Sociedade
O Foro Feminista de Lugo convoca unha concentración para lembrar as mulleres asasinadas por violencia machista
A acción celebrarase este martes 3 de novembro, ás 20:00 horas, na Árbore da Vida, na Praza de Santo Domingo, cunha lectura dun manifesto e o nomeamento das vítimas de 2026
A CIG convoca unha asemblea aberta en Lugo para mobilizar a sociedade ante a folga xeral do 11 de novembro
O secretario xeral do sindicato, Paulo Carril, participará no encontro este xoves 5 de novembro, ás 20:00 horas, no edificio sindical
As Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro reunirán en Lugo 13 expertos os días 12 e 13 de novembro
A vixésimo terceira edición abordará cuestións como o benestar animal, a fertilidade, a mellora xenética, a eficiencia produtiva e a sustentabilidade das explotacións na Facultade de Veterinaria
Castroverde celebrará o seu magosto popular o 14 de novembro con música e actividades infantís
A festa terá lugar a partir das 20:00 horas na Nave do Mercado Gandeiro e contará con castañas asadas, comida, a actuación de Zuncurrundullo e atraccións inchables
Lugo acolle unha nova edición das Xornadas USC-EASD Ramón Falcón arredor da arte, o deseño e a xestión cultural
A cita, que se celebrará o 4 de novembro na Facultade de Humanidades da USC e na EASD Ramón Falcón, reunirá profesionais e especialistas para compartir experiencias e reflexionar sobre os procesos creativos, a inclusión e a cultura
Óscar Rodríguez de Vivero, campión do mundo de oratoria en español, foi recibido no Concello de Lugo
O lucense, gañador do certame celebrado en Colombia con participantes de 22 países, foi recibido pola alcaldesa, Elena Candia, que destacou o seu compromiso coa formación da mocidade
A Librería Trama acolle a presentación do proxecto editorial 'O bidueiro'
O encontro celebrarase o xoves 5 de novembro ás 19.00 horas coa participación de Eduardo Estévez, Sara Plaza e Baldo Ramos
O Conservatorio de Danza de Lugo celebrará unha xornada de orientación académica para o seu alumnado
O encontro terá lugar o 4 de novembro e contará con representantes do Institut del Teatre de Barcelona e antigos alumnos que desenvolven a súa carreira en España e no estranxeiro
O BNG reúne ducias de persoas no Paseo do Rato para defender o cinto verde de Lugo
A formación reclama frear o proxecto da Rolda Leste e propón destinar os dous millóns previstos pola Xunta ao Gran Parque Central na actual estación de autobuses
Morcegos de Galicia revisará as caixas refuxio das Insuas do Miño polo Día das Reservas da Biosfera
A actividade está aberta a todos os públicos e terá como punto de encontro a Casa das Insuas, en Rábade
Becerreá acollerá unha conferencia sobre a arquitectura prerrománica da ábsida de San Remixio de Liber
Ignacio Caharcos Fernández, historiador e profesor do IES de Becerreá, abordará este exemplo patrimonial galego o venres 6 de novembro na Casa da Cultura
Laura Romero pon o broche ao programa ilustrarNÓS na Escola Ramón Falcón
A ilustradora e presidenta da AGPI compartiu co alumnado a súa experiencia profesional nunha charla que pechou unha iniciativa da Deputación para achegar esta disciplina artística á rapazada
Cinco novas unidades ampliarán a atención temperá en Galicia
As axudas permitirán renovar o financiamento dos recursos existentes e crear cinco novas unidades, que ampliarán a cobertura territorial do servizo
As V Xornadas de Poesía por un tubo acollerán dous obradoiros de poesía e fotografía
Andrea Fernández Maneiro e Patricia Torrado Queiruga protagonizarán o encontro este sábado 31 de outubro no espazo Arte e Parte, impulsado por Luz Darriba
O Sindicato Labrego Galego analiza novas vías para a transformación e venda directa de carne
O Cádavo acolle unha xornada gratuíta para coñecer experiencias de ganderías da provincia e iniciativas colectivas como o centro Belardi, en Bizkaia
Cruz Vermella achega ao HULA as dificultades que afrontan as persoas tras sufrir un ictus
O persoal do Centro de Parálise Cerebral e Dano Cerebral de Castro Ribeiras de Lea empregou un traxe simulador para concienciar sobre as secuelas deste accidente cerebrovascular
CCOO de Lugo reúne a unha ampla participación nunha asemblea para preparar a folga do 11 de novembro
A Unión Comarcal celebrou un encontro no edificio sindical con delegados, delegadas e afiliación, no que se abordaron propostas e se fixo un chamamento á mobilización
O BNG organiza unha ruta polo Paseo do Rato para defender o cinto verde de Lugo
A actividade terá lugar este sábado, 31 de outubro, cun percorrido de 2,6 quilómetros entre a zona da Tolda e a ponte da Fervenza para reivindicar a protección deste espazo natural fronte á Rolda Leste
A Asociación Milagrosa Convive suspende as actividades do Samaín polo accidente ferroviario
A entidade cancela a programación prevista para este venres, 30 de outubro, en sinal de respecto ás vítimas, ás súas familias e a todas as persoas afectadas pola traxedia
Lugo Monumental mantén o 'Truco ou Trato' deste venres con arredor de 70 establecementos
A asociación decidiu seguir adiante coa actividade infantil, prevista para o 30 de outubro a partir das 17:00 horas, pese á traxedia ferroviaria, para non privar os máis pequenos dunha celebración que agardan con ilusión




