Sociedade
Lugo Debate reunirá máis de 200 mozos de toda Galicia na súa terceira edición en abril de 2027
O encontro celebrarase do 1 ao 3 de abril na Escola Universitaria de Relacións Laborais e Recursos Humanos da USC e combinará competicións de oratoria, conferencias, concertos e actividades culturais
O Club de Billar Adai celebrou a súa primeira xornada inclusiva de portas abertas no Corgo
A iniciativa reuniu a veciñanza e membros de Auxilia e Down Lugo para achegar este deporte a todos os públicos e visibilizar a importancia da accesibilidade universal
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo presenta en Intur a diversidade turística dos seus 67 concellos
A institución provincial participou por primeira vez con espazo propio neste encontro internacional, no que deu a coñecer os cinco xeodestinos lucenses e propostas vinculadas á natureza, o patrimonio, a gastronomía e o mundo rural
ALUCEM organiza un obradoiro de fotografía co móbil no Vello Cárcere de Lugo
A actividade, impartida por Jordi Baldoví, celebrarase o martes 17 de novembro ás 18:00 horas e ensinará técnicas de composición, configuración do teléfono e edición de imaxes
Olalla Rodil reivindica en Lugo os dereitos das persoas migrantes fronte ao racismo
A cabeza de lista por Lugo mantivo un encontro con persoas migrantes e avanzou propostas en materia de vivenda, emprego, sanidade e educación
Lugo reúne no IV Congreso Galego de Persoas con Cancro a especialistas, pacientes e familiares
O auditorio Fuxan os Ventos acolle unha xornada con expertos en investigación, saúde, ámbito laboral e acompañamento, organizada polas catro sedes galegas da AECC
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo programa humor, teatro e reflexión para conmemorar o 25N
Lugo recoñece a Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo a título póstumo
O Concello celebrou unha homenaxe no Auditorio Fuxan os Ventos para lembrar o legado do médico e adestrador que dedicou case catro décadas á formación de atletas
A Sociedade Micolóxica Lucus organiza unha conferencia sobre o mundo dos fungos microscópicos
O investigador cubano Julio Mena Portales impartirá o relatorio o vindeiro luns 16 de novembro, dentro do ciclo "Micoloxía e Natureza" e da programación do 25 aniversario da asociación
O Concello de Outeiro de Rei homenaxea a Esperanza Trigo Díaz polos seus 45 anos de servizo
Como mostra de recoñecemento, fíxoselle entrega dunha placa conmemorativa e dun reloxo
Lugo aborda a atención urxente ás vítimas de violencia machista e aos menores expostos
A subdelegada do Goberno, Olimpia López, inaugurou un encontro profesional centrado na atención ás vítimas, a avaliación dos riscos e a coordinación dos equipos de emerxencia
O Concello de Rábade convoca un novo Concurso de Postais Navideñas
Os debuxos gañadores serán elixidos como a Postal de Nadal do Concello para felicitar a todos os veciños e veciñas
A UNED de Lugo ofrece ferramentas para mellorar a comunicación coas persoas con alzhéimer e outras demencias
O curso en liña celebrarase do 18 ao 24 de novembro e ensinará a interpretar xestos, miradas e comportamentos para facilitar os coidados e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas
Fonte dos Ranchos celebra este venres un magosto veciñal aberto a toda a cidadanía
A Federación de Asociacións Veciñais de Lugo Lucus Augusti organiza a xornada a partir das 18:00 horas xunto ao parque infantil do parque de Fonte dos Ranchos, cunha proposta gratuíta para compartir gastronomía e tradicións do outono
O XXXIX Congreso de ENCIGA reúne en Lugo a máis de 160 docentes para compartir experiencias sobre educación científica
O encontro, inaugurado no IES Lucus Augusti, desenvolverase ata o sábado cun programa de conferencias, comunicacións e obradoiros
O CB Breogán dará visibilidade ao labor de FADAS no partido deste sábado no Pazo
O encontro ante o San Pablo Burgos, ás 18:00 horas, servirá para achegar á afección o traballo da Federación de Asociacións de Ámbito Social, que agrupa trece entidades lucenses
O BNG alerta de que o Concello aínda non convocou os certames Enredando co Galego e Ánxel Fole
A formación preguntará na comisión de Cultura polo destino dos 20.000 euros previstos no orzamento municipal para estas dúas iniciativas, consolidadas no calendario cultural da cidade
Máis de 2.000 persoas participaron en Lugo na manifestación convocada pola Plataforma Lugo pola Vivenda Digna
O novo colectivo presentouse publicamente coa mobilización e anuncia unha nova asemblea o xoves 19 de novembro no Centro Social Madia Leva
A Deputación prepara coas corais lucenses unha nova edición do programa musical de Nadal
A deputada de Cultura, Iria Castro, mantivo un encontro con representantes das agrupacións para avanzar na organización dunha iniciativa que volverá levar a música ás rúas e aos espazos públicos da cidade durante as festas
Lugo reúne 80 especialistas nas 42 Xornadas Galegas de Medicina Física e Rehabilitación
O Pazo de San Marcos acolle desde esta tarde un encontro de dous días no que se abordarán os avances no tratamento da dor crónica, as lesións nerviosas e os problemas de mobilidade, entre outras cuestións
ALCER Lugo celebra o seu 45 aniversario cunha programación de actividades solidarias e unha gala no Auditorio Fuxan os Ventos
A asociación organizará entre o 19 e o 22 de novembro un paseo solidario, un partido de fútbol, unha representación teatral e un acto conmemorativo para recoñecer os 45 anos de apoio ás persoas con enfermidade renal e ás súas familias




