Infraestructuras
O PP leva ao Senado os atascos da A-6 na Montaña lucense e pide explicacións ao Goberno
Os senadores populares por Lugo reclaman medidas para evitar novas retencións mentres continúan as obras de rehabilitación do firme na autovía
O Centro Sociocultural Paco Pestana de Castroverde mellora os seus medios técnicos cun novo equipamento audiovisual
A Deputación de Lugo colaborou na adquisición do material cunha achega de 7.000 euros
Comezan as obras de peche do polideportivo do CEIP de Palas de Rei
A actuación, financiada pola Consellería de Educación con 47.000 euros, permitirá dispoñer dun recinto cuberto para o inicio do próximo curso
O antigo Cine Man recibirá 120.000 euros para completar a súa transformación en centro cultural
A Xunta financiará o equipamento do emblemático edificio de Rábade, que conservará a súa configuración orixinal e aspira a converterse nun referente cultural da comarca
Adxudicadas por máis de 885.000 euros as obras de rehabilitación do Antigo Hospital de San Miguel na Tinería
A actuación permitirá recuperar a histórica Casa Torre e habilitar un acceso accesible á Muralla mediante un ascensor interior
O PSdeG de Rábade pon en valor o avance da segunda fase das obras na rúa Álvaro Cunqueiro
A Deputación de Lugo financia con 18.783 euros esta nova actuación, que eleva a 32.000 euros o investimento total na vía
O Colexio de Nadela renovará por completo as súas instalacións con 1,4 millóns de investimento
O proxecto transformará os catro edificios do centro, mellorará a eficiencia enerxética e a accesibilidade e prevé estar rematado para o curso 2027/28
A Deputación mellora o estado da estrada LU-P-0403 ao seu paso por Baleira
O PSdeG destaca os traballos de limpeza das cunetas tras trasladar á institución provincial unha demanda da veciñanza
A conselleira Allegue reúnese co alcalde de Castro de Rei para avanzar en colaboracións
Abordaron proxectos de interese para o municipio, especialmente no ámbito do urbanismo e as infraestruturas
Medio Rural destaca en Palas de Rei o investimento do Plan Camiña Rural para mellorar a rede viaria municipal
A conselleira María José Gómez salienta a importancia destas actuacións para o acceso ás explotacións e a prevención de incendios, mentres o Concello cifra en 270.000 euros o investimento recibido desde 2023
O BNG destaca o avance das obras do Carril das Flores e pide axilizar a eliminación do tapón urbanístico
Rubén Arroxo asegura que a transformación mellorará a conexión entre Fontiñas e o centro da cidade e reclama completar a incorporación ao espazo público do inmoble en ruínas situado no inicio da rúa
A Ordenanza da ZBE do Concello de Lugo aprobarase como unha norma "máis útil, equilibrada e con máis garantías"
O Pleno dará luz verde definitiva ao texto, que introduce un ano de adaptación sen sancións, reduce a burocracia e reforza o apoio á veciñanza e á actividade económica
O BNG alerta do risco de incendio en edificios da Tinería sen rehabilitar
Rubén Arroxo reclama unha actuación urxente para retirar a maleza acumulada e critica a paralización da renovación integral do barrio
A Federación Veciñal Lucus Augusti denuncia o mal estado de numerosos pasos de peóns en Lugo
A entidade pide ao Concello que repinte a sinalización horizontal antes de que remate o verán por motivos de seguridade viaria
Habilitarán un paso de peóns semaforizado na Avenida da Coruña para mellorar a seguridade viaria
A actuación, cun investimento de 29.597 euros, dará resposta a unha demanda da veciñanza e permitirá crear un novo punto de cruzamento seguro entre Curros Enríquez e Montefaro
O carril bici de Lugo será modificado tras detectarse 13 puntos con deficiencias de seguridade
Candia asegura que a actuación cumprirá coa normativa europea para evitar a devolución dos fondos e priorizará os tramos con maior risco
Friol executa obras de abastecemento de auga para 19 vivendas nos barrios da Noite e Os Castelos
As obras consisten na instalación das conducións necesarias para conectar as vivendas á rede municipal, reforzando as infraestruturas hidráulicas do municipio
A Ponte de Cruzul recibe a máxima protección patrimonial coa súa declaración como BIC
A subdelegada do Goberno en Lugo visitou Becerreá para poñer en valor o recoñecemento do monumento e coñeceu tamén o novo edificio do Concello e o mural de Diego As
A Federación Lucus Augusti denuncia o deterioro do polígono das Gándaras e reclama unha actuación urxente
A entidade advirte do mal estado do mobiliario urbano, do parque infantil e das zonas verdes e estende as súas críticas ao parque da rúa Ramón Aller Ulloa
O Goberno autoriza unha nova modificación das obras da A-54 e amplía o investimento na futura estación de Lugo
Aprobouse tamén a declaración de urxente ocupación dos terreos, bens e dereitos afectados polo proxecto de ampliación dun sendeiro fluvial na marxe esquerda do río Asma, en Chantada
A Xunta mobiliza 19 millóns en actuacións para mellorar os sistemas de abastecemento
Ángeles Vázquez indicou que no caso do Concello de Friol se destinarán máis de 620.000 euros para dotar deste servizo á parroquia de San Paio de Seixón
Finaliza o proceso de expropiación da vía LU-231 que conectará Palas de Rei coa A-54
Os propietarios das parcelas afectadas xa recibiron as actas de ocupación dun proxecto chamado a mellorar as comunicacións entre Palas de Rei, Friol e a autovía




