos
A Deputación reforza o seu apoio a Pedrafita con máis de 850.000 euros en servizos e infraestruturas
Carmela López visita o municipio e asina un novo convenio de 137.000 euros para actuar no centro de saúde, na nave de usos múltiples e noutros equipamentos
O PSOE reclama a Candia unha folla de ruta para o Museo da Romanización
Miguel Fernández pide á alcaldesa que aclare se manterá os fondos previstos para San Fernando, defenderá o 2 % Cultural e reclamará á Xunta o financiamento necesario
A transformación do Carril das Flores, impulsada polo anterior Goberno municipal, avanza cunha nova pasarela
Rubén Arroxo destaca a mellora da mobilidade e da imaxe desta zona de Lugo e reclama ao Concello que complete a actuación coa eliminación do tapón urbanístico de Montero Ríos
O Parque Móbil provincial contará cunha nova escavadora de cadeas de goma
A Xunta de Goberno adxudica tres actuacións na rede viaria provincial e aproba a compra dunha nova escavadora para o Parque Móbil
Usuarios do HULA levan semanas sen unha das escaleiras mecánicas máis utilizadas do hospital
A infraestrutura, que comunica a entrada principal coa planta de Urxencias e Radioloxía, leva semanas fóra de servizo á espera da chegada de pezas para a súa reparación
A Louzaneta recibe o primeiro título de primeira ocupación tras a regularización parcial do Polígono 2
A autorización permite completar os trámites dunha vivenda e abre a porta a novas concesións para propietarios deste ámbito urbanístico de Lugo
O PPdeG esixe no Senado un calendario definitivo para completar a autovía A-54 entre Lugo e Santiago
Os senadores populares reclaman ao Goberno central datas concretas para a finalización das obras tras varios atrasos nunha infraestrutura considerada estratéxica para Galicia
Reclaman melloras na carballeira da Estrada da Granxa e a creación dun parque infantil
Entidades sociais solicitan ao Concello de Lugo a renovación do mobiliario, a instalación de aparatos cardiosaudables e novos espazos de lecer nunha contorna natural protexida




