Sociedade
Palas de Rei celebrará o 21 de novembro a VIII Andaina contra a Violencia de Xénero ata o Castelo de Pambre
A marcha partirá ás 11:00 horas da Casa do Concello e percorrerá oito quilómetros pasando polas parroquias do Carballal, Curbián, A Ulloa e Sambreixo. A participación é gratuíta, pero require inscrición previa
Lugo reunirá máis de 440 persoas no IV Congreso Galego de Persoas con Cancro e Familiares
O encontro celebrarase este sábado, 14 de novembro, no Auditorio Fuxan os Ventos, cun programa de mesas de diálogo, obradoiros e participación de máis dunha vintena de especialistas
A UNED de Lugo entrevista a Nico Adega para reivindicar a importancia da ciencia na loita contra o cancro infantil
O quinto episodio do videopódcast 'Plan A', presentado por Ana Belén Traseira, aborda a experiencia do deportista lucense tras superar un osteosarcoma aos sete anos e a necesidade de seguir investigando esta enfermidade
Lugo nomeará a Mariano Castiñeira Villaseca Fillo Adoptivo da cidade a título póstumo este venres
A homenaxe celebrarase o 13 de novembro no Auditorio Fuxan os Ventos e contará coa presenza da súa familia e representantes do ámbito deportivo
O Ceao e As Gándaras volverán sentar á súa comunidade empresarial á mesa o 20 de novembro
A iniciativa de AEPOCAG estará aberta tanto a empresas asociadas como non asociadas para fomentar os contactos e a colaboración profesional
Kenny Barron presenta o seu novo disco 'Songbook' no Festival Internacional de Jazz de Lugo
O pianista estadounidense actuará co seu trío o mércores 11 de novembro no Auditorio Fuxan os Ventos, nun concerto que será a última das catro citas da súa xira española
Lóstregos Lvcvs Moto Club organiza o IV Motoxubileo cunha rifa solidaria a favor de Somos Unidos por el Cáncer
A cuarta edición do Motoxubileo busca recadar fondos para a asociación Somos Unidos por el Cáncer e fai un chamamento aos motoclubs, afeccionados ás motos e empresas lucenses para que colaboren con doazóns
Óscar Rodríguez, campión do mundo de oratoria: "Galicia ten máis campionatos do mundo ca o resto de España"
O lucense gañou o Mundial de Oratoria en Español 2026 en Colombia tras quedar subcampión en 2024. A súa traxectoria comezou cunha lesión que o afastou do baloncesto e unha frase dun profesor que o levou ao debate, unha disciplina que hoxe promove entre os mozos a través da asociación Más Debate
A Fundación Breogán de Lugo recibe o 14º Premio Dano Cerebral Galicia - Miguel Blanco
A entidade foi distinguida polo seu compromiso coa igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade a través do deporte
Raiolas Lugo organiza unha charla para familias sobre como afrontar o diagnóstico de autismo
A sesión, impartida pola psicóloga Nerea Llerena González, celebrarase o 14 de novembro dentro do programa Escola de Familias 2026, en colaboración co Concello de Lugo
Monterroso acolle a exposición 'Á violencia de xénero… dille non!' polo 25N
A mostra pode visitarse no Espazo Cultural Lorenzo Varela e reúne once paneis para identificar e rexeitar comportamentos de control, manipulación, abuso e chantaxe emocional
A Deputación adxudica por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá
O contrato repártese en cinco lotes e permitirá dotar o centro, deseñado para 90 prazas residenciais e 40 de atención diúrna, de mobiliario, material médico e outros recursos
Gatos Roxos organiza unha charla sobre saúde dixestiva e unha degustación de castañas
A primeira cita será este venres cunha conferencia da especialista Noelia Rodríguez Ferreiro, mentres que o sábado haberá unha degustación de castañas diante do local social
A Deputación de Lugo acolle este domingo a XXIV Exposición de Cogomelos, marcada pola seca
A mostra da Sociedade Micolóxica Lucus reunirá especies dos distintos hábitats da provincia e incluirá fotografías, contidos audiovisuais e observación con lupa binocular
DivulgaT celebra a súa décima edición para achegar á cidadanía a ciencia que se investiga no campus de Lugo
A iniciativa da Asociación de Investigadores AgroMar estreouse na Casa do Saber con pequenas intervencións divulgativas en galego e conta co apoio da Deputación a través do programa Outono Cultural
Lugo acollerá o II Encontro de Corais Universitarias Senior de Galicia este sábado
O Auditorio da Facultade de Veterinaria reunirá cinco formacións corais procedentes de Lugo, Ferrol, A Coruña e Vigo nunha xornada dedicada á música e á convivencia
A directora do Museo Arqueolóxico Nacional visita a Domus do Mitreo de Lugo
Isabel Izquierdo Peraile coñeceu os restos da domus romana, o templo dedicado ao deus Mitra e un tramo da muralla, así como os traballos de conservación e investigación deste conxunto patrimonial
A CIG concentra en Lugo persoas xubiladas e pensionistas para reclamar prestacións dignas
A mobilización reivindicou a defensa do sistema público de pensións e a mellora das contías, especialmente das mínimas e non contributivas
O BNG convoca os colectivos veciñais para abordar a ordenanza contra a contaminación acústica en Lugo
A formación quere recoller as demandas dos barrios e critica que o goberno de Elena Candia manteña paralizada unha normativa que, segundo lembra, xa estaba elaborada polo anterior executivo
Lugo acolle o IV Congreso Galego de Persoas con Cancro e Familiares o 14 de novembro
O Auditorio Municipal Fuxan os Ventos reunirá pacientes, familiares e profesionais sanitarios nunha xornada con conferencias, obradoiros e mesas de diálogo, que contará co testemuño do campión mundial de paracanoe Nicolás Martínez Adega



